Monday, January 28, 2008

Paridor Nacional

A verdade eu nin me lembraba deles pero é certo que antes dos "guiñoles" do Plus existiron os "muñegotes".

E dalgún xeito, sendo máis feos e estando todos metidos nunha especie de parador nacional como que teñen máis chiste.

Ou iso ou é que xa vai sendo hora de durmir.

Sunday, January 27, 2008

It's sadly true!

freepresssheesh_0

No que realmente importa, pouco conta o candidato.

Visto en Reddit

Sunday, January 20, 2008

MacBook Air (II)

Aínda que este non é un blog de tecnoloxía, é o meu blog "y me lo f**** cuando quiero". Así que tralo pasmo que este luns me deixou o tío Jobs, paso a anlizar o que é, para min, o primeiro bluff do 2008: o MacBook Air.

jobs_mbair                                                                                                                                               (A cara de felicidade que ten, eh? Foto de Xataka)

O computador, desde un punto de vista do deseño exterior, é indiscutíbel por xenial. Ben que o deseño é cousa de gustos, pero meter un portátil en tan pouco espazo e facelo tan ben ten mérito.

E iso é todo o bo.

Para comezar o chisme ten só un porto USB, o que quere dicir que unha vez enchufada a correspondente memoria USB, indespensábel hoxe en día, quedamos sen ranuras para calquera outra cousa. Un pensa que dúas ranuras eran moito pedir, pero francamente eu non vexo o motivo. Poderíase argumentar que iso ten amaño cun concentrador USB pero iso de mercar un computador de superdeseño e minimalista para logo carregar un fedello deseñado por un chino bébedo non fai senso. Cómpre engadir a ausencia dun porto Firewire, feito sen desculpa posíbel e que pon este computador por debaixo dun MacBook en canto a utilidade e versatilidade.

Sobre o tema da falla de unidade óptica debo recoñecer que foi unha aposta dura pero non mal solucionada con iso de poder tomar prestadas unidades dos veciños sexan Mac ou PC. Sinxelamente penso que non era necesario eliminar o dispositivo se ben neste punto nin ben nin mal polo da solución atopada.

Os procesadores son feitos por Intel pero da xeración anterior, co cal o MacBook sae con mellor capacidade de procesamento. De todos xeitos o que trae o Air é máis que abondo para as necesidades do público laptop.

Por último, o prezo. Se este computador tivese o do MacBook negro, $1,499.00, aínda sería unha opción, ou incluso 100$ máis polo deseño, o teclado iluminado e os leds da pantalla. Pero $1,799.00!!! Por ese prezo moito mellor o MacBook negro con USB's, firewire, unha unidade óptica por se acaso e un procesador de verdade!!!

Porque realmente, por moi "pequeno" que sexa o computador só ven a ser máis delgado cun MacBook, pero polo demais ten o mesmo tamaño e inferiores prestacións. Cunha pantalla de 13'3" nunha mochila non vai salvar moito con respecto ao MacBook.

macbookcommodorecompare

Así que que a miña conclúsíón é que este computador non aporta nada a actual gama Apple. Trátase dun invento deseñado para o mercado de usuarios encantados de gastar pasta para ser o máis cool no Starbucks da esquina e pouco máis. Para traballar, tanto o seu irmán pequeno como o seu irmán maior (o MacBook Pro por só 200$ máis) son mellor opción.

En canto a min, seguirei esperando a MacBook Air 2g, no cal o teclado desaparecerá para ser un computador dunha soa peza: unha tableta táctil ou, o que é o mesmo, a tecnoloxía do iPhone aplicada a un iMac. É cuestión de tempo (ah, en pantalla de non máis de 12" Mr. Jobs, 10" sería perfecto).

Por agora, hai moitos computadores que son mellor alternativa ao MacBook Air, de feito se o que se quere é un ultraportábel, a miña suxestión é o Asus EEE PC 8G, por 579$. E se non, pois a esperar.

asus_eeepc_touch                                                                                                                                           (Sen comentarios. Foto da edición australiana de Gizmodo)

Friday, January 18, 2008

MacBook Air (I)



Cando tenha tempo escribirei sobre o que me pareceu o novo MacBook (nada bo) pero por agora deixo este video que a min me molou.

Via Xataka que por certo no artigo presentan o que debeu ser e non foi (pero sera).

Thursday, January 17, 2008

En Virxinia queren perseguir aos que penduran os seus collóns!!! (Salvemos América!)

