As fotos tirounas Joey hai xa máis dun ano.
Poden non ser as mellores pero expresan un anceio compartido polos participantes:
KEEP MOVING!
As fotos tirounas Joey hai xa máis dun ano.
Poden non ser as mellores pero expresan un anceio compartido polos participantes:
KEEP MOVING!
Posted by
Ignacio
at
5:26 PM
6
comments
jesuita. (DRAE)
2. adj. coloq. Hipócrita, taimado. En algunos lugares de América, u. t. c. s.
Jesuit (Merriam-Webster D.)
1 : a member of the Roman Catholic Society of Jesus founded by St. Ignatius Loyola in 1534 and devoted to missionary and educational work
2 : one given to intrigue or equivocation
Posted by
Ignacio
at
7:45 PM
1 comments
Ven a ser iso que me permite, entre outras funcionalidades, non ver a televisión e poder vela ao mesmo tempo. Iso si, cando quero, como quero e na orde que quero.
Por exemplo sempre está ben que a un lle refresquen un pouco as ideas porque coa distancia hai certa tendencia a perder a perspectiva e logo pasa o que pasa. Así, a un poden entrarlle ánimos conciliadores e pensar iso de todo e con todos se pode falar. Probábelmente unha desas mentiras xesuiticas que a un lle meteron na cabeza en tempos máis inocentes.
Falo do "outro lado", perfectamente retratado nese formato que T-5 copiou no seu momento aos arxentinos e de cando en cando resulta moi ilustrador.
Posted by
Ignacio
at
5:34 PM
4
comments
- Do you know who is the prime minister of Spain?
- I dunno.
- Zapatero.
- A potato?
- Yeah, in Spain Mr. Potato rules you!
Posted by
Ignacio
at
8:20 AM
1 comments
http://www.xornal.es/article.php3?sid=20071012111311
se el o di todo eu xa non digo nada.
Saudos desde a cidade dos grandes ombreiros.
Posted by
Ignacio
at
12:51 PM
3
comments
Hai moitas cousas nos USA que non deixan de sorprenderme. Algunhas son para ben, outras para mal e outras non o teño moi claro.
Por exemplo esta receita para "preparar" un bocata non deixa de resultarme inquietante porque realmente non sei se é produto dunha mente perturbada ou dirixida a unha mente perturbada.
Así, diante desta foto:
Un non debera ter moitas dúbidas de como resolver o enigma de fabricar algo con este aspecto sempre que lle faciliten os ingredientes pertinentes.
Pero, believe it or not, hai un capítulo de "directions" onde nos explican paso a paso, como realizar de xeito correcto unha fazaña culinaria deste calibre.
O que me fascina é a frase final!
Non vaia a ser que, tralo esforzo e a coordinación necesaria para ensamblar o complexo prato, vaia esquecer o famento gourmet que debe colocar a metade superior do bagel e, deste xeito, dar fin ao ciclópeo proceso.
A parte rara do asunto é que un nativo me facilitou isto pensando que o atoparía interesante para o meu blog.
Si, son capaces de rir de si mesmos. Bo sinal.
Posted by
Ignacio
at
7:14 PM
4
comments
Eu son un gran fan de ese pedazo de humorista galego que tivo a ben irse a Madrid para ensinarlle a España en que consiste ser realmente gracioso.
Por iso, interpretei as súas palabras do xeito axeitado, como tamén fixeron os de El Terrat.
Como a cousa era poñer símbolos aí vai o meu.
Posted by
Ignacio
at
6:53 PM
3
comments
Primeiro aniversario fóra da casa e non estivo mal: música, moita xente, visita da policía (que neste país aparece para ver se alguén se está a matar, iso si, de catro en catro en con chaleque), torta xigante hiperazucarada propia dos EUA e pouco máis.
Seleccionar as fotos non foi nada sinxelo pero aí vai:
Aquí unha suxerencia de Mark (psicólogo californiano) para que a TV non estropease o ambiente, poñer unha bandeira cubrindo a pantalla. A xente normal non soe ter bandeiras na casa pero...
