Wednesday, May 16, 2007

Serebroooooooooo


Como Joey estivo a facer ben o seu traballo rematei por variar a miña orientación desde a Neurociencia máis biolóxica á máis cognitiva.

O tema da neurociencia resulta bastante sinxelo en orixe: se asumimos que todos os cambios observábeis nun organismo son debidos a cambios físicos propio organismo, estes cambios deben poder ser medidos e postos en relación. Así, do mesmo xeito que o movemento depende da flexión e extensión coordinada dunha serie de músculos; a mente e o comportamento deben depender de cambios na estrutura que consideramos responsábel dos mesmos: o Sistema Nervoso Central.


Até aquí ninguén soe poñer moitas pegas, sempre que un se limite a estudar as bases fisiolóxicas da percepción, a aprendizaxe, a memoria... ou, como é o meu caso, as bases dunha doenza psiquiátrica cun diagnóstico concreto baseado na presencia ausencia de certos síntomas.

Con todo, se calquera experiencia humana debe ter o seu substrato en cambios no SNC, iso inclúe tamén os episodios místicos e as vivencias cercanas á morte.


Pero claro, neste punto a cuestión complícase bastante. Por unha banda temos a tropa de imbéciles (todo o meu respecto para os imbéciles) de Iker Jimenez gañando diñeiro a base de confundir ciencia coa súa propia imbecilidade... E por suposto temos a todas as personas que consideran eses aspectos da existencia como vencellados á alma e polo tanto fóra de todo posíbel enfoque científico.

A cuestión é sinxela, desde o momento en que non hai xeito de poñer a alma dentro dun aparello de resonancia magnética ou laminada debaixo do microscopio, a ciencia non se interesa nela como tal. Mais si cabe debaixo da óptica científica os cambios do SNC cando se atopa baixo o influxo deste tipo de episodios.

Tras este peñazo, a parte interesante do artigo. Adxúntovos tres papers (grazas Joey outra vez), con investigacións ao respecto do tema. Para os non iniciados tentade quedarvos coa música e ignorade os palabros máis raros.

Have fun.

Artigo 1

Artigo 2


Artigo3

1 comment:

Anonymous said...

Ui...a alma. Que é o que é?
Houbo quen dixo nun filme que pesaba 21 gramos.
E eu cando me meteron nun donut xigante pra facerme un TAC estiven un anaco preocupada por se alcanzaban a ver de máis e descubrían sentires agochados...