Thursday, October 11, 2007

País de relaxados

Hai moitas cousas nos USA que non deixan de sorprenderme. Algunhas son para ben, outras para mal e outras non o teño moi claro.

Por exemplo esta receita para "preparar" un bocata non deixa de resultarme inquietante porque realmente non sei se é produto dunha mente perturbada ou dirixida a unha mente perturbada.

Así, diante desta foto:

Birthday Party 026

Un non debera ter moitas dúbidas de como resolver o enigma de fabricar algo con este aspecto sempre que lle faciliten os ingredientes pertinentes.

Pero, believe it or not, hai un capítulo de "directions" onde nos explican paso a paso, como realizar de xeito correcto unha fazaña culinaria deste calibre.

baggel

O que me fascina é a frase final!

Non vaia a ser que, tralo esforzo e a coordinación necesaria para ensamblar o complexo prato, vaia esquecer o famento gourmet que debe colocar a metade superior do bagel e, deste xeito, dar fin ao ciclópeo proceso.

A parte rara do asunto é que un nativo me facilitou isto pensando que o atoparía interesante para o meu blog.

Si, son capaces de rir de si mesmos. Bo sinal.

Technorati Tags: , ,

4 comments:

marmotilla said...

Hombre, a mí me gustaría aprender a doblar el jamón con ese estilazo... :D

paideleo said...

Nese país está todo especificado e con instruccións non vaia a ser o conto de que haxa un accidente.
Eu botei unha tempada traballando no "Pret a manger" en Londres que é unha sandwichería e tiñamos as instruccións para facer tódolos bocatas e as "scoops" correspondentes para cada medida de prebe no sandwich. A alfalfa viña de España pero como non coñecían ese produto exótico estaba escrito "alfa alfa"...This was so funny...
Un saúdo dende a vila da néboa.

Anonymous said...

eh tío, inda vas polo laboratório dos ratos ou andas absorbido pola tua nova labor de antropólogo? Conétate hoje.

crispress said...

É que teñen un protocolo para todo, e non en todas partes estamos afeitos a facer un bocata cun donut!