Friday, February 29, 2008

Cancións e comparacións

Semella que os asesores de campaña puxéronse dacordo a ambos lados do océano e, como as comparacións son odiosas e por iso nos gustan, vouvos deixar cunha breve recopilación do que levamos.

O PP deixou todo en mans do powerpoint porque debe ser que non atoparon moitos artistas dispostos a cantar a súa "Revuelta Popular" (si, teñen unha completa ignorancia do significado das palabras, pero iso xa foi anticipado por Orwell).

O "buenrollismo" de Zapatero en conxunción cos artistazos que viven dos CD's e DVD's que comprades resulta no tema este que dá medo (coitado Benedetti).

E para rematar a Obama, ese candidato que de presentarse en España estaría lixeirísimamente á esquerda de Rojoy (básicamente os distingue a súa política de inmigración), lle deixaron este que mola moito más cós outros porque aparecen mulleres de escote xeneroso e polo menos se preocupan de mezclar a letra coas palabras do lider.

Brigado a Antía por facilitarme atopar esta última :)

Thursday, February 21, 2008

Chicago Auto Show 2008 e IV

E agora, para rematar a sobredose, a estrela do salón: o Dodge Challenger.

Un deportivo que pretende restarlle clientes ao Mustang de Ford a base de facer valer a súa imaxe neoretro doutro modelo mítico da marca. Era primicia do salón, todo hai que dicilo.

Chicago Auto Show 2008 158

Chicago Auto Show 2008 160

Chicago Auto Show 2008 161

Chicago Auto Show 2008 164

Mola, eh? Pois esperade a velo por dentro, porque creo que os plásticos veñen das mesmas fontes que as que emprega Dacia para o seu modelo Logan.

Con razón o grupo Chrystler ten que gastar unha chea en redeseñar o interiores, son de hai dúas décadas!!!!

Chicago Auto Show 2008 172

Chicago Auto Show 2008 173

O CEO de Chrystler foino antes de Home Depot (algo así como Leroy Melin en Europa) e para salvar a empresa da bancarrota decidiu que había que mellorar, entre outras cousas os interiores. Algo co cal eu concordo visto o visto. Para iso decidiu cargarse o módelo máis emblemático de Dodge, o Viper. Até daba pena velo no medio doutros modelos como se fose un calquera... Por se alguén se está a estresar, ten até o 2011 para mercalo.

Chicago Auto Show 2008 176

Nin muller con tacóns e minisaia lle puxeron ao coitado!

Remato xa que hai moito por facer, e deixovos co modelo máis compacto do salón.

Póñovos un ser humano adulto de estatura media para que vos fagades unha idea do pequeno que é:

P2160121

Monday, February 18, 2008

Chicago Auto Show III

Estas son algunhas vistas xerais do recinto, só parte porque está dividido en dous, no outro lado había outro tanto).

ChicagoAutoShow2008109_thumb2

ChicagoAutoShow2008111_thumb2

ChicagoAutoShow2008122_thumb2

Haberá que falar un pouco máis dos carros yankis, toda unha incona cultural tanto aquí como alí. E para iso nada mellor cun bello coñecido que tras dar moita pena nos oitenta e noventa rexurdiu coma un superventas trala estela neoretro marcada polo VW New Beatle. Estou a referirme ao Ford Mustang, ese peaso de becho que na súa versión básica ten case 200cv pero o ABS é opcional. Frear ben é de tontos!

ChicagoAutoShow2008129_thumb2

Este é o cu dun Shelby, feito por un fulano do mesmo nome que vive de poñerlle turbos aos Mustang para que vaian máis rápido... en liña recta. Por certo que o próximo Kitt vai ser un destes.

ChicagoAutoShow2008130_thumb2

O stand de Hummer unha merda, especialmente tras ver o de Jeep. Non me cortei un pelo en dicilo ben alto, espero que non venderan nin un deses chismes de cores que contaminan moito para facer nada máis que ser feos. Esta era a novidade do día, un H3T (o H3 é o "pequeno" da familia, sendo o H1 a versión civil do que voa polos aires no Iraque).

