Hai un feito moi interesante do que poucos saben e é que o mellor xeito de formar ateos é darlles educación relixiosa.
Déixovos uns cantos vídeos, en inglés para que vaiades practicando, ao respecto. O tema vai de cristianismo por aquilo de que meterse co Islam é case tan perigoso como meterse co bobón.
E para rematar un pouco de kultura americana da boa, un monólogo de George Carlin. Un monologuista que, ademais de facer interesantes análises da sociedade yanki, foi o primeiro en dicir ¨fuck¨ na TV. Faleceu hai catro días, sirva de homenaxe, pois.
Thursday, June 26, 2008
As cousas claras
Posted by Ignacio at 5:28 PM
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
Realmente bo. Cumpre a homenaxe.
(reafírmome na miña veneración a estes seres con micro en man e verba directa,neles creo e crerei)
Sempre tiven as miñas dúbidas sobre a verdadeira historia de Humpty Dumpty.Aprendéronme a canción cando tiña catro anos e co tempo cando descifrei a letra non me convenceu nadiña que un ovo caera dun valado e que os homes de El-Rey non puideran recompoñelo, cantar as desgrazas dun ovo sen sabelo, cousas da infancia.
Seica o do home invisíbel tamén comeza cun Once upon a time pero convence máis á audiencia xeración tras xeración. Cousas da recepción literaria, hai argumentos como o do plan divino que venden e pouco se cuestionan...
Post a Comment