Saturday, October 31, 2009

Hai que ter coidado co que se pranta

Por se alguén aínda non se deu conta, os USA son un país bastante conservador e a relixión pode aparecer onde un menos o espera. Ver xente lendo a Biblia no tren non é raro, así como tampouco o é que repartan libros sagrados no campus, pero hai veces que a relixión precisa facerse notar.

Nestes tempos que corren, nos cristiás EUA e noutros lugares do mundo, o cristianismo libra unha loita feroz contra a razón e a ciencia (coma sempre). Os máis radicais, con todo, non soen ser os católicos, os cales aquí, cousas dos puntos de vista, son considerados case liberais. Con todo, cómpre lembrar que o catolicismo romano é unha das forzas conservadoras máis poderosas do planeta e que a súa presenza é ubicua.

E se hai algo que distingue aos católicos doutras sectas cristiás é a súa obsesión mariana, supoño que relacionada con adaptacións de deidades pagás e tamén co disfuncionalidades do celibato. De feito, durante a miña (non precisamente breve) estancia nun colexio de curas, sempre me resultou preocupante esa tendencia a darlle a María case ou máis importancia que a Xesús. Recoñezo que ter fillos sendo virxe ten mérito, que non encanto, pero polo menos a Xesús o torturaran, iso ten que contar algo. Por outra banda, para calquera que teña entrado nun templo católico, case mellor así. Porque os Cristos moribundos poden asustar aos nenos e non tan nenos.

Tamén hai que ter en conta que este é un país moi grande e o catolicismo ten que competir con outras sectas cristiás e incluso co poder doutras relixións monoteístas. Por iso, non é moi útil facer grandes catedrais e esperar a que a xente veña a ti. Mellor ir ti á xente, especialmente se son aburridos universitarios!

Un día, paseando polo campus onde teñen aos estudantes máis xoves, puiden ver no horizonte algo que non podía ser o que semellaba ser. Era como un Godzilla cromado con coroa de flores, vaia, unha cousa tal que esta:



Era iso realmente o que parecía? Estaba a soñar que había unha Virxe montada nun semireboque no medio campus? Guiado pola miña actitude científico-wtf fun mirar-tirar unha foto.

E si, efectivamente, alguén chantara unha virxe enorme, con velas aos pés e todo, para delirio, goce e devoción dos ghipiosos estudantes.



En definitiva, nos EUA, todo se fai ao grande... e as virxes viaxan en camión.

Tuesday, September 29, 2009

Artistas e galenos

Aínda que, como todas as profisións, cada vez ten máis de técnica e menos de arte, o certo é que entre os médicos sempre existiu un grupo con certa... vea artística.

Castelao sería un exemplo, aínda que non exerceu demasiado, ou Luis Martín Santos, pero por haber hai moitos. O caso é que, como lles toca lidar coa materia humana cando esta se atopa doente, iso lles afecta no seu exercizo plástico.

A unha desas mentes médico-artísticas deulle pola reciclaxe de ferramentas de ciruxía, concretamente para a construcción de esculturas. Por algún motivo que non chego a comprender, a súa morte a familia decidiu doar esta obra á biblioteca de ciencias da saúde. Así que na terceira pranta, xusto ao saír do ascensor, podemos atopar esta sopresa.





Tentarei conseguir unha foto máis decente esta semana.

Monday, September 7, 2009

Conspiranoia

Prestar atención á politica Usamericana presenta varias complexidades, a limitación do espectro político é unha delas, pero desde logo, ofrece grandes intres de diversión.

En palabras de Bill Maher: "os demócratas movéronse á dereita e os republicanos movéronse a un manicomio". E a verdade é que razón non lle falta. Para moitos votantes e, o que é máis grave, cargos republicanos, Obama é un comunista-musulmán-nazi-nacido en Kenya e pertencente a un grupo cristiano racista pro-negro. Moitos deses calificativos poden atoparse dentro do mesmo discurso.