ChicagoAutoShow2008134_thumb2

Feo, cheo de luces e cromados, o gusto americano feito carro. Iso si, a cor non está mal...

Falando de americanos e cagadas, pasei polo stand de Saab. Esa marca que antes facía coches moi orixinais e agora fabrica Opeles moi caros. Dos Opeles non tirei fotos, pero do precioso prototipo que tiñan si, a ver se algún día os horteras de GM a deixan voltar ser o que foi. Ese capot interminábel é de impresión!

ChicagoAutoShow2008139_thumb2

ChicagoAutoShow2008142_thumb2

En International, unha marca de camións e outros chismes, tiñan unha pick up dos anos cincuenta moi mona, ademais de algúns tremendos chismes. O detalle dos gardalamas traseiros por fóra da caixa dálle un toque de distinción nada frecuente nun vehículo industrial.

ChicagoAutoShow2008143_thumb2

ChicagoAutoShow2008147_thumb2

E esta é a versión de Internacional dun Hummer, aínda máis grande é aínda máis estúpido. Tiven que tirar dúas fotos para conseguir telo de "corpo enteiro".

ChicagoAutoShow2008148_thumb2

ChicagoAutoShow2008149_thumb2

Mañá tocará falar das novidades, o Dodge Challenger, e das miñas conclusións. Até entón, disfrutade das fotos.

Chicago Auto Show II

Jeep tiña un stad impresionante!

Cun circuíto incluído onde un piloto da casa púñache os collóns moi arriba. Tanto como o desnivel que lles tocaba salvar, tanto de subida como de baixada.

ChicagoAutoShow2008052_thumb2

ChicagoAutoShow2008062_thumb2

 

ChicagoAutoShow2008063_thumb2

Seguimos coa marca americana de todoterreos por excelencia (sen pedir perdón a Hummer, que fai caixas con rodas moi feas). O Renegade é un fermoso concept car onde se volve absolutamente ás orixes da marca, trátase dun dúas prazas absolutamente listo para meterse polos terreos máis complicados. Pode ser un adianto dun futuro modelo, pero tendo en conta como están as cousas na casa nai non creo que lles dea para experimentos. Aí fica, iso si, a idea.

ChicagoAutoShow2008067_thumb2

ChicagoAutoShow2008078_thumb3 

ChicagoAutoShow2008073_thumb3

Mazda, a marca xaponesa que fai que os Ford parezan coches ben deseñados, tiña bastante presenza cun stand típico e cheo de modelos. Eu pasei dos de serie e quedeime con este monopraza carrozado.

ChicagoAutoShow2008086_thumb2 

ChicagoAutoShow2008085_thumb2

De Xapón imos ao Reino Unido, ou a Alemaña... Bentley, a casa dos deportivos de superluxo perdeu hai algún tempo toda a súa personalidade cando os alemáns a mercaron e se puxeron a deseñar modelos xermánicos que imitan a distinción británica. Se non me credes comparade o que fan agora:

ChicagoAutoShow2008092_thumb2

Co que deseñaban antes:

ChicagoAutoShow2008093_thumb2

Ningún dos dous é o meu estilo, pero eu quédome co de antes sen dubidalo.

Chicago Auto Show I

Non moita política neste post, que máis ben trata unha das miñas facetas superficiais. Como di o título o tema vai de autos.

ChicagoAutoShow2008081_thumb2

Pasei máis tempo na área adicada aos carros europeos e xaponeses cá nos americanos, aínda que hai que recoñecerlles que algúns teñen o seu punto, con certeza.

Houbo moitos concept cars, algúns deles incluso boas ideas. Para comezar un pequen detalle de estilo por parte de Toyota.