Aínda que na foto non o semella tamén houbo xente. Como o tempo acompañou establecéronse dous espazos, un no salón eu outro no deck-balcón. Desgraciadamente non teño fotos do balcón, onde os fumadores eran desterrados sistemáticamente pero o salón luciu así nalgún momento (ao principio cando perdín o tempo tomando fotos).
Ah, o de melenas é Mark e dous rapaces de "pelo curto" son Serguei (outro psicólogo, este ruso) e un amigo seu (cun nome ruso). Ao fondo Fernando (profesor de español nun instituto) e unha psicóloga española FPU a piques de rematar a súa tese... E de emigrar.
Xa, a min tamén me chamou a antención a cantidade de... españois na festa, non soe ser habitual, que conste.
Pouco máis nenos, en xeral satisfeito co resultado, houbo realmente moita xente (só catro dos cinco continentes estaban representados) pero... (sempre hai un pero) segue a botársevos de menos.
Unha festa na Gz é moito mellor!
Posted by
Ignacio
at
8:53 AM
8
comments
Como bo funcionario do estado (de Illinois) que son, adico parte do meu tempo a ler o xornal. Desde que cheguei aquí recoñezo que a realidade política española comeza a semellar un mal sono produto da inxesta incontrolada de ácido lisérxico.
De feito creo que dagora en adiante debera perseguirse: o consumo de cocaína polos deputados do PP e o consumo de cocaína e alcol do malo por parte dos membros da xudicatura.
Evidentemente os do PSOE debe estar moi ocupado mezclando porros con cocaína e alcol para non facer nada máis que mirar diante deste espectáculo...
Saúde e terras!
Posted by
Ignacio
at
5:04 PM
4
comments
Ser río en Chicago non é cousa sinxela, menos aínda se a un lle tocou a dubidosa sorte de ser canle artificial con aspecto de río. Sinxelamente iso cónverteo a un nun vertedoiro de lixo con bo aspecto. E ben pensado, postos a ser un vertedoiro é mellor ter bo aspecto.
Unha das queixas máis comúns que lles toca soportar aos que me rodean é a miña constante mención á auga e a ir en canoa como xeito de evasión. Nunca na miña vida pasei tanto tempo nun mesmo sitio, sen moverme da cidade que por ser grande non deixa de ser un lugar agobiante onde todo vai rápido.
Afortunadamente as miñas queixas foron escoitadas e Deanna, unha amiga que estuda Neurociencia en Northwestern (unha das mellores do mundo, todo hai que dicilo), decidiu sacarme de paseo na canle de Skokie, unha localidade cercana a Evanston e a Chicago.
Cando un chega ao río en cuestión, que no é río, todo semella bastante correcto con árbores verdes, moitas aves e ese son característico da auga a fluír.
Pero un ten a sensación de que por moi disimulado que estea o asunto ao final resulta que realmente a canle-río é so un xeito de mandar o lixo fóra, iso si, dun xeito moi axeitado.
E ben, como as imaxes sempre son mellores cás palabras cando se trata de ilustrar, toca colgar algunhas fotos:
Aquí unha das moitísimas garzas que saíron ao noso paso.
As tartarugas tamén foron un elemento constante da viaxe, recoñezo que lle deron un raro aire de familiaridade ao asunto.
Como poñer fotos dos bichos e non das persoas queda entre feo e raro, esta é Deanna.
E este un fulano con pinta de terrorista-despeluxado que se colou na canoa (e leva o chaleque mal posto).
Ah, e isto era o responsábel do aspecto "saudábel" da auga.
Posted by
Ignacio
at
7:20 PM
6
comments
Tiña intención de escribir dous posts hoxe e os dous fican non-natos por problemas técnicos.
Espero ser quen de arranxalos para mañá.
P.S. Un está xa publicado, a ver que pasa co outro...
Posted by
Ignacio
at
4:10 PM
1 comments