Monday, May 14, 2007

Algo se vai aprendendo


Pois si, ademais de a facer some biological stuff, aprendín cousas útiles para sobrevivir nestes lares. E como son un monte de virtudes todas xuntas, unha sobre outra, vounas compartir convosco.

Para comezar, dá igual o que esteas a pedir, se che preguntan se prefires a versión large di NON (como no anuncio das droghas). Vaia, a visión de grande neste país é semellante ao que nós consideramos demasiado grande ou monstruoso. Así que por moi boa que estea a batida, se vos preguntan pola opción large dicide NOOOOOON. En caso contrario o voso volume abdominal vaise resentir.

Como anexo ao consello anterior, preguntar pola opción small é perder o tempo. Non hai, con sorte haberá medium...

Outro elemento a ter en conta, hoxe vai de comida o asunto, é que se algo vos parece demasiado doce no voso país, aquí éo máis. Iso inclúe calquera alimento que pase polas vosas mentes, desde a Coca-Cola Light (Diet aquí ou de dieta se estás entre hispanos) a unha Turkey sausage, por exemplo.

E por último, algo que aprendín esta fin de semana. Se vos perdedes e rematades nun gueto negro non teñades medo, son boa xente en xeral. Iso si, se indo por un barrio negro vedes un branco: non fagades contacto visual, afastádevos del en canto podades e procurade vixiar os seus movementos. Os brancos que viven neses barrios SI son perigosos.

Non vos iredes queixar, cos consellos do bo de nacho chegaredes lonxe neste país. outro día que non teña nada que contar continúo.

Bicos

8 comments:

Martiño said...

Vaia, e eu que pensaba que xa ias advertido sobre o tamaño large dos alimentos en EEUU. Supoño que non viches Supersized me, unha película documental en plan Michael Moore, pero feita por un vexetariano que durante un mes se dedicou a comer só en McDonalds, e se lle ofrecían o tamaño xigante, estaba obrigado a comelo. O resultado foi que de ser unha persoa medianamente musculada duns 70 kilos, pasou a pesar noventa e quedou sen páncreas polo esforzo... Total, para que a xente continue indo a McDonalds...

O tema dos doces podía chegar a imaxinalo.

O de In memory of Adolf Hitler, foi unha foto de reportero intrépido, ou tiráchela de Internet... Porque se se trata do primeiro, felicítote pola túa facilidade de integración.

turonián said...

Vaia, que vai ser do Nacho que o quería todo ghrande ghrande ghrandirmo? Volverás sen aquela ilusión que se che puña nos ollos cando che preguntaban se querías a hamburguesa grande. Ese risiño de neno picarón timido que quere algo que non debe...
No dos brancos estou dacordo, a min sempre me caíron mal ;)

Antía said...

Entre estes consellos, as conversas sobre os States con Mark e Patri e as pelis que me está cadrando ver estoume a facer unha curiosa composición de lugar deses lares afastados.
Moitas das anécdotas e comportamentos dos autóctonos alí se repiten.
Teño tres lugares xa imaxinados:New York, L.A e o Chicago teu e de Carlos(por certo...segue a prestarme guías!).

Falando do Supersized me...impresionantes as caras de susto dos rapaces do instituto trala magnífica idea de miña nai de chantarlles a reportaxe,hai fotos.Esa semana levaron froita para o recreo (non sei canto duraría...)
O ghicho da foto semella sacado de American History X...asocio cada un destes "momentos e ghichos USA" a pelis...o cinema xa se sabe que é boa janela pra coñecer o que non se ten preto (e neste caso meenosssss mal,hehe), só teño en mente a un paisano coruñés de dubidosa tendencia política que leva...o facho tatuado cunha lenda "la torre que siempre nos ilumina"...sen comentarios...este meu xa e demasiado longo.
Cóidate,meu!

Doktor Reviratempos said...

I´ll always recall my white trash spring, and the scary white folks that do their thing / Strolling the ghetto, fresh in town, trying to avoid the gangbanger's frown / Over the styrofoam McDonald's trash, under the underpass where the homeless are stashed / Just me and my warm 40, gettin' liquored up, waiting for Nacho to join me / But he's late again, back in the lab, testing biogrentulative quistolorostaph

Rory Glass said...

Entón ti coñeces tamén ao Doutor Reviratempos?Eu cadrei con el en Compostela. Daquela quería que lle aprenderan os nomes das cousas no falar do país e andaba xa con moitos proxectos no maxín.
Saúdos aos dous.

Marta said...

Boas meu!

ya he visto tus consejillos... vale, recordar lo grande es mu grande, negros chachi, blancos chungo... creo que podré recordarlo, de todas formas cuando vaya a ir me tendrás que repetir todas estas cositas, que una es despistada!!!

Me alegra que ya te estés integrando...

Muchos besos!!

joe said...

O doutor reviratempos vese que coñece a materia ben, gangbangers e white trash, é moi politicamente incorrecto. Tas feito un "homey". Antonte vin a peli de Borat. Non sei se a viches pero recomendocha, ten algunhas escenas plaxiadas (como beber do WC como en "Les Visiteurs" ou adoptar unha postura tipo sodomia sen querer, por accidente). Botalle un ollo, igual ten leccions utiles.

Meripousita said...

Eu xa non sei que disir. Eso de large e small referido á comida xa o sabía, pero os teus consellos véñenme moi ben porque ó mellor vou en Xullo a San Antonio (ainda non sei cal é o estado, pero bueno todo será mirar o google)...