Thursday, May 10, 2007

Pasa moito


A verdade é que a miña vida vai tranquila e até monótona estes días. Hoxe ía ir cear sushi pero nin iso. En definitiva, nada que contar.

Por iso vou compartir unha páxina friki coas vosas ilustradas mentes. É unha web adicada a Rusia, ese gran país, feita por rusos para o resto do mundo.

Visitar a páxina serve para descubrir outro dos países interesantes para viaxar neste planeta... Eu preferiría viaxar a outros planetas pero nacín no século que non era.

Para que vos vaiades facendo unha idea de por onde van os tiros, no país do Kalasnikov, déixovos unha foto tirada da web e un link a un dos moitos artigos. Concretamente con fotos de francotiradores soviéticos na Segunda Guerra mundial (homes e mulleres, claro).
http://englishrussia.com/?p=905#more-905


6 comments:

Martiño said...

Impagables as dúas fotos. A primeira unha xenialidade que só se lle pode ocorrer a un ruso que teña contacto co mundo exterior. VIVE EN RUSIA, en vez de xogar a un xogo de rol post-apocalíptico. Simplemente xenial.

A segunda. Ele, ele, o neno columpiandose na batería antiaérea, ele, ele. E a nai alí observando o seu retoño con natural orgullo...

Moi boa entrada.

joe said...

Sempre pensei cos bagels eran holandeses, coma os pretzels (que xa comeras tamen, hainos con sal e con sal e chocolate). Bueno, polo menos en Amsterdam e o que comia cando tiña fame, e foi a conclusion a que cheguei dentro das minhas faculdades mentais naquel momento. A fase inicial da expansion do queixo Philadelfia polo mundo foi da man do bagel, non se entende un sen o outro, todo o demais e a maiores (mermeladas, sesamo, etc.).

Mais polemica e discusion...o de VIVE EN RUSIA, fala de RPGs... ¿roll-playing-game o rocket-propelled-grenade? ¿xogos frikis (freaks) occidentais ou una arma portatil de fabriciacion sovietica anti-carro blindado cunha expansion semellante a do Philadelfia en Occidente pero por toda Asia Central?

E xa por ultimo, ¿Philadefia?... ou milhor: Philadelphia, mais simetrico.

Reamtou a hora do cafe. As minhas saudaçons revolucionárias, Nacho-con-Queixo (NCQ) ... de Philadelfia?

Ignacio said...

Curioso como as armas poden ser tmn xoguetes, todo esta no xeito de velas, non Martinho?

Quedome co NcQ de Joey, un nunca sabe cando vai ter que facer camisolas.

Martiño said...

Pois si, pois si, gañei un owned, como din polos blogs e foros adiante. Non pensei para nada na coñecida arma soviética, e si nos xogos de rol, recoñézoo. E eso que fai tempo que non xogo a ningún... Curiosas, as xogadas que che pode xogar a mente...

joe said...

Tio por muito que lhe dou a actualizar a paxina non varia, saeme sempre o mesmo fulano de LIVE IN RUSSIA. O mercores ta Macaco na Quintana, con la mano levanta, xa sabes. E suspenderon, polo visto porque non puiden comprobalo, os concertos de Cervantes polo "Dezassete". De todas formas estaba atiborrandome de bolinhas que non bolachas de arroz con vexetables e queratina humana a esas horas, asi que non me ¿queixo?.

Antía said...

Joe...
si...con las manos levantaaadas
!hehehehe e si...suspenderon os concertos pola chuvia...que raro en Compostela, que raro que os técnicos de son nunca teñan un plan B que non sexan bolsas de plástico sobre os cables e mini carpas que non cobren nin a metade do escenario.
Que lles vaia ben bonito,rapaces!
:)