Pero fagamos un pouco de historia: McCain xa desatou as iras da comunidade científica cando, no segundo debate presidencial, acusou a Obama de gastar 3 millóns de doláres nun proxector de vídeo para un planetario en Chicago. Resultou que o planetario era o Adler, que nunca recibiron o diñeiro e que os tres millóns era só parte do presuposto que precisan para mercar un novo proxector de estrelas en sustitución do Zeiss Mark VI con 40 anos de antigüidade. A maior parte dos visitantes do Adler son nenos e ter a posibilidade de empregar un proxector híbrido con capacidades de proxección dixitais e ópticas permitiría impresionar aínda máis aos xoves e, se cadra, interesar a algún deles pola ciencia. Ademais, cada vez é máis complicado atoparlle repostos ao venerable Mark VI.

Unha vez aclarado o tema, vaia que McCain dixera unha medio mentira pero iso é o que fan os políticos, chegou o terceiro e último debate presidencial. McCain acusou a Obama exactamente do mesmo, coa única diferenza de que agora Chicago era unha pequena vila...
Pero non é de McCain nin de proxectores do que vai este post, vai do estúpida que é a candidata a vicepresidenta. Por se non o sabedes a criatura recentemente tivo a ben traer outro neno ao mundo, o cal ten síndrome de Down (algo común nunha nai de máis de corenta). Iso fai, por suposto, que ela sexa automáticamente unha experta en necesidades especiais e seica en investigación.
Recentemente tivo a ben soltar esta perla:
Para os que non estades postos no idioma morón, traduzo (non sen certa dificultade):
De calquera xeito, onde rematan os nosos fondos (públicos)? (...) Vós tedes escoitado algo sobre eses proxectos que non fan ningún senso e algunhas veces eses doláres van a proxectos que ofrecen pouco ou ningún beneficio público. Cousas como investigacións en moscas da froita en Paris, Francia. Non estou bromeando!

A aclaración "París, Francia" di moito tanto da que fala como da audiencia. Hai cidades que son máis coñecidas có páis no que se atopan, e creo que París é unha delas. Pero cómpre non distraerse, as moscas da froita non son ningunha tontería. Sen elas, por exemplo, ningún dos tratamentos farmacolóxicos destinados a destruir tumores existiría. Ademais de que as moscas da froita comparten connosco tanto xens como moitos dos mecanismos clave de regulación da expresión xénica; iso permite facer avances nese eido sen ter que andar a empregar humanos para ese menester.
Supoño que Saraha Palin considera que os biólogos moleculares perden o tempo e malgastan cartos traballando con modelos animais non humanos, desgraciadamente, a comunidade científica non está disposta a someter nais a mutacións para observar os efectos destas nos seus fillos, normalmente contádoos en rodaxas... Pero se atopa por aí alguén disposto a matar bebés humanos, ese é o seu tipo de científico.
Claro que se cadra o que deberamos facer deixar de gastar cartos en calquera tipo de investigación, e poñernos a rezar para que o seu deus o arranxe todo.
Sinxelamente estou abraiado de como unha persoa pode ser tan ignorante, cega e pretenciosa... Sobretodo tendo en conta que falamos de alguén que cree nas meigas, na convivencia entre humanos e dinosauros ou en que a Terra foi creada onte.
por
Para comezar, o bonobo pode considererse máis proporcionado nas súas formas, camiña ergueito un 25% do tempo e presenta características faciais moi individualizadas, o cal facilita o recoñecemento facial. Estes rasgos, entre outros, fan que moitos os consideremos os máis achegados aos seres humanos de entre os primates. Desgraciadamente tan só se atopan nos bosques da República do Congo o que os fai moi sensíbeis á destrucción do seu entorno.
Un dos motivos polos que os bonobos son interesantes é pola súa dinámica social. A dos chimapancés é unha sociedade bastante violenta, tanto dentro como fóra do grupo, e atópase dominada polos machos. Pola contra, a dos Bonobos é unha sociedade controlada polas femias. Isto supón diferenzas moi interesante entre estas dúas especies, así, a súa reacción perante dun macho alleo é moi dispar.
No caso dos chimpancés, o normal é que se produza un enfentamento violento que soe rematar na morte do invasor. Pero os bonobos presentan unha conduta ben distinta. Cando un grupo de machos ou de femias repara na presenza dun macho estrano, o normal é que prefiran comezar un acto sexual no lugar dun enfrontamento... Nunha aplicación literal do lema fai o amor e non a guerra.
De feito o sexo representa un aspecto moi importante da súa sociedade. De Wall, un dos primatólogos que traballa con estes animais, definiu a súa conduta como sexo a cambio de paz. E esa é unha das claves importante para comprender a súa sociedade, non é que non exista conflito, é que estes animais cando aparece algún problema, prefiren unha solución pacífica a unha violenta.
Ademais, nun artigo que encantaría a aqueles que din que homosexualidade é antinatural, Manson, Perry e Parsih (1997) describen actividades sexuais non destinadas á reproducción entre estes primates. Cómpre salientar que os bonobos practican sexo xenital cara a cara (femia a femia, macho a femia e macho a macho), bicos con lingua e sexo oral.
Pero para os primatólogos, o exemplo dos bonobos é interesante non pola súa aparente promiscuidade senón por ofrecer a posibilidade de estudar unha sociedade rexida polas femias. O cal contrasta, entre outras, coa propia sociedade humana. De feito, desde un punto de vista antropolóxico, un podería chegar a suxerir que os bonobos son a proba de que unha sociedade rexida por mulleres sería máis pacífica.
Certamente, os bonobos son en xeral máis pacíficos cá outros primates, en especial os chimacés comúns. Unha das condutas violentas que diferencia ambos grupos é a caza de monos, frecuente entre os chimpancés e en teoría ausente entre os bonobos.
Mais, 