ChicagoAutoShow2008003_thumb2

ChicagoAutoShow2008002_thumb2

Como podedes ver é un Yaris ao que lle quitaron todo o superficial como o teito, os asentos máis aló do que lle corresponde ao conductor, o parabrisas... Estou seguro de que nunca chegará a producirse pero tamén é seguro que é un aparello divertido de conducir en estradas con cruvas.

No mesmo estand estaba o A-BAT, un pick-up híbrido futurista con moitas solucións que serán incorporadas en futuros modelos. Compre lembrar que Toyota está a facer moitos cartos fóra de Europa co Prius e segue a ser a marca máis asociadada coas tecnoloxías menos contaminantes. Por iso non dubidan en facer énfase no seu sistema e dado que xa contan cunha chea de modelos híbridos, engadir unha pick up on resulta nada estrano neles.

ChicagoAutoShow2008006_thumb2

ChicagoAutoShow2008011_thumb2

Un dos prototipos máis belos foide Honda. Trátase do CR-Z, un modelo compacto de líñas moi interesantes que pode marcar o deseño das gamas vindeiras.

ChicagoAutoShow2008021_thumb2

ChicagoAutoShow2008024_thumb2

Pasamos a Nissan pero esta vez cun modelo que vai para a rúa, ou mellor dito para os circuítos porque o GT-R ten un sistema que limita a velocidade a 180km/h que só se desconecta cando se entra en circuíto. Como sabe o carro que estamos nun circuíto? Pois usando o GPS de serie. Con todo non será até o 2009 que chegue ao mercado este pequeno de 480cv conseguidos mediante sendos turbos nun compacto motor V6.

ChicagoAutoShow2008028_thumb2

ChicagoAutoShow2008033_thumb2

Sunday, February 17, 2008

Parabéns

Hoxe Kosovo declarouse país independente de Serbia. Non vou a entrar en disquisicións históricas que poidan xustificar ou non esta separación.

Simplificando moito, que o sei, Josip Broz Tito dirixiu unha república confederal na que distintas nacións consideránrose representadas e polo tanto unidas.

Trala súa morte os serbios decidiron que Yugoeslavia era Serbia e trataron de impoñer esa idea ao resto de nacións. Ese feito levou ao desmembramento da república e Kosovo é o derradeiro (ou non) episodio.

E a pesar das invocacións patrioteiras, os serbios tentaron unha limpeza ética nese territorio e iso restoulles toda a autoridade moral sobre os habitantes de Kosovo porque os estados serven aos seus cidadáns e non os cidadáns aos seus estados. Cando isto non sudece, rómpese o contrato tácito entre estado e cidadanía.

Sorte para Kosovo.

17kosovo-600

E por certo, mentalidade colonial á da Vicepresidenta do goberno español ao dicir que non podía apoiar unha declaración unilateral. Poucas veces a independencia dun territorio con respecto a outro é consensuada. Deben ser os soños coloniais da vicepresi, xa que por esa regra ningún dos países latinoamericanos que foron parte do reino español serían agora independentes...

Se o que quería dicir é que apoiar a independencia de Kosovo resulta complexo para o goberno español porque cando recoñezan o novo estado (que o farán) van admitir fóra o que negan dentro, que o diga, ou que fique calada. Pero para asneiradas xa chega coas do seu xefe.

Wednesday, February 13, 2008

Odio os nachos

A pesar do nome do bló, da autorreferencia e de que podo comer case calqueira cousa os asuntos eses son como que moi noxentos.

Hoxe tiveron a ben poñelos como comida "elaborada" no comedor da universidade e case me dá por chorar. Teñamos en conta neste punto que a cafetería está a dous bloques (tamaño yanki) do Instituto e a temperatura ten dúas cifras baixo cero.

