Monday, June 16, 2008

Sonche ben espilidos

Os yankis andan un pouco fastidiados  con isto de que hai xa algún tempo que o combutíbel custa máis caro có leite. De feito os americanos xa están a pagar nalgunhas zonas (como Chicago) o litro a prezo europeo (fancendo a conversión Leuro-$ ao estilo apple).

A cousa non tería maior trastorno, ao fin a gasolina tamén sube en Europa, se non fose porque iso atenta contra a filosofía motorística de este país. E faino dun xeito máis abrumador cá no vello continente porque a contención nas cilindradas e nos consumos nunca foi moi ben coa mentalidade deste país.

Para que vos fagades unha idea, o carro máis vendido en Europa o pasado ano foi o Peugeot 207. En autoestrada, este pequeno utilitario precisa de 5 litros de combustíbel para percorrer 100km (5l/100km) ou, expresado en termos americanos, cun galón no depósito poderíamos irnos a 47 millas (47 mpg US) de distancia. Por certo, falo do motor 1.6 con 120cv, o 1.4 ou un diésel consumiría menos.

peugeot207rc

Pola contra, o vehículo máis vendido nos USA durante 22 anos ininterrumpidos é o Ford F-Series (que en realidade son unha colección de fragonetas pero aquí contan como un só modelo). O máis contido destes pequenos fai 20mpg indo por autoestrada... o que son 11.76l/100km... E insisto, en condición ideais.

ford f150

Pero o reinado desde monstruo da estrada chegou ao seu fin este ano, e foi derrotado polo que neste país sería considerado un carro liliputiense: o Honda Civic. E aínda así, o modelo que venden por aquí, moito máis conservador có europeo na liña, fai 36mpg en autoestrada (6.5l/100km). Desde logo é un cambio con respecto ás furgonetas Ford, pero aínda así moi frugal non é. Teñamos en conta que o modelo máis básico equipa un 1.8 con 140cv. Iso, e ser un carro máis grande, explica a diferenza co Peugeot.

Civic_Si

Ao comentado hai que engadir que os americanos non saben conducir con cambio manual e polo tanto os consumos sinalados aquí son algo maiores ao ser os caixas automáticas a preferidas polos compradores.

O problema que afronta este país é que aquí non sen pode vivir sen carro, fai falla para ter unha calidade de vida aceptábel. Porque, se un vive nunha pequena vila vai precisar transporte privado para todo, xa que nos barrios residenciais non hai tendas nin nada semellante. E se un vive, coma min, nunha cidade grande, ao non ter carro acaba un sentíndose atrapado ao non haber xeito de fuxir da cidade, estou pechado entre cemento sen posibilidade de ver natureza.

Con todo, ó inxenio americano xa se puxo a traballar e a solución aos problemas de transporte está perto de rematar. Só hai que apuntarse á revolución que supón levar o transporte individual ao seu mínimo expoñente, e non falo do Smart, nin tan sequera falo do segway.

Falo disto:

motor bike

Segundo o anuncio fai 95-100mpg (menos de 2.5l/100km). É obvio que a parte ciclo foi especialmente deseñada para soportar o avanzado motor de dous tempos (encendido manual), e o conxunto foi ensamblado cunha precisión e detalle que xa quixeran fabricantes xaponeses ou alemáns.

Pode soar a coña, pero General Motors está pensando en venderlle Hummer aos chineses porque, todos eses que compran caixas con rodas de máis de 2tm acaban de chegar á conclusión de que non compensa deixarse o soldo para ir á compra e a recoller aos nenos.

E como agasallo, déixovos a Mr. Clarkson probando unha das fragonetas Ford no RU (enlace en inglés).

PS Bótasevos en falla!

3 comments:

elunicopiny said...

Opa meu!

Menuda pseudo vespino montaron por ahí!!!

de todas maneiras non creo que teñan problemas co combustibel; cando lles faga falla máis, xa invadirán outro país árabe. ;-)

Pasao bomba.

Amarantear said...

P.S.ídem

Amarantear said...

oh! eu coñezo a ese paisano...creo que algún programa papei, hehe ;)