Friday, April 24, 2009

Como nos metemos neste lío?

Unha palabra enche os medios de comunicación: tortura. E non en Corea do Norte, non, nos EUA, onde vive o líder do mundo libre.



As novas de afogamentos simulados e outras prácticas para interrogatorios avanzados, levan aparecendo xa anos. O que pasou esta vez é que o presidente Obama fixo públicos informes nos que se acredita o uso destas prácticas e que poden levar a perseguir aos responsábeis.

Pero indo por partes, como comezou esta historia? Como os EUA, o país onde non se tortura segundo o presidente Bush, rematou torturando?

Aparentemente todo viu da captura de Abu Zubaydah, que levou a descubrir que Khalid Shaikh Mohammedera era cerebro detrás dos atentados das Torres Xemelgas en NY e a detención de altos membros da súa organización. Aparentemente en Maio do 2002, a equipa formada polo FBI e a CIA obtivera toda a información posíbel desta persoa. Pero alguén no goberno dos EUA precisaba máis datos, e aparentemente alguén vencellado coa CIA decidiu que a tortura era o único xeito.

Afortunadamente, tortura é legal neste país, sempre que se lle aplique a soldados norteamericanos. Explícome, existe un programa de entrenamento para certas unidades do exército onde se somete a tortura aos participantes. O propósito deste proceso e preparar aos soldados para o que lles pode acontecer se son capturados. Este programa inclúe o afogamento simulado porque era unha técnica empregada polos xaponeses durante a II Guerra Mundial. Ademais do odio cara o inimigo que implica toda guerra, os xaponeses empregaban a tortura porque sospeitaban que os EUA preparaban un ataque con armas de destrucción masiva sobre o seu territorio. Por sorte, a historia demostrou que todo eran paranoias dos orientais. Ademais, os yankis deixaron claro que estas torturas eran inaceptábeis perseguindo xudicialmente aos xaponeses implicados nestas prácticas e condeándoos a morte ou a longas penas de cadea.

Pero continuemos, se este programa de entrenamento permitía torturar soldados propios, non debera ser moi complexo poder usar as mesmas ténicas con inimigos do país, e así foi. A CIA, que non o FBI ou o exército, comezaron a empregar estas técnicas sobre os membros de al-Qa'ida no seu poder. Agardaban deste xeito obter a confesión que desde o goberno pedían.

Neste punto da narración compre aclarar unha cuestión importante, e é o propósito da tortura. O coñecemento xeral semella sinalar que se tortura para conseguir información que doutro xeito sería imposíbel obter. En realidade a tortura emprégase para conseguir do interrogado a confesión que un quere escoitar. Pouca información útil pode obterse porque os torturados tenden a "confabular". A confabulación e un síntoma neurolóxico ou psiquiátrico no cal se forman falsas memorias, percepcións ou crenzas sobre un mesmo ou o medio como resultado de disfuncións cerebrais.

En esencia, se unha persoa é sometida a 183 afogamentos simulados nun mes, o seu cerebro vai entrar nunha especie de modo de supervivencia no cal o torturado dirá o que faga falla para deter o proceso, e estará convencido de que o que está a dicir é verdade. Polo tanto da tortura pódese conseguir unha confesión, pero non hai xeito de saber se os datos son certos ou non.

E cal era a confesión que precisaba o goberno dos EUA? Pois a conexión entre Saddam Hussein e al-Qa'ida, algo que os servizos de intelixencia do mundo occidental consideran tan probábel como atopar un elefante sodomizando unha formiga.

Agora mesmo o presidente Obama ten un problema diante moi complexo, a engadir a súa longa lista de problemas, o luns dixo que non se perseguiría aos responsábeis, pero o martes abriu a porta a que así fose. Pero unha investigación sobre o tema pode afectar ás cúpulas da intelixencia do país, a poderosos republicanos e incluso a demócratas.

Este país persegiu a un presidente por unha felación xa que un Gran País non pode aceptar esa conducta no xefe de estado. Veremos se o mesmo principio se aplica agora.

Desexas saber máis?

- Rice e Cheney autorizaron os afogamentos simulados

- Artigo do axente do FBI que interrogou a Abu Zubaydah

- Opinión de Paul Krugman sobre a tortura e o que debe facer o goberno

- Reportaxe sobre a búsqueda do vencello entre Iraq e al-Qa'ida

- Newsweek conta como foi o trasego do FBI á CIA

1 comment:

Anonymous said...

Hoxe son dous anos sen ti. Seguro que xa os sabías pero:

En la sociedad de los bonobos (el también llamado "chimpancé pigmeo") las relaciones sexuales juegan un papel preponderante, ya que se utilizan incluso como forma de saludo y como forma de pago mediante favores de las hembras a cambio de comida; y representan un medio para la resolución de conflictos o una vía de reconciliación tras los mismos. Los bonobos son los únicos primates (aparte de los humanos) que han sido observados realizando todas las actividades sexuales siguientes: sexo genital cara a cara (principalmente hembra con hembra, seguido en frecuencia por el coito hembra-macho y las frotaciones macho-macho), besos con lengua y sexo oral.

Bill sí que sabía como arranxar as cousas.