Facendo un pouco de historia os nachos naceron en México alá polo ano 43 nun restaurante cercano á fronteira con Texas chamado Victory Club. A lenda di que as esposas duns soldados USamericanos dunha base cercana chegaron ao restaurante cando estana pechado e facendo gala da famosa prepotencia yanki pediron ser atendidas. O coitado do chef, un tal Ignacio Anaya, colleu uns restos de tortiñas que quedaban por alí e algo de plástico laranxa derretido (aka imitación de queixo americano ou queixo amarelo de Wisconsin) e llos serviu como "Special Nachos".

A recita cambiou pouco desde entón e todos os intentos por mellorala só levaron a unha vianda inmunda só digna de serlle servida ao teu pior inimigo.

Por se non vos queda claro ou non os tedes na memoria tan ben coma min, este é o aspecto que teñen:

nachos

Si, hai que recoñecerlles o mérito de que é a única comida co mesmo aspecto antes e despois de ser vomitada.

Por se alguén o dubida, hoxe comín pizza.

Thursday, February 7, 2008

Immigration

xyGfFFbZU9Pv6lRViu

hehe.

Visto en Pizdaus

Wednesday, February 6, 2008

SuperMartes

Ok, agora que alguén fixo a broma estou algo máis tranquilo (graciñas Diego).

Turno demócrata, aquí hai básicamente dous e un burro.

Primeiro o Burro: democratdonkey

Agora o resto.

Se seguides algo o tema seica a cousa para ser presidente do mundo esta entre McCain (sorpresa?) e Clinton ou Obama. A cousa é complicada pero a pesar de que a senadora por NY daba a cousa por gañada, agora semella que o senador do estado de Illinois conta con máis representantes entre os demócratas. Total que nada se sabe e deste xeito aínda estou a tempo de contarvos algo sobre estes dous.

Hillary Diane Rodham Clinton é a muller casada co ex-amante de Mónica Lewinsky.

Por se esa esa referencia resulta algo escura, ten estas pintas: 480px-Hillary_Rodham_Clinton

Con todo, a min quédame máis claro quen é con esta outra foto: HunqS22lqtPR

Si, a que non é Natalie Portman.

Foi á escola de leis en Yale e andivo dando voltas polo mundo político e acabou por casar cun tal Clinton que foi presidente despois de Bush (pai) e antes de Bush (fillo). Non hai que ser un xenio para saber que se gaña a orde vai ser Bush-Clinton-Bush-Clinton e a moitos americanos isto lles cae un pouco mal porque soa a dinastía.

Cun pouco de sorte son capaz de centrarme.

Sobre a guerra no Iraque pois prentende recortar o número de tropas pero mantelas polos intereses estratéxicos nacionais da rexión. Noutras palabras, que menos mortos (americanos, claro) pero de aí non se moven porque o petróleo fai boa falla. Vaia que por ela van a seguir levando "democracia" ao país pérsico.

Sobre o asunto cubano, esta muller é favorábel a manter o embargo, do aborto semella non estar a favor pero está en contra de penalizalo, apoia a investigación con células nai embrionarias... O máis importante é que semella estar interesada en establecer un seguro médico obrigatorio universal, pero como o vai pagar e cando o faría non está nada claro. Ademais recibiu moito diñeiro das corporacións sanitarias que están en contra dese idea, así que pode ser unha promesa de campaña que se desdebuxe durante o mandato presidencial.

E, seica aínda con tantas posibilidades como Clinton, temos a Barack Hussein Obama, que ademais de chamarse de segundo Hussein é negro. Polo demais coma Clinton, é avogado pero desta vez por Harvard e tamén é senador pero por Illinois.

O seu maior argumento político é a creación dun seguro médico universal. Como con Hilarry, ninguén ten moi claro como nin con que cartos pero, hey! estamos (estabamos) no país máis rico da terra. Con todo, semella máis convencido cá súa colega de NY.Barack Obama is not superman

A guerra no Iraque como tema aparece ambivalente neste político. Por unha banda exprésase en contra, aclararando que non é pacifista, pero pola outra non foi consistente no seu apoio aos recortes de fondos para a guerra como xeito de rematar a implicación dos USA no conflito. Ou o que é o mesmo, non o ten claro e iso supón estar exposto aos altos oficiais militares e aos intereses das corporacións.

