Wednesday, October 8, 2008

Máis cousas que non precisades (ou si)

Hoxe dúas cousiñas, todo por portarse ben.

Costco, lugar sen equivante en Europa, pensade nun Lidl onde podes mecar un carro, un portátil, medicinas, gafas graduadas, sacas de comida de 20kg, un cabellete de pintor feito na china, un ataúde (non é coña), caixas de condóns con cincuenta profilácticos... Ao que ía, que Cotsco, o supermercado total, ofrece algo indispensábel nos duros tempos que corren, serve tanto para catástrofes naturais como para cando o diñeiro de papel deixe de ter valor. Trátase dun kit de comida de emerxencia.

Por tan só 85$ obtedes 275 racións de comida (sendo esto yankilandia iso tradúcese en 700 millardos de racións no mundo civilizado), todas elas vexetarianas pero con vitaminas, unha capacidade para durar 20 anos e un envase a proba de catástrofes naturais. Ah, ademais as comidas son moi sinxelas de preparar, aspecto tamén importante... Deixo o link por se hai interesados, pero notade o aviso de que debido á enorme demanda vaivos chegar con retraso, pero vaia, mellor tarde cá nunca http://www.costco.com/Browse/Product.aspx?Prodid=11219554

E, completamente non relacionado co anterior, non tedes notado que os nenos de hoxe son incluso máis malcriados cá nós? Pois non se trata do típico rollo xeracional, non. A explicación é sinxela, os seus xoguetes son moito mellores cós nosos.

Se non me credes ollade para isto.



Pois si, un bebé tricerátops robótico!

Conste que, coma os nenos, quedei moi decepcionado ao descubrir que non camiña. Desde aquí quero facerlle unha petición a Hasbro para que na versión 2.0 implimenten o movemento. Non sei vós, pero eu perante a posibilidade de ir ao traballo no meu propio dinosauro deixaría de empregar calquera outro medio de transporte, incluídas as miñas pernas.

PS Obrigadiño por todas as mensaxes (chats, sms, conversas, emails) de aniversario, fixéronme ilusión!

2 comments:

Anonymous said...

Sabor orixinal de freixa artificial.
Queimaduras linguais fruto da intempestividade.
Almorzos incompletos.
Baixóns de azucre ao sair da clase.
Tostadoras co temporizador desorientado.
Almorzos carbonizados.

Ghrasias meu, cánto tempo.

a.ma said...

haha
non, moita velocidade non colle mais é riquiño
obrigada de volta, Poe está ben e os twist tamén
beijos!