Saturday, June 28, 2008

Wall-E (actualizado)


Non é só a mellor película de ciencia ficción dos últimos anos, con referencias ben levadas a 2001, un mundo feliz ou a mellor tradición de Philip K. Dick, ademais é mais recomendábel que calquera outra cousa no cinema este verán.

Así que correde a vela en pantalla grande antes de que se esgote!!!

E por se non fose abondo con todo o dito, a dereita en estados unidos odia a película: http://thinkprogress.org/2008/07/01/right-wing-hates-wall-e/

Non hai spoilers, ou non moitos no link, pero é ben certo que Wall e ataca elementos moi familiares para os americanos.

O dito, cando se estree por aí, ide a vela.

Thursday, June 26, 2008

As cousas claras

Hai un feito moi interesante do que poucos saben e é que o mellor xeito de formar ateos é darlles educación relixiosa.

Déixovos uns cantos vídeos, en inglés para que vaiades practicando, ao respecto. O tema vai de cristianismo por aquilo de que meterse co Islam é case tan perigoso como meterse co bobón.





E para rematar un pouco de kultura americana da boa, un monólogo de George Carlin. Un monologuista que, ademais de facer interesantes análises da sociedade yanki, foi o primeiro en dicir ¨fuck¨ na TV. Faleceu hai catro días, sirva de homenaxe, pois.

Friday, June 20, 2008

Cousas que non precisades

Como sabedes, no berce do capitalismo venden moita trapallada que a xente merca sen saber moi ben por que ou para que.

Algúns saen algo máis listos e hai que convencelos para que gasten os cartos. Normalmente para chegar aos elementos reticentes, o márketing dicta referirse a necesidades básicas como a reproduccón, alimentación, refuxo... Pero neste país hai algo que sempre vende: o patriotismo.

Polo tanto, se alguén precisa amosar o seu amor patrio e, ao mesmo tempo, apoiar a eses soldados que tratan de levar a democracia ás colonias pola forza, só ten que mercar un lazo inchábel.



Ademais nin tan sequera hai que tomar o esforzo de meterlle aire porque o fai el soiño, e ten luces.

Nada, se alguén precisa un que me avise.


Ah, está fabricado na China...

PS O neno foi devorado polo lazo despois da foto.

Monday, June 16, 2008

Sonche ben espilidos

Os yankis andan un pouco fastidiados  con isto de que hai xa algún tempo que o combutíbel custa máis caro có leite. De feito os americanos xa están a pagar nalgunhas zonas (como Chicago) o litro a prezo europeo (fancendo a conversión Leuro-$ ao estilo apple).

A cousa non tería maior trastorno, ao fin a gasolina tamén sube en Europa, se non fose porque iso atenta contra a filosofía motorística de este país. E faino dun xeito máis abrumador cá no vello continente porque a contención nas cilindradas e nos consumos nunca foi moi ben coa mentalidade deste país.

Para que vos fagades unha idea, o carro máis vendido en Europa o pasado ano foi o Peugeot 207. En autoestrada, este pequeno utilitario precisa de 5 litros de combustíbel para percorrer 100km (5l/100km) ou, expresado en termos americanos, cun galón no depósito poderíamos irnos a 47 millas (47 mpg US) de distancia. Por certo, falo do motor 1.6 con 120cv, o 1.4 ou un diésel consumiría menos.

peugeot207rc

Pola contra, o vehículo máis vendido nos USA durante 22 anos ininterrumpidos é o Ford F-Series (que en realidade son unha colección de fragonetas pero aquí contan como un só modelo). O máis contido destes pequenos fai 20mpg indo por autoestrada... o que son 11.76l/100km... E insisto, en condición ideais.

ford f150

Pero o reinado desde monstruo da estrada chegou ao seu fin este ano, e foi derrotado polo que neste país sería considerado un carro liliputiense: o Honda Civic. E aínda así, o modelo que venden por aquí, moito máis conservador có europeo na liña, fai 36mpg en autoestrada (6.5l/100km). Desde logo é un cambio con respecto ás furgonetas Ford, pero aínda así moi frugal non é. Teñamos en conta que o modelo máis básico equipa un 1.8 con 140cv. Iso, e ser un carro máis grande, explica a diferenza co Peugeot.