E o aborto coma Hillary, as celulas nai embrionarias tamén e de Cuba nin se sabe pero supoñamos que o mesmo.

Para rematar con isto, lin nunha xornal a unha columnista criticando a unha actriz de TV porque dicía que como muller sentía que debía votar a Hillary e como afroamericana (eu son galaicoceltaeuropeu para eses) a Obama. O punto da columnista era que iso estaba feo porque non se debe votar atendendo á cor ou ao sexo.

E digo eu, é que se diferencian nalgo máis os candidatos?

Monday, February 4, 2008

SuperMartes!

Por se alguén anda perdido niso dos candidatos á presidente dos USA paso a contarvos a miña visión sobre os personaxes que aquí loitan por ser o que dirixa o país máis poderoso da terra:

Os republicanos teñen como mascota un polbo con cara de Cthulhu... chuthuluou se cadra era un elefante: republican

Ben, aclarado o da mascota, indícovos que Bush (fillo) é destes e Clinton era dos outros dos que falarei outro día.

No delirio de candidatos deste partido, o máis divertido de todos (e o único que non vai ser presidente así os USamericanos fumen cousas moi malas) é Ron Paul. O tipo é un xinecólogo nado en Texas e convencido de que todo o que hai que facer é seguir a Constitución e o camiño marcado polos Pais Fundadores. Isto fai que sexa un liberal no senso clásico do termo e por exemplo, a pesares de estar en contra do aborto, considera que a legalización e regulación do mesmo debe depender de cada estado da unión.

Pero o que nos importa ao resto do mundo soe ser a política exterior, e aquí é onde este tipo sáese. Considera que os USA non poden nin deben ser os policías do mundo, isto faino un non intervencionista. E, en coherencia, considera a guerra no Iraque un erro enorme e como presidente promete retirar as tropas. Ademais, moi sabiamente, opina que os problemas económicos actuais veñen desta guerra co seu gasto enorme. Algo de razón non lle debe de faltar por á administración Clinton (sen guerras) saíanlle as contas e á actual pídelle cartos a China.

Entre as súas rarezas frikis pero razoábeis esta o regreso ao padrón ouro no tanto de ter unha Reserva Federal onde fabrican un papel que cada vez vale menos.Tamén promete non subir nunca os impostos, a liberdade para ter armas e algunha cousa máis.

O seu careto é este: 478px-Ron_Paul,_official_Congressional_photo_portrait,_2007  

 

 

 

 

 

 

 

Outro tío raro é Mike Huckabee, tamén coñecido como o candidato de Chuck Norris (rir ou cagarse de medo queda á vosa escolla). En fin, este vai ser conservador dos de toda a vida. Para comezar, mentres Ron Paul é un tipo formado na universidade cun título de verdade, Mike estodou teoloxía e fíxose pastor baptista ou algo diso que hai por estes lares. Ah, tamén foi telepredicador, creo. Pouco máis, podedes intuír que a este lle vai a guerra.

Ok, estes dous eran de coña, vou cos dous que de verdade poden gañar.

Mitt Rommey pode ser o primeiro mormón en chegar á Casa Branca e ir por aí regalando bombas con Biblias e levando democracia aos países que lle parezan que teñen demasiado petróleo.  O tema da súa mormonidade causa sensación porque podería asumirse que de chegar a presidente tería un problema ao ter que escoller entre o mellor para o país e o que sexa que lle dicte o que sexa que teñan como papa na Igrexa dos Santos dos Derradeiros Días. Claro que iso sería como dicir que Aznar fixo o que sexa que lle dictase o que sexa que teñan como papa no Opus Dei (oh, wait!). Hum, mellor imos deixalo en que se JFK foi capaz de pasarse a opinión do papa polos forro dos c****ns non vexo motivo polo que este fulano non poda facelo.375px-Mitt_Romney,_2006

Como ser é empresario e dirixiu empresas de consultoría financieira co cal de cartos debe saber algo. É un graduado de Stanford isto significa que hai que telo en conta porque foi a unha boa escola. Coma moitos dos candidatos, foi gobernador, neste caso do estado de Massachusetts.

