Wednesday, April 2, 2008

Aínda sigo vivo!

O que pasa é que con isto de ter que estudar para o posgrao da UB non me queda tempo para adicarlle ao bló. De feito, para que vos fagades unha idea do meu sufrimento, nos últimos días teño esta cara:

detalle cara

Iso si, cando non me dá polas caras, o miña mente inquisitiva e aguda lévame a chocar frontalmente coa estupidez humana. A estupidez humana é un rasgo presente en maior ou menor medida en todos os membros da especie, con varacións en función do contexto, claro. Cómpre engadir que algúns teñen un grao máis elevado cá outros, e de entre os sobresaíntes hai algúns que chegan a postos directivos desde os cales poden formar aos novos estúpidos do futuro así como incrementar a manifestación da estupidez entre os seus subordinados.

Esta obvia disertación relaciónase cun evento exemplarizante do fenómeno en cuestión. Como é ben sabido en chicago no temos metro, pero temos un tren elevado con algunhas liñas subterráneas no downtown que para o caso é o mesmo cun metro. Ademais Chicago, como cidade moderna, cosmopolita e multicultural NON ten un programa de reciclaxe (ehem) para o lixo doméstico.

Pero, unha alma caritativa e concienciada decidiu que aforrar un pouco de enerxía no tema dos residuos debía ser boa cousa así que optou por botar unha man no tema mediante o contentor intelixente.

Photo0553

O trebello é unha lixeira de toda a vida pero cun émbolo encargado de compactar a merda de xeito tal que ocupe menos. Non recicla pero polo menos diminúe o volume dos residuos. Ademais ten a particularidade ecolóxica de que, como podedes ver na foto, funciona con enerxía solar.

Até aquí sen queixa, pero é que como podedes ver de seguido, o lugar escollido para situar o chisme non foi o máis axeitado dadas as condicións operativas que require todo enxeño solar:

Photo0552

Pois si, iso é o que parece: unha estación de metro ou subterránea.

En fin, só vos digo que aquí se deseñan bombas intelixentes...

6 comments:

a.ma said...

Buah!que horterada de liña fucsia (?) viva a liña verde!
Buah! que careto meu deus!
Buah!acabo de chegar do concerto...este home é o p. xefe.
Bicosssssss

Anonymous said...

E viva a UB e o metro toupa, fóra os elevados eses...

Anonymous said...

No nos bastaba con los videos impersonales de youtube, y ahora te dedicas a hacer fotomontajes cutres caseros. Que se ve a leguas tio. Nos vemos pronto.

Menos photoshop y más trabajar.

Ignacio said...

De fotomontaxe nada, a papeleira solar compresora de lixo está nunha para subterránea onde non chega un raio de sol nin por despiste.

Xúrocho por Marx (Groucho).

Anonymous said...

Percévese ese estilo cadavalesco na disertación. Muito millor que as receitas cunha soa vogal.

AnnaRaven said...

Pero no Fermilab...
Er... vale, xa calo