Civic_Si

Ao comentado hai que engadir que os americanos non saben conducir con cambio manual e polo tanto os consumos sinalados aquí son algo maiores ao ser os caixas automáticas a preferidas polos compradores.

O problema que afronta este país é que aquí non sen pode vivir sen carro, fai falla para ter unha calidade de vida aceptábel. Porque, se un vive nunha pequena vila vai precisar transporte privado para todo, xa que nos barrios residenciais non hai tendas nin nada semellante. E se un vive, coma min, nunha cidade grande, ao non ter carro acaba un sentíndose atrapado ao non haber xeito de fuxir da cidade, estou pechado entre cemento sen posibilidade de ver natureza.

Con todo, ó inxenio americano xa se puxo a traballar e a solución aos problemas de transporte está perto de rematar. Só hai que apuntarse á revolución que supón levar o transporte individual ao seu mínimo expoñente, e non falo do Smart, nin tan sequera falo do segway.

Falo disto:

motor bike

Segundo o anuncio fai 95-100mpg (menos de 2.5l/100km). É obvio que a parte ciclo foi especialmente deseñada para soportar o avanzado motor de dous tempos (encendido manual), e o conxunto foi ensamblado cunha precisión e detalle que xa quixeran fabricantes xaponeses ou alemáns.

Pode soar a coña, pero General Motors está pensando en venderlle Hummer aos chineses porque, todos eses que compran caixas con rodas de máis de 2tm acaban de chegar á conclusión de que non compensa deixarse o soldo para ir á compra e a recoller aos nenos.

E como agasallo, déixovos a Mr. Clarkson probando unha das fragonetas Ford no RU (enlace en inglés).

PS Bótasevos en falla!

Friday, June 6, 2008

Deseño

Este xogo para o té ten máis dun século.

Eu, non remato de crelo, pero así é. As formas poden ser soñadas en calquera periodo, só fai falla alguén que o faga.

Photo0988

Monday, June 2, 2008

BOFH e outras cousiñas

Un determinado posto de traballo implica unha serie de tarefas a desempeñar intrísicamente asociadas ao mesmo. Pero tamén supón facer unha serie de actividades que non están reguladas no contrato e pouco teñen que ver co cargo nominal ocupado. Nas últimas semanas tiven moito de traballo non contractual e pouco contractual. 20071001-pinky brain

Para comezar, a máquina de xelo deixou de funcionar e os técnicos certificaron a súa defunción despois de máis dunha década (ou dúas) de servizo. A máquina de xelo é fundamental nun laboratorio porque permite encher as neveiras portátiles que manteñen frías as bebidas nas barbacoas... e tamén, cando non é fin de semana, hai quen as usa para previr alteracións nos reactivos, mostras sensíbeis á temperatura e outras conachadas.

Total, que a secretaria chegou un bo día polo laboratorio a contarme a triste historia da máquina, o que a min me daba absolutamente igual se non fose porque a muller pediume axuda para buscar outra de reemprazo. Eu pensei que se me ía pagar un 5% do seu soldo non tiña problema en perder o meu precioso tempo mirando en internet, pero en lugar de dicir algunha barbaridade aceptei dado que era algo polo ben común e eu tamén fago barbacoas... digooo emprego reactivos que teñen que manterse fríos.

Total, a señora mándame os seus candidatos ao correo e atopo unha colección de fontes expendedoras de refresco cunha boca pola que sae xelo. Non digo eu que non ía ser un punto ir buscar xelo e voltar cunha cocacola, pero como oficialmente non se pode nin beber nin comer no labo de pouco nos ía sacar.

Vendo que do seu traballo pouco ía sacar eu, marchei a visitar a antiga máquina e tomar nota da marca. Mediante o santo google atopei a páxina web do fabricante. O noso modelo deixárase de fabricar pero algo había que cumplía as nosas necesidades, iso si, por un prezo 3500$. Mándolle o mail co meu descubrimento á secretaria e tamén ao director científico para que quede claro quen está a facer o traballo e espero.

