Tuesday, April 28, 2009

Inciso sobre Facebook

Visto no meu news feed:

XXXX just took the "¿Qué paquete de la liga española eres?" quiz and the result is Robert Prosinecki.

Jugador con una clase descomunal, tanta que todavía no la hemos asimilado por completo. También conocido como 'Cristal de Bohemia', se lesionó alguna que otra vez. Su frase "vámonos de fiesta" todavía causa estragos. Es más conocido en los ambientes nocturnos aún más que Ronaldinho. Triunfó en España en todos los clubes por los que pasó, Real Madrid, Oviedo, Barcelona y Sevilla, tras jugar tres o cuatro partidos. Un fuera de serie que perdurará en los anales de la historia y en todas las discotecas del país.

Vs

XXXX just took the "a que clan vampirico deberias pertencer" quiz and the result is Toreador.

artistas sobresalientes, saben el placer del buen vivir hedonistas y narcisistas, Hermosos seria el mejor sinonimo posible. Ya han dejado las batallas a un lado para entregase al arte " no te facina como la luz de la luna de unos tonos rojisos y negros cuando reflejan en tu sangre... hay que torpe soy verdad que los muertos no pueden hablar.."




Algo está moi mal cando un test sobre Vampiro semella redactado por un retrasado e un sobre fútbol por alguén que de feito superou a ensinanza obrigatoria…

Friday, April 24, 2009

Como nos metemos neste lío?

Unha palabra enche os medios de comunicación: tortura. E non en Corea do Norte, non, nos EUA, onde vive o líder do mundo libre.



As novas de afogamentos simulados e outras prácticas para interrogatorios avanzados, levan aparecendo xa anos. O que pasou esta vez é que o presidente Obama fixo públicos informes nos que se acredita o uso destas prácticas e que poden levar a perseguir aos responsábeis.

Pero indo por partes, como comezou esta historia? Como os EUA, o país onde non se tortura segundo o presidente Bush, rematou torturando?

Aparentemente todo viu da captura de Abu Zubaydah, que levou a descubrir que Khalid Shaikh Mohammedera era cerebro detrás dos atentados das Torres Xemelgas en NY e a detención de altos membros da súa organización. Aparentemente en Maio do 2002, a equipa formada polo FBI e a CIA obtivera toda a información posíbel desta persoa. Pero alguén no goberno dos EUA precisaba máis datos, e aparentemente alguén vencellado coa CIA decidiu que a tortura era o único xeito.

Afortunadamente, tortura é legal neste país, sempre que se lle aplique a soldados norteamericanos. Explícome, existe un programa de entrenamento para certas unidades do exército onde se somete a tortura aos participantes. O propósito deste proceso e preparar aos soldados para o que lles pode acontecer se son capturados. Este programa inclúe o afogamento simulado porque era unha técnica empregada polos xaponeses durante a II Guerra Mundial. Ademais do odio cara o inimigo que implica toda guerra, os xaponeses empregaban a tortura porque sospeitaban que os EUA preparaban un ataque con armas de destrucción masiva sobre o seu territorio. Por sorte, a historia demostrou que todo eran paranoias dos orientais. Ademais, os yankis deixaron claro que estas torturas eran inaceptábeis perseguindo xudicialmente aos xaponeses implicados nestas prácticas e condeándoos a morte ou a longas penas de cadea.

Pero continuemos, se este programa de entrenamento permitía torturar soldados propios, non debera ser moi complexo poder usar as mesmas ténicas con inimigos do país, e así foi. A CIA, que non o FBI ou o exército, comezaron a empregar estas técnicas sobre os membros de al-Qa'ida no seu poder. Agardaban deste xeito obter a confesión que desde o goberno pedían.

Neste punto da narración compre aclarar unha cuestión importante, e é o propósito da tortura. O coñecemento xeral semella sinalar que se tortura para conseguir información que doutro xeito sería imposíbel obter. En realidade a tortura emprégase para conseguir do interrogado a confesión que un quere escoitar. Pouca información útil pode obterse porque os torturados tenden a "confabular". A confabulación e un síntoma neurolóxico ou psiquiátrico no cal se forman falsas memorias, percepcións ou crenzas sobre un mesmo ou o medio como resultado de disfuncións cerebrais.

En esencia, se unha persoa é sometida a 183 afogamentos simulados nun mes, o seu cerebro vai entrar nunha especie de modo de supervivencia no cal o torturado dirá o que faga falla para deter o proceso, e estará convencido de que o que está a dicir é verdade. Polo tanto da tortura pódese conseguir unha confesión, pero non hai xeito de saber se os datos son certos ou non.

E cal era a confesión que precisaba o goberno dos EUA? Pois a conexión entre Saddam Hussein e al-Qa'ida, algo que os servizos de intelixencia do mundo occidental consideran tan probábel como atopar un elefante sodomizando unha formiga.

Agora mesmo o presidente Obama ten un problema diante moi complexo, a engadir a súa longa lista de problemas, o luns dixo que non se perseguiría aos responsábeis, pero o martes abriu a porta a que así fose. Pero unha investigación sobre o tema pode afectar ás cúpulas da intelixencia do país, a poderosos republicanos e incluso a demócratas.

Este país persegiu a un presidente por unha felación xa que un Gran País non pode aceptar esa conducta no xefe de estado. Veremos se o mesmo principio se aplica agora.

Desexas saber máis?

- Rice e Cheney autorizaron os afogamentos simulados

- Artigo do axente do FBI que interrogou a Abu Zubaydah

- Opinión de Paul Krugman sobre a tortura e o que debe facer o goberno

- Reportaxe sobre a búsqueda do vencello entre Iraq e al-Qa'ida

- Newsweek conta como foi o trasego do FBI á CIA

Wednesday, April 15, 2009

Conquistando o mundo

Non eu, outros.

Eu polo dagora confórmome con moito menos. Pero hai que din por aí que o CEO de Apple, máis coñecido como o Jobso, pode andar tentando algo.

Neste documento segredo de Gizmodo, podemos velo no seu traxe de faena, moi distinto do clásico xersei preto.



Con todo, desde o meu humilde punto de vista, non sería malo que antes de dar un paso tan grande como a dominación mundial, lle botase unha ollada a Itunes.

Si, ese esterco do software ao que están vencellados os Ipod. Non só é lento, reorganiza pastas como lle dá a gana e tende a duplicar cancións.

Iso, con todo, é só parte do plano para a dominación do Jobso, ao fin Itunes é unha tenda e compórtase como tal.

O que me levou a escribir isto é a súa particular clasificación dun grupo bastante raro, que ninguén debe coñecer.



Seica os Who fan Blues...

Debe ser o campo de distorsión da realidade.