Como sabedes, no berce do capitalismo venden moita trapallada que a xente merca sen saber moi ben por que ou para que.
Algúns saen algo máis listos e hai que convencelos para que gasten os cartos. Normalmente para chegar aos elementos reticentes, o márketing dicta referirse a necesidades básicas como a reproduccón, alimentación, refuxo... Pero neste país hai algo que sempre vende: o patriotismo.
Polo tanto, se alguén precisa amosar o seu amor patrio e, ao mesmo tempo, apoiar a eses soldados que tratan de levar a democracia ás colonias pola forza, só ten que mercar un lazo inchábel.
Ademais nin tan sequera hai que tomar o esforzo de meterlle aire porque o fai el soiño, e ten luces.
Nada, se alguén precisa un que me avise.
Ah, está fabricado na China...
PS O neno foi devorado polo lazo despois da foto.
Friday, June 20, 2008
Cousas que non precisades
Posted by Ignacio at 8:55 AM
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
7 comments:
que ghuai. conectete logo ao messenger.
joe
A ver se podo, pensei que estabas de guarda o martes pero seica non.
:)
oi...o lazo non o quero pero un cravo inchábel ou unha estrela da bandeira patria..."para tunear o xardín os 25´s sinalados"...
apretinha!
(miña nai que calor vai por estas terras...voume dar á horchata)
De verdade que papouno!
Pobre pailán.
non o papou, non
Eu son máis dos lazos patrióticos made in Taiwan...
pero claro, en tendo luces... un non sabe se traizoar os seus principios de preferencias de sweatshops...
Post a Comment