A cantidade de teorías que se lles escoitan a medios e políticos de extrema dereita supera os limítes da ficción, e a última é que Obama quere indiducir os nenos ao comunismo.



Resulta que mañá é o comezo do curso nas etapas non universitarias e o presidente decidiu ir a uns instituto en Virxinia e dar un discurso sobre a importancia da educación que será retransmitido a todas as escolas. Desde que se soubo o seu plan todo tipo de elementos do partido republicano deixaron voar a súa imaxinación. Deixo só unha pequena mostra de mans de Jim Greer, presidente do partido republicano en Florida:

"Como pai de catro nenos, estou absolutamente horrorizado polo emprego de impostos en difundir a ideoloxía socialista do Presidente Obama. A idea de que nenos en idade escolar de todo o país vaian a ser forzados a ver ao Presidente xustificar os seus planos para o control gubernamental da sanidade, os bancos e as empresas de automoción; para incrementar os impostos en aqueles que xeran emprego, e xerar maior débeda que ningún outro Presidente; non só resulta exasperante, senón que vai en contra das crenzas da maioría dos Americanos, ademais de eludir aos pais Americanos mediante un abuso de poder invasivo".

Como podedes imaxinar, esta polémica levou a moitas escolas a decidir non retransmitir o discurso do presidente, ou a deixar a decisión en mans dos país. O discurso, que se lerá mañá, xa está dispoñíbel na rede e, a verdade, pouco ten de argumentación socialista diante dos nenos. Para aqueles con paciencia, atópase aquí: http://www.whitehouse.gov/MediaResources/PreparedSchoolRemarks/

Para aqueles sen ela, Obama di que é importante ter obxectivos na vida, que un ten que esforzarse para que as cousas vaian ben, que os EUA son como son grazas aos que viñeron detrás e serán como sexan no futuro grazas a eles, así que a currar polo país, deus vos bendiga e deus bendiga América...

O certo é que os debates artificiais e o emprego das palabras socialismo e comunismo para automaticamente descalificar ao adversario, levan formando parte da vida política deste país unhas décadas. Así, en 1959, grupos de patriotas Dixiecrats reuníanse a protestar pola mistura de negros e brancos nas escolas.



Nótese a cordura na imaxe do neno abaixo á dereita levándose as mans á cabeza diante de tanta tolemia.

Thursday, August 27, 2009

Historia de dúas canetas

Ou bolígrafos, que dirían na RAG.

Un pode deducir moito do tipo de obxectos que se atopan de balde en oficinas, empresas e institucións. Básicamente a súa cutrez ou, ao contrario, as súas pretensións, serven como mostra das posibilidades do lugar onde un os pode atopar.

Entre os obxectos de agasallo máis habitual están os bolígrafos, normalmente estampados coas iconas da institución ou empresa correspondente.

Casualmente reuníronse na miña casa dous destes exemplares, un da escola de medicina da Universidade de Northwestern e outro da escola de medicina de Universidade de Illinois.

A primeira caneta é pesada e sólida, feita dalgún tipo de material como o aceiro inoxidábel con tampa e deseños circulares. Realmente trátase dun deseño elegante. A segunda está feita de plástico, existe en diferentes cores, e semella algún tipo de aparello de exploración para buratos corporais. Obviamente foi mercado en cantidades enormes a prezo reducido.

Ambas cumplen a súa función de publicidade e representación.

Pero á da Universidade de Illinois ten sorpresa!

Friday, June 19, 2009

Hai tres anos...

andaba eu a voltas con estas historias, da quela tiñan outro aspecto pero na miña cabeza agora aseméllanse a isto:



E se queredes facer nubes de palabras probade: http://www.wordle.net/

Wednesday, May 27, 2009

Pois iso!

Friday, May 1, 2009

1 de Maio













http://stolpkin.net/spip.php?article60
http://en.wikipedia.org/wiki/Chicago_Anarchist_Martyrs
http://en.wikipedia.org/wiki/International_Workers%27_Day