Thursday, May 17, 2007

O día das letras Galegas!


Se non chega a ser por un bo galego que me avisa (graciñas, Galileo galiciano), nin me tería enterado. E iso que sei a data!

Supoño que llo adicarán a alguén con moito mérito e que seguro vendeu moitos libros nos liceos este ano. Pero a min dáme bastante igual. Tal día como hoxe aproveito para reclamar o día das letras galegas para un gran nome ignorado da nosa literatura: o señor Ricardo Carvalho Calero.

Ignorarnos e transfigurar o noso pasado sonche uns deportes moi practicados no noso país, especialmente cando un adica a súa vida e a súa obra a Galiza. Así grandes figuras galegas atópanse tan deturpadas que, por exemplo, Castelao pode ser reclamado como ideólogo de calquera dos partidos que actualmente compoñen o parlamento galego.

Mais estou a perder o rumo, Carvalho Calero non foi distinto niso, e este magnífico lingüísta, escritor e avogado foi sileciando, ocultado e negado polo oficialismo até tal punto que prefiren adicarlle o día das letras galegas a calquera antes cá el. Con sorte adicaránllo antes a Fraga...

Corto e pego da wikipédia (o resalte é meu):

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 - Compostela, 1990) foi um filólogo e escritor galego do século XX, o primeiro Catedrático de Língua e Literatura Galegas, considerado o grande pensador do reintegracionismo lingüístico.

Escritor, nacionalista, teórico do reintegracionismo e professor universitário, é uma das figuras mais proeminentes do universo intelectual galego do século XX. Nascido no bairro de Ferrol Velho, em Ferrol, no seio de uma família acomodada, participa do republicanismo estudantil da FUE, e nas mobilizações que esse sindicato lança contra a ditadura de Primo de Rivera. De formação jurista, posteriormente complementada com o curso de Filosofia e Letras, elabora parte do rascunho da proposta estatutária apresentada pela Assembleia de Municípios de 1932 e colabora com o nacionalismo de esquerda organizado ainda de maneira precária na Esquerda Galeguista e nas publicações Claridad e Ser.

Após o golpe de estado fascista de 1936, faz-se combatente voluntário em favor da República, caindo preso durante anos, sob a acusação de "separatista".

Publica a primeira História da Literatura Galega, sendo o primeiro catedrático de Galego na Universidade de Santiago de Compostela, onde culmina a sua carreira profissional. Comprometido na elaboração teórica e na expansão prática da proposta reintegracionista através da Associaçom Galega da Língua, fundada em 1981, é excluído e censurado pelo oficialismo cultural surgido da instituição autonómica cedida pelo Estado espanhol à Galiza a partir desse mesmo ano. Ele próprio explica que a censura se deve a "professar, em matéria de língua, as ideias de Castelao", em relação à sua firme defesa da unidade lingüística galego-luso-brasileira, mantida já antes de Carvalho não apenas por Castelao, mas também por Manuel Murguia, João Vicente Biqueira, os irmaos Vilar Ponte, Jenaro Marinhas del Valle ou Ricardo Flores e, em geral, o movimento nacionalista galego que parte do século XIX e chega aos nossos dias considerando o galego uma forma do português falada ainda no berço onde nasceu, por volta do século IX.

Morre em Compostela em 1990. O silenciamento oficialista imposto à sua figura intelectual mantém-se após a sua morte e continua a dia de hoje, correspondendo ao movimento reintegracionista manter acesa a chama da sua memória.

Obra essencial por géneros

Poesia

* Trinitarias, 1928
* Vieiros, 1931
* La soledad confusa, 1932
* O silencio axionllado, 1934
* Anxo da terra, 1950
* Poemas pendurados dun cabelo 1952
* Calteiro de Fingoi, 1961

Colectâneas:

* Pretérito Imperfeito, 1980
* Futuro condicional, 1982
* Cantigas de amigo e outros poemas, 1986
* Reticências, 1990

Teatro

A sombra de Orfeo Farsa das zocas A arbre Auto do prisioneiro, 1971 Teatro Completo, 1982

Narrativa

* Gente da Barreira, 1950
* Scórpio, 1987 (antes da moda da Guerra Civil que vimos de pasar)

Ensaio

* História da Literatura Galega Contemporânea, 1963 (reedições em 1975 e 1976)
* Sete poemas galegos, 1955
* Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961
* Gramática elemental del gallego común, 1966
* Brevario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966
* edição de Cantares gallegos de Rosalía de Castro,1969
* Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1970
* Sobre lingua e literatura galega, 1971
* Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972
* Poesías de Rosalía de Castro, con L.Fontoira Surís, 1972
* Estudos rosalianos, 1977
* Problemas da Língua Galega, 1981
* Da Fala e da Escrita, 1983
* Letras Galegas, 1984
* Escritos sobre Castelao, 1989
* Do Galego e da Galiza, 1990 (Póstumo)
* Umha voz na Galiza, 1992 (Póstumo)



Como podedes ver non foi precísamente moi prolífico (ironía), e pódese considerar un autor pouco dado a cultivar distintos xéneros literarios (ironía).

O caso de Ricardo Carvalho Calero é un síntoma, un síntoma do doenza que sufre Galiza!

Marcho traballar!

PS Lede algo seu e bebede un Lk por min, outro polo señor R C C e outro polo país.

3 comments:

Turonio said...

Encántame cando se fai referencia á súa militancia na esquerda galeguista pois é un dos fundadores e incitadores da Dereita Galeguista no 35 e protagonista do seu ideario ate o fin dos seus días. Si é que para terxiversar están ata os que acusan á oficialidade de esquecer, maquillar e pros tituír figuras históricas coma esta. E xa sei que non fuches ti, que é da wikipedia. Creo que me vou documentar e guerrear ese artigo. Promete polémica.
E bueno, non se se se lle ha adicar algún día as letras galegas. Era un erudito mui raro e difícil de entender. Ademais era lusistas dos de verdade.
Ás veces pósteme utópico e fas acordar en min o revolucionario choromicas que levo dentro.

Ignacio said...

As respostas argumentadas sempre son benvidas, ademais, ese artigo é un wiki, así que adiante para modificalo. De todos xeitos, o do día das letras galegas é unha cuestión de xustiza histórica (se tal cousa existe) ao fin, ten bastante máis méritos cá María Mariño (who?).

Antía said...

Non podo deixar de escribir neste post pola conta que me ten. Trala resaca do día das letras galegas todo volve ao regho...no día moita lecturiña dunha non moi acertada escolla,moito cravo repartido, moito alarde de galeguismo. Relembro aos lectores que vivo na cidade onde agora mesmo hai un paisano cuxo nome nin mento que dí presentarse polo "partido galeguista" co lema de "Nos gusta La Coruña" ou algho polo estilo.
Tolemias aparte...
Que si, que día das letras si.Que si, que haber se llo adican a quen cumpre e ata algún vivo...sería complicado pero non está mal a iniciativa. E que si, que limos, brindamos e curiosamente...si, hoxe luns aínda continúo falando en galego. Cousas de afacerse a unha lingua ;)