Saturday, October 6, 2007

Happy Birthday!

Primeiro aniversario fóra da casa e non estivo mal: música, moita xente, visita da policía (que neste país aparece para ver se alguén se está a matar, iso si, de catro en catro en con chaleque), torta xigante hiperazucarada propia dos EUA e pouco máis.

Seleccionar as fotos non foi nada sinxelo pero aí vai:

Aquí unha suxerencia de Mark (psicólogo californiano) para que a TV non estropease o ambiente, poñer unha bandeira cubrindo a pantalla. A xente normal non soe ter bandeiras na casa pero...

Birthday Party 009

Aínda que na foto non o semella tamén houbo xente. Como o tempo acompañou establecéronse dous espazos, un no salón eu outro no deck-balcón. Desgraciadamente non teño fotos do balcón, onde os fumadores eran desterrados sistemáticamente pero o salón luciu así nalgún momento (ao principio cando perdín o tempo tomando fotos).

Birthday Party 016

Birthday Party 015  

Ah, o de melenas é Mark e dous rapaces de "pelo curto" son Serguei (outro psicólogo, este ruso) e un amigo seu (cun nome ruso). Ao fondo Fernando (profesor de español nun instituto) e unha psicóloga española FPU a piques de rematar a súa tese... E de emigrar.

Xa, a min tamén me chamou a antención a cantidade de... españois na festa, non soe ser habitual, que conste.

Pouco máis nenos, en xeral satisfeito co resultado, houbo realmente moita xente (só catro dos cinco continentes estaban representados) pero... (sempre hai un pero) segue a botársevos de menos.

Unha festa na Gz é moito mellor!

8 comments:

Amarantear said...

O noso salón barcelonés ten un cadro moito mellor e unha decoración digna de revista El mueble...
Case que eu tamén botei algo en falta á minha comunidade galaica nas miñas dúas celebracións.

Meripousita said...

Feliz cumpleanos Nacho!!! nótoche un pouco morriñento

amauta said...

saudos e a pasalo ben

Miguel Rivero said...

Parabéns pra você! A destempo, como sempre. É o que tem viver na idiócia. Grande abraço.

Anonymous said...

Feliz cumpleaños!! Un poco tarde, pero qué le vamos a hacer... Un abrazo, Elina

Gabriel said...

Hostia! Fue Javi a chicago! Está en la última foto...

... a no, calla, que dices que es un colega tuyo ruso...

paideleo said...

Parabens tardios !.

joe said...

¿pero el abuelo está en canarias o en chicago?...gabi tiene razón, la sonrisa de pillo es la misma...