Saturday, October 25, 2008

Ela non o merece

A verdade é que me gustaría non adicarlle tantos post, pero é que a fanática relixiosa que vai con McCain semella estar disposta a amosar a súa ignorancia sen vergoña... algo por outra banda bastante normal nos ignorantes.

Pero fagamos un pouco de historia: McCain xa desatou as iras da comunidade científica cando, no segundo debate presidencial, acusou a Obama de gastar 3 millóns de doláres nun proxector de vídeo para un planetario en Chicago. Resultou que o planetario era o Adler, que nunca recibiron o diñeiro e que os tres millóns era só parte do presuposto que precisan para mercar un novo proxector de estrelas en sustitución do Zeiss Mark VI con 40 anos de antigüidade. A maior parte dos visitantes do Adler son nenos e ter a posibilidade de empregar un proxector híbrido con capacidades de proxección dixitais e ópticas permitiría impresionar aínda máis aos xoves e, se cadra, interesar a algún deles pola ciencia. Ademais, cada vez é máis complicado atoparlle repostos ao venerable Mark VI.



Unha vez aclarado o tema, vaia que McCain dixera unha medio mentira pero iso é o que fan os políticos, chegou o terceiro e último debate presidencial. McCain acusou a Obama exactamente do mesmo, coa única diferenza de que agora Chicago era unha pequena vila...

Pero non é de McCain nin de proxectores do que vai este post, vai do estúpida que é a candidata a vicepresidenta. Por se non o sabedes a criatura recentemente tivo a ben traer outro neno ao mundo, o cal ten síndrome de Down (algo común nunha nai de máis de corenta). Iso fai, por suposto, que ela sexa automáticamente unha experta en necesidades especiais e seica en investigación.

Recentemente tivo a ben soltar esta perla:



Para os que non estades postos no idioma morón, traduzo (non sen certa dificultade):

De calquera xeito, onde rematan os nosos fondos (públicos)? (...) Vós tedes escoitado algo sobre eses proxectos que non fan ningún senso e algunhas veces eses doláres van a proxectos que ofrecen pouco ou ningún beneficio público. Cousas como investigacións en moscas da froita en Paris, Francia. Non estou bromeando!



A aclaración "París, Francia" di moito tanto da que fala como da audiencia. Hai cidades que son máis coñecidas có páis no que se atopan, e creo que París é unha delas. Pero cómpre non distraerse, as moscas da froita non son ningunha tontería. Sen elas, por exemplo, ningún dos tratamentos farmacolóxicos destinados a destruir tumores existiría. Ademais de que as moscas da froita comparten connosco tanto xens como moitos dos mecanismos clave de regulación da expresión xénica; iso permite facer avances nese eido sen ter que andar a empregar humanos para ese menester.

Supoño que Saraha Palin considera que os biólogos moleculares perden o tempo e malgastan cartos traballando con modelos animais non humanos, desgraciadamente, a comunidade científica non está disposta a someter nais a mutacións para observar os efectos destas nos seus fillos, normalmente contádoos en rodaxas... Pero se atopa por aí alguén disposto a matar bebés humanos, ese é o seu tipo de científico.

Claro que se cadra o que deberamos facer deixar de gastar cartos en calquera tipo de investigación, e poñernos a rezar para que o seu deus o arranxe todo.

Sinxelamente estou abraiado de como unha persoa pode ser tan ignorante, cega e pretenciosa... Sobretodo tendo en conta que falamos de alguén que cree nas meigas, na convivencia entre humanos e dinosauros ou en que a Terra foi creada onte.

2 comments:

Anonymous said...

Pa historia friki la de la voluntaria de McCain a la que un negraso le dibujó una "B" (de Barack)a cushillo limpio. Que artista, que la puso al revés...esto debe ser por la falta de escolarizacion entre los jóvenes afroamericanos.

Ahora resulta que la "B" apareció sola mientras conducía y ta en prision por mentirosa (datos del polígrafo aún no son públicos, je, je). Y los republican-supporters insinúan que la detras de la conha andan los de Obama.

...

Acabo de leere oitra novidade sospeitosa, disque han visto a la agüela de Obama en trampolin del backyard de su casa. Non hai morales.

Chícharo said...

a verdade é que cando unha candidata demagóxica, retrógrada (creo que comparte a corrente creacionista), censuradora e que se cree coa potestade pra decidir qué pode ou non pode ler cada un, preséntase a unha elección con posibilidades de gañar, demostra unha certa podremia na sociedade.

xa non soio son os gastos en vestidos e maquillaxe, a utilización do poder que confírelle o seu cargo para o seu uso persoal (coma o despido do seu ex cuñado do corpo de policía local nalgún lugar de Alaska), se non que esta muller, obxeto dunculto raro (coméntase que saiu por ahí nunha película juarrilla, jugando con los rusos) , parce un diamente en bruto o lado do propio Bush cunha muller, xa que estou seguro que ten conversas diarias con Deus, o que lle di que debe ou non debe facer.

e votar un Deus nunhas elección democráticas é un voto perigoso, porque os Deuses teñen o costume de soio preocuparse dos seus fieles castigando os bárbaros.