Thursday, May 31, 2007

Non tan listos


E eu que tiña preparado outro post sobre ciencia! Vaia, que a miña operación para dominar o mundo avanza sen grandes retrasos. Os yankis, alleos ao meu pasado, tiveron a ven remitirme o meu número da seguridade social, co cal xa podo abrir unha conta bancaria, cobrar e o resto de actividades que soe facer un ser humano nunha cidade.

Polo tanto, a partir de mañá podo mudarme, aínda que non o farei até o domingo por motivos técnicos, e a partir de mañá podo ter conta.

Como dato anecdótico, hoxe decidín mercar galletas? (bolachas? galetas? biscoites!?) no supermercado. Pero cada vez que estaba tentado por algunhas había un ser obeso ao lado como dicindo: "se comes isto vas rematar así". Total, pasoume como tres veces, así que rematei por coller unhas galletas? (bolachas? galetas? biscoites!?) con pasas, que non lle deben gustar a ninguén, porque non había xente.

E moitas outras cousas, pero estou vago :)


Ah, e un regaliño para os compañeiros xerontólogos ;)

Por outra banda, realmente o número da seguridade social ven nesa merda de papel que vedes na foto. Todo o mundo insiste en que é super secreto, que o memorice, que non llo diga a ninguén, etc. E penso facerlles caso, ademais o meu é moi sinxelo de lembrar hehe.

Mira que quedou desorganizado este post!

4 comments:

Anonymous said...

Bolachas de pasas...en fin...hehe

Unknown said...

meu,

me alegro de que haya un post nuevo... A ver si vamos poniéndonos las pilas que estamos un pelín vagos, eh? (coña coñita)

Me alegra saber que cuando ya no pueda ver bien (si es que alguna vez he visto bien) que cuando oiga peor (y al volumen que pongo la música será pronto) que cuando la sociedad me rechace por arrugadita y cascarrabias, siempre me quedará liarme con un jovenzuelo (del que podría ser abuela) que solo me querrá por mi dinero... estas cosas siempre reconfortan!!
Y sino ya séq ue negocio me ontaré sexogerontología que seguro que no hay,

Muchos besos y cuidate.

p.d. estoy orgullosa de ti, galletas con pasas (suena bastante puaj, todo sea dicho) peor has renunciado al pecado de la gula (por lo menos temporalmente)

Anonymous said...

Y al pecado de la lujuria?

Has renunciado al pecado de la lujuria? guiño-guiño

jejeje...

Anonymous said...

ola, escriboche, xq me fixo gracia o carne da ss, con outro nome, e decirche q existen unhas bolachas sen sucre, con pedaciños de chocolate negro, q estan para lamer as dedas, e non rematas, como o ianki medio. animo, hay un mundo que decubrir na comida light