Monday, October 1, 2007

Como nunha metáfora

Ser río en Chicago non é cousa sinxela, menos aínda se a un lle tocou a dubidosa sorte de ser canle artificial con aspecto de río. Sinxelamente iso cónverteo a un nun vertedoiro de lixo con bo aspecto. E ben pensado, postos a ser un vertedoiro é mellor ter bo aspecto.

 

Unha das queixas máis comúns que lles toca soportar aos que me rodean é a miña constante mención á auga e a ir en canoa como xeito de evasión. Nunca na miña vida pasei tanto tempo nun mesmo sitio, sen moverme da cidade que por ser grande non deixa de ser un lugar agobiante onde todo vai rápido.

 

Afortunadamente as miñas queixas foron escoitadas e Deanna, unha amiga que estuda Neurociencia en Northwestern (unha das mellores do mundo, todo hai que dicilo), decidiu sacarme de paseo na canle de Skokie, unha localidade cercana a Evanston e a Chicago.

 

Cando un chega ao río en cuestión, que no é río, todo semella bastante correcto con árbores verdes, moitas aves e ese son característico da auga a fluír.

 

Pero un ten a sensación de que por moi disimulado que estea o asunto ao final resulta que realmente a canle-río é so un xeito de mandar o lixo fóra, iso si, dun xeito moi axeitado.

 

E ben, como as imaxes sempre son mellores cás palabras cando se trata de ilustrar, toca colgar algunhas fotos:

 

Aquí unha das moitísimas garzas que saíron ao noso paso.

IMG_0405

 

As tartarugas tamén foron un elemento constante da viaxe, recoñezo que lle deron un raro aire de familiaridade ao asunto.

IMG_0410 IMG_0426

Como poñer fotos dos bichos e non das persoas queda entre feo e raro, esta é Deanna.

IMG_0422

E este un fulano con pinta de terrorista-despeluxado que se colou na canoa (e leva o chaleque mal posto).

IMG_0403 

Ah, e isto era o responsábel do aspecto "saudábel" da auga.

IMG_0430

6 comments:

Amarantear said...

Resulta ben agradabél ver un río no blog e máis comprobar que hai tartarugas. Cousas de que unha lle teña agarimo a estes animais. Porén todo isto quédome con outra cousa: a declaración de principios incluída nun recadriño. Ser antimonárquico o sábado resultou ben difícil nesta grande cidade. As amigas mexicanas estaban moi interesadas en coñecer a función real da monarquía. No canto de responder, rematei falándolles do bonita que era Galiza.
Levo pouco tempo aquí pero teño a sensación e a necesidade de respirar ar puro 100%. Vivir aquí semella como tar metida nunha desas bolas con neve do Nadal. Agardo que nalgún momento eu tamén poida atopar o meu río.Sen tartarugas, tampouco cómpre pedir demasiado.

Ignacio said...

Pois si, sempre se agradecen os ríos de cando, incluso os de mentira.
A pregunta da función da monarquía é bastante habitual tamén aquí. O que me gusta é cando explico que o rei é o sucesor designado por Franco e algún despistado me pregunta: "entón o rei foi posto por Franco, pero que ten de malo o actual rei". Sinxelamente para eles é inimaxinábel que alguén designado por un dictador fascista siga como xefe do estado nun país europeo no s XXI

Meripousita said...

Tío, estás a quedar nos ósos (leva til en galego?)... !!! menos mal que volves dar sinais de vida. Bicos from la tierra del agua

Loli said...

Felicidades da túa prima Loli, espero que cumpras moitos máis asi de ben. Sempre que teño un anaco de tempo libre leo a túa paxina; así que pon máis cousas no blog para ternos máis informados. sen máis unha aperta e moitos bicos. Deica.

Ignacio said...

Co saudábel que é a comida sopréndeme que alguén me vexa delgado, pero ok, andarei con ollo (oso sen til é un animal en galego, así que perfecto María).

Ola Loli, brigadiño polos parabéns. Sempre é bo saber que alguén máis da familia pasa pola páxina.

Marcho comezar o día.

paideleo said...

Na miña estadía por terras carolinianas xa comprobei o aspecto podre dos ríos todos. Pero sempre había tartarugas e garzas.