No correo de volta pídenme que atope algo por menos de 2000$, iso si, da mesma marca e coas mesmas características. Vou ao modelo máis básico e consigo atopar unha páxina onde o venden por 3000$, mando un correo dicindo que é o que hai, que se queren algo máis barato haberá que ir a outras marcas.

A secretaria suxire que mire en páxina de Fisher Scientific, que como traballan con universidades seguro que nos fan desconto. Fisher é unha casa de putas, e eu xa o sei, como saben que estás en ciencia cóbranche unha pasta polas cousas máis parvas, pero se ela se emperra eu non lle vou quitar o pracer.

Evidentemente, Fisher pide polo mesmo modelo só 6000$, e estou seguro de que están dispostos a facer un desconto do 40%, pero aínda así segue a ser máis caro. Mándolle un correo de volta á secretaria e ao xefe, deixando claro que por min poden chamar a Fisher.

Noutra orde de cousas, a semana pasada tiña que comezar un novo experimento cos ratos. Básicamente trátase de poñelos nun laberinto en forma de + onde un dos brazos está aberto e o outro pechado con paredes. Como os ratos non lles vai iso das pasarelas, prefiren pasar máis tempo no pechado. O tema é que como tamén son curiosos non poden evitar botarlle unha ollada de cando en cando ao brazo aberto para ver se hai algo interesante por eses lares. Claro que se o rato está estresado permanecerá a maior parte do tempo no brazo pechado e pasará de aventuras.

2067d-1-thumb

Para saber o que fai o rato podes mirar e apuntar cun cronómetro ou pagar a un computador para que o faga, e esa opción é a que temos. O que pasa é que no meu laboratorio a xente non ten moi claro iso de que hai computadores para xogar e que hai computadores para traballar. Así que decidiron que cando ninguén estaba usando o labirinto era unha boa idea empregar o computador para enchelo de virus e así facer máis emocionante a miña vida.

Total que me tirei catro días a voltas co chisme porque como perderon os discos de instalación do programa de monoitorización de ratos, non se pode formatear e xa. Hai que lidiar cunha copia de seguridade que ten como 90 virus, porque, nenos e nenas, as copias de seguridade deben facerse cando un ten problemas, non antes que se non a vida perde diversión.

Ao final sobrevivín, e o computador case funciona. Esta é a pinta que tiña o meu banco de traballo durante eses días.

Blog 2008 026

Por certo, adiviñade cal destes era o computador que non funcionaba...

IMG_0850

Sunday, June 1, 2008

A ética protestante e o espírito do capitalismo

Blog 2008 125

É o título dun libro de lectura obrigada para comprender a psicoloxía detrás do mundo anglosaxón escrito por ese xenial fóbico social que era Max Weber.

A moi grandes sesgos explica a orixe do individualismo das sociedades protestantes no calvinismo e no luteranismo posterior que levaría ao que coñecemos como protestantismo. En xeral nese mundo pasouse de ver a relixión como algo ligado ao poder dos sarcerdotes a ser unha experiencia persoal de relación cun ser todopoderoso que, por defición, tiña tanto interese en falar por boca dun sacerdote como pola de calquera outro ser vivinte.

As consecuencias levaron, entre outros factores históricos, a sociedades onde o amor por deus se amosaba no día a día e no traballo diario (tamén no culto dos Domingos, claro), máis que no respecto aos sacramentos monopolizados polos ministros católicos.

Esta psicoloxía afincada no éxito individual e no traballo pode verse constantemente na sociedade americana, e ten as veces un aspecto un pouco perverso.

Pero como este é o meu primeiro post tras unha longa ausencia non vou profundizar nos exemplos máis dramáticos. No canto diso vou ficar nun documento gráfico de impresionante poder visual.

Blog 2008 058

Si, iso é un Honda Civic (carro civilizado onde os haxa), transformado nunha caricatura dos picapedra e cunha capacidade para romper as pernas dos peóns que non te nome. Pero hai que pensar como un protestante, no lugar de pagarlle unha pasta ao concesionario ou molestarse en ir a buscar un usado, moito mellor amosar canto quere un a deus facéndose un na casa. Ademais a madeira sempre queda ben nos carros que os caros levan unha porrada... de deformación programada non debe saber moito, pero elegante é un rato