Un dos seres que máis vai botar de menos aos seres humanos cando desaparezamos da Terra van ser as ratas (menos as de laboratorio).
É ben sabido que existe unha relación directamente proporcional entre a cantidade de seres humanos e a cantidade de ratas vivindo no mesmo territorio.
Tendo en conta que eses interesantes e intelixentes animais non son moi aprezados e considéranse foco de enfermidades, non debe sorprender que a cidade de Chicago (onde hai unha chea de seres humanos) o tema das ratas leve a avisos nas rúas de distintas clases.
Este que amoso resulta interesante porque engade a unha cuestión tal elegante como a coprofaxia un autocolante de James Bond gorila que lle dá un toque surreal:
Para pouco máis daría o tema dos cartaces se non fose pola interesante historia da Guerra Fría, a paranoia nuclear que trouxo con ela e os restos que a política de escalada armamentística deixou na paisaxe.
Ao principio non lle prestei atención porque o símbolo de radioactividade é bastante contián. Pero un día cheguei a pregutarme que facía nun edificio que só alberga oficinas e burócratas. De lonxe luce algo como así:
Pero se un se achega algo máis e atende aos detalles podes descubrir que en realidade non se trata dun cartel destinado a informar da presenza de radiación. En realidade do que informa é de que nese edificio hai un refuxio anti bombas... nucleares.
A cousa pode parecer un pouco esaxerada agora que o perigo xa non son os soviéticos, pero por se acaso eu tomo nota que correndo me leva como tres minutos chegar alí. E por se acaso vou probando proteccións para os ollos que seica o estoupido é moi brillante.