Friday, June 1, 2007

O español: esa lingua marxinal


Resulta sinxelo escoitar noticias triunfalistas sobre a importancia numérica do español nos EUA, especialmente en medios españois. Normalmente este tipo de novas soen dar a impresión de que realmente o español, como lingua, é algo importante nestes lares. Dependendo do punto de vista, non hai nada máis lonxe da realidade.

Hoxe tiven dous interesantes exemplos. Pola mañá fun abrir a miña conta a CitiBank (por recomendacións variadas), non o notei pero mandáronme cunha axente que falaba español (era mexicana). Ao principio falei con ela en inglés e contestoume na mesma lingua, viu o meu pasaporte e seguiu en inglés, até que me explicou algo que non compredín e pedín que me repetise (tras máis de cinco minutos de conversa), entón díxome o mesmo en perfecto español, sorprendido pregunteille o motivo para non dirixirse a min en español directamente, a resposta foi: "moita xente oféndese".

Á noite fun cear a un restaurante bastante pintoresco, mexicano tamén (hai moito mexicano nesta cidade) onde serven peixe. É bastante malo para os estándares galegos, pero pódese pasar despois dunha semana carnívora. Na mesa de enfronte había catro rapaces con aspecto de mexicanos (polo menos de ascendencia), delatábaos especialmente as camisolas que vestían. Sorprendeume porque entre eles falaban en inglés, pero vaia poden ser nacidos en Chicago. Tamén falaron coa camareira en inglés, a pesar de ser hispana. Pero como en media hora, despois de bastantes bebidas alcólicas, estaban a falar en español entre eles, aínda así, cando se dirixían á camareira falaban inglés de novo, para continuar despois entre eles en español.

É sinxelo atopar unha explicación a todo isto. As novas na España non minten, o español ten unha gran presenza nos EUA dado que os hispanos son a primeira minoría do país. Pero teñen os peores traballos, viven nos peores barrios e teñen unha consideración social baixa. E isto connota o idioma que falan, por iso moitos deles prefiren desenvolverse nunha lingua de máis prestixio como é o inglés.

Un caso evidente de diglosia.

6 comments:

Meripousita said...

María Pouso (eu), dixo:
home, tamén está aquelo da diglosia. A mín pásame con frecuencia. Ainda que non digo que, no subsconsciente, estea a funcionar ese mecanismo que dís. Eso da asociación español-pobregentedelosarravales. Non sei, esto da lingua é moi complicado.

miguelrivero said...

Fantástica a anedota dos mexicanos que só se atrevem a falar espanhol entre eles quando estam bêbados. Castelao ficaria deliciado: lembras-te da "Cousa" dos dous marinheiros e o taverneiro?
É bom comprovar que a realidade, ainda hoje, supera à ficçom!

Marta said...

Pero es que las noticias en España son para empezar a escojonarte y no parar.

Titular "Marcha por el orgullo hispano en el centro de Nueva York" Comentarios "que estupendo, que maravilloso; porque ya era hora que esos cerdos yankis se enteren de lo que vale la lengua y cultura de Cervantes, porque esos mataindios que coño se han creído, y son unos paletos y bla, bla, bla"

Claro, ya me quiero imaginar yo cuando los inmigrantes bolivianos (pongamos por caso) hagan una manifestación en algún lado pidiendo que se les trate con igualdad "los machupichus estos que coño se creen, a recoger fresas y punto" y eso que estaba poniendo una población que comparte idioma, pongamos una población marroquí o subsahariana (que encima son negros!!!)

Fixo pufff!!! said...

As bolachas das pasas non teran copos de avena tamen? Xa estamos establecidos na nova casa, estou gorroneandolle o portatil a Pili. Tivemos duas tentativas de festa inaugural pero van quedar en boas ceas, creo.

Deberias buscar un soldo extra aproveitando o teu acento da peninsula. Soa mal, pero sei dun rapaz que co seu acento de Vigo acabou traballando de presentador nunha tele local hispana cando estivo un ano de intercambio, e logo tes o exemplo do presentador do strip-poker arxentino de Localia, que polo acento parece vigues. E como o mito do acento britanico volvendo tolas as rapazas yankees, disque tamen funciona na sua version hispanofila. Vemonos no messenger.

Antía said...

Veño dunha utopía lingüística na que non me desagradaría nin un bocadinho estar instalada.
Pares de linguas que comparten territorio...curiosas relacións.
Houbo que un día falou de bilingüismo , de seguro que estaba tentando imaxinar unha fábula porque xa sabemos que a realidade é ben rabuda.
Seica o Juanes, gran cantante e mellor letrista:), nuns Grammys latinos recolleu un premio lucindo unha camisola que dicía: "En español también hablamos"e cantamos e vivimos e comunicamos...e ...ui!pero se é o mesmo discurso, eu que cría que eramos por aquí moi orixinais e os únicos parias do mundo.

Vicisitud y Sordidez said...

Doy fe que, en un sitio megafashion - daquela maneira - de Chicago, el "Earwax", el camarero mejicano se ofendía si le hablabas en español, por aquello de ir de guais. Claro que, como en todo sitio de ese jaez, el servicio siempre tiene un punto importante de displicencia. Dile a tus amigos que te lleven allí, tiene su punto de turismo informado chicaguense el decir "estuve en el Earwax"...

Eso sí, a la que ese camarero estuvo algo más tajadíns, no vaciló en contarle toda su vida a una amiga mejicana que estaba con nosotros. Personalmente, soy fans de todo el crossover chicano en las series, empezando por "My name is Earl" y acabando por cualquiera.

Still, tirón de orejas por el lugar común de quemar una bandera española: lo que hay que quemar son los mástiles (o TODAS son una puta mierda o ninguna lo es). Personalmente, cuanto más pequeño es el sitio que representa una bandera, más asco me da ésta, aunque sólo sea porque es sumamente más alienante: odio que me digan lo que es un "buen gallego" tanto como que Rajoy me diga lo que es un "buen español". Sólo que, por aquello de la población, resulta más fácil definir al buen gallego y, por ende, más alienante. En este bello post

http://humanidadsupina.blogspot.com/2007/05/barcelona-sucks-1-parte.html

un catalán se caga en la imagen gafapastoide que impone Barcelona mientras que concede que Madrid, aunque sea sólo por desmesura, se resiste a que le peguen etiquetas. Y, como residente que he sido en ambos sitios te aseguro que las cosas son así.

Por eso, cuando el PP quiere apropiarse del himno y la bandera, mi reacción es que hay que pararles los pies y no seguirles el juego. Hablando con unos amigos en Chueca, coincidían conmigo lo que molaría que, el día del orgullo gay todos llevasen banderas españolas y no la estupidez del arco iris. Feck, después de todo las encuestas demuestran que la mayoría de la población está a favor del matrimonio gay... ¿no? ¿Quien es, entonces, el puto foro de la familia, para apropiarse de la rojigualda?

Y paro ya que estoy demasíado politicamente incorrecto...