As súas ideas cambiaron moito pero a coherencia nunca foi o punto forte de ningún político. Con todo semella que aquí iso non o deben ter moi claro porque un dos rasgos caracterísiticos deste tipo é precisamente que cambiou demasiado de opinión.

Por exemplo estivo a favor da planificación familiar e do dereito a escoller (eufemismo para pro-abortista). Agora é pro-vida (eufemismo para non me importa se fuches violada polo teu pai e os seus amigos redneck bébedos, tes un trauma e risco de suidio, todo semen e sagrado e algo de culpa terías). Hum, esaxero, en realidade apoia o aborto en caso de violación, incesto ou para salvar a vida da nai. Por suposto está a favor da familia retrógrada (nada de homesesuais e poligamias)

Sobre o Iraque pois as súas ideas son máis gasto e máis tropas, así que xa vos facedes unha idea de que un pacifista non é. Está a favor da pena de morte e aínda que se opón á tortura nos interrogatorios si aproba as "tecnicas de interrogatorio avanzadas" (eufemismo de Bush (fillo) para tortura aplicada por militares ou axentes federais).

E para rematar cos do elefante, o meu moi máis favorito e o que ten toda a pinta de ser o candidato republicano á presidencia dos USA. Trátase dun tipo con todo o "bo" de Bush pero con algo que este non ten, o cabrón é intelixente e sabe soar razoábel (que medo!). Ah, estou a falar de John McCain, senador de Arizona.McCain

O tipo tivo un pai e un avó oficiais do exército así que foi a Academia Naval da Marina e o fixo tan ben que foi dos últimos da súa promoción. Non desanimado con iso aínda tivo ganas de irse ao Vietname onde o feriron de gravidade, foi prisioneiro de guerra e non o soltaron até que os USA se rendiron... o que quere dicir que se pasou un anos cos Charlies (cinco e medio, para os curiosos). Tras isto debeu decidir que xa estaba ben de traballar e meteuse a político (eu tería feito o mesmo no seu caso).

Está considerado un conservador entre os conservadores, ademais de neoliberal convencido (teno todo o chaval). Iso quere dicir que nada de sanidade universal, pena de morte, guerras... Para que vos quede claro, cando Bush dixo que se cadra había que estar 50 anos no Iraque el dixo que se por el fose serían 100 (ehem).

Con todo as cousas non son tan sinxelas, por exemplo mentres Mitt Rommey oponse á inmigración e pretende controlala (eufemismo para restrinxir e humillar aos legais e interrogar avanzadamente aos ilegais), McCain participou na elaboración dunha lei que tería permitido regularizar a situación de millóns (si, millons) de inmigrantes ilegais mediante a obtención da cidadanía. 

Ademais, é aí é onde se nota que o tipo e listo e que pasou por unha guerra de verdade onde foi tratado como un prisioneiro de verdade, considera que a tortura está fóra de lugar e inclúe nese apartado as "técnicas de interrogatorio avanzadas".

Facédeme caso, ten toda a pinta de que o candidato Republicano vai ser este tipo. E, a pesar de que todo o mundo conta cun presidente Demócrata, se alguén pode quitarlles a Casa Branca é este mariñeiro retirado.

E falando dos do burro. Sobre Obama (o posíbel primeiro presidente negro) e Clinton (a posíbel primeira presidenta sen pilila), falarei mañá (ou non). Pero xa aviso que se parecen tanto aos xa descritos e entre eles que pouco vai haber que dicir.