Monday, October 13, 2008

Os bonobos, a promiscuidade e a paz mundial (Actualizado!)

Uns dos animais máis interesantes na complexa tarefa de comprender aos seres humanos sen prestarlle atención as humanos, son os Bonobos (Pan paniscus). Aínda que confundidos durante moito tempo co chimpacé común (Pan Troglodites), estes on unha especie diferente. Para comezar, o bonobo pode considererse máis proporcionado nas súas formas, camiña ergueito un 25% do tempo e presenta características faciais moi individualizadas, o cal facilita o recoñecemento facial. Estes rasgos, entre outros, fan que moitos os consideremos os máis achegados aos seres humanos de entre os primates. Desgraciadamente tan só se atopan nos bosques da República do Congo o que os fai moi sensíbeis á destrucción do seu entorno. Un dos motivos polos que os bonobos son interesantes é pola súa dinámica social. A dos chimapancés é unha sociedade bastante violenta, tanto dentro como fóra do grupo, e atópase dominada polos machos. Pola contra, a dos Bonobos é unha sociedade controlada polas femias. Isto supón diferenzas moi interesante entre estas dúas especies, así, a súa reacción perante dun macho alleo é moi dispar. No caso dos chimpancés, o normal é que se produza un enfentamento violento que soe rematar na morte do invasor. Pero os bonobos presentan unha conduta ben distinta. Cando un grupo de machos ou de femias repara na presenza dun macho estrano, o normal é que prefiran comezar un acto sexual no lugar dun enfrontamento... Nunha aplicación literal do lema fai o amor e non a guerra. De feito o sexo representa un aspecto moi importante da súa sociedade. De Wall, un dos primatólogos que traballa con estes animais, definiu a súa conduta como sexo a cambio de paz. E esa é unha das claves importante para comprender a súa sociedade, non é que non exista conflito, é que estes animais cando aparece algún problema, prefiren unha solución pacífica a unha violenta. Ademais, nun artigo que encantaría a aqueles que din que homosexualidade é antinatural, Manson, Perry e Parsih (1997) describen actividades sexuais non destinadas á reproducción entre estes primates. Cómpre salientar que os bonobos practican sexo xenital cara a cara (femia a femia, macho a femia e macho a macho), bicos con lingua e sexo oral. Pero para os primatólogos, o exemplo dos bonobos é interesante non pola súa aparente promiscuidade senón por ofrecer a posibilidade de estudar unha sociedade rexida polas femias. O cal contrasta, entre outras, coa propia sociedade humana. De feito, desde un punto de vista antropolóxico, un podería chegar a suxerir que os bonobos son a proba de que unha sociedade rexida por mulleres sería máis pacífica. Certamente, os bonobos son en xeral máis pacíficos cá outros primates, en especial os chimacés comúns. Unha das condutas violentas que diferencia ambos grupos é a caza de monos, frecuente entre os chimpancés e en teoría ausente entre os bonobos. Mais, un artigo recentemente publicado en Current Biology, suxire que os bonobos tamén se organizan para cazar monos e rompe este tópico de non violencia. É esta unha proba de que unha sociedade rexida por mulleres sería tan violenta como a rexida por homes? Non sei, se cadra o de ter ou non ovarios é en realidade irrelevante para o caso (ver a única Miss que non quere a paz mundial)... Sexa como for, eu só quería falar dos bonobos. http://www.ted.com/index.php/talks/susan_savage_rumbaugh_on_apes_that_write.html

2 comments:

elunicopiny said...

Cazar monos non é violento, é supervivencia.

Agora que xa nos estamos a parecer ós bonobos; pero sólo polas noites, cando estas de esmorga nas discotecas e o primerior que fas ó ver un amigo e darlle unha aperta, e ó ver a unha descoñecida tentar ter sexo con ela.

Por iso as mulleres son as raiñas da noite.

Pier Paolo said...

a verdade que a paz na sociedade mandriliana non se produce por un matriarcado se non por unha liberdade sexual envexable. Así que non bastaría con que a nosa sociedade fora dominada por un matriarcado, se non que todos os nosos problemas foran solucionados co sexo.

asín pedir un aumento, asistir a unha revisión de exames ou mediar nunha liorta na rúa, tería consecuencias ben distintas; non falemos xa dun xuicio, dunha multa da policia montada......

a conclusión penso que non se da nunha sociedade dominada por un xénero ou otro, se non que a importancia radica en eliminar a tensión sexual como instintiva predominancia xenética sobre competidores potencialmente vistos coma usurpadores. e penso que é un dos instintos mais arraigados, estando relacionado directa ou indirectamente co da supervivencia.