Unha fermosa e inocente tradición vai ser perseguida por esa especie tan abundante e perigosa que son os ben-pensantes e os salvapatrias.

Pero mellor comezo polo principio...

Resulta que en Virxinia, o estado capital dos Confederados, seica está de moda colgar uns collóns (de mentira) no gancho do remolque, especialmente nas pick-up tan habituais neste país. Realmente poñerlle uns testículos a un carro é unha solemne estupidez e unha mostra dunh incomparábel pero, oes! eu son libre de ter mal gusto se quero e ninguén debera impedilo. Ademais eu creo que as pick-ups e a maior parte dos carros ianquis son de mal gusto e non por iso os ilegalizan.

Agora ben, o Virginia State Delegate Lionel Spruill decidiu que eran tasteless, distraen aos condutores e seica tamén son perigosos (só lle faltou citar a Ben Laden que vale para todo). Ademais, poñen aos pais en situacións comprometidas coas súas fillas cando estas deciden preguntar que é iso que leva o carro de diante pendurado. E seica iso foi o que se pasou ao Sr. Spruill coa súa filla.

Se a cousa quedase aquí pois sería unha asneirada máis e tampouco sería tan grave, mais pensémolo con calma: como raios se pode facer unha lei para prohibirlle á xente poñerlle xenitais ao carro? Porque claro, se eu penduro dúas  bolas de golf atadas por unha corda, sería iso ilegal? E se en lugar diso poño un consolador (que por certo dálle máis xeito ao gancho)?

E por outra banda, postos a protexer aos nenos, van poñerlle roupa interior aos animais no Zoo para evitar que fagan cochinadas diante dos nenos?

Non sei como vos deixa todo isto, pero a min moi  mal.

Por se acaso alguén se anima déixovos unha foto do "conceto" e de paso podedes ir á paxina e testiculizar o voso carro.

truck nuts

Tede en conta, iso si, que a multa é de 250$, todo para que un fulano aforre ter que educar a súa filla.

Ah, tomado de Jalopnik

Monday, January 14, 2008

Sicko in Chicago

Pois si nenos e nenas, o que conta o señor Michael Moore é certo ou queda curto. Aquí iso da sanidade universal soa a comunismo e sodomía (cousas que como todos sabemos van sempre xuntas) e se queres estar san mellor non probes o sistema de saúde yanki.

Pero se a alguén lle gustan as aventuras e ten ganas de vivir experiencias ao límite, especialmente para a conta bancaria, déixovos unha imaxe do prezo do menú no hospital do lado. Por certo, téñanse en conta que a listaxe non é exhaustiva e o hospital é público (pagado con diñeiro do estado coma min, que non gratis) e os prezos poden ser peores.

Iso si, para que ninguén se leve a engano o cartel están ben á vista nada máis entrar pola porta. Cousa que eu fago moi de cando en cando se sufro craving de comida hospitalaria.

Foto0032

Por certo que como di Adrian, un dos meus compañeiros, tendo en conta o prezo dunha habitación sae máis a conta ir durmir ao Hilton e voltar pola mañá a recibir o tratamento.

Pódese deducir do menú que ter un neno aquí sae por 1319$ (886.897€), médicos e enfermeiras aparte.

Wednesday, January 9, 2008

I'm back

Pois si, non teño moi claro onde pero nalgures debo estar de volta.

Foron unhas vacacións breves pero intensas, que diría un que eu sei. Foi bo vervos a todos os que vos puiden ver e, evidentemente, a algúns non cheguei e en todos quedei curto na cantidade de tempo adicada.

Como as palabras non dan para relatar voume quedar coas fotos que valen un mundo. Os vídeos mandareinos por correo que non quero arruinar a vida a ninguén.

Compostela Christmas 2007 032

Compostela Christmas 2007 056

Compostela Christmas 2007 088

Compostela Christmas 2007 089

É cousa miña ou hai un que sae en todos lados?

En fin, será o que ten ter fotoxénico... Houbo, teño, moitas máis que chegarán polas vías reglamentarias. Aínda que as fotos corresponde á etapa das vacacións que pasei en Compos, moitos outros entre familia e amigos estivechedes presentes e se agradece.

Vémonos na próxima!

P.S. Saúdos a miña curmá Loli que o pediu expresamente, a ver se na próxima merco algunha colonia ou máis Ron Quina :)