Saturday, May 26, 2007

Un mes e dous días


Un sempre ten tempo nesta vida até que deixa de telo e entón xa non soe ser un problema. Esta frase levoume a unha divertida discusión con James, un farmacólogo nixeriano moi simpático que traballa no Instituto cunha "grant" do exército... Un home interesante e intelixente, teño que coñecelo mellor. Ademais ten unha habilidade impresionante para decapitar as enormes ratas que usa nas súas investigacións e iso non se ve moito.

Levo tanto tempo aquí que xa non me resulta raro saír de traballar e ver o skyline do downtown coa torre Sears presidíndoo, antes semellaba como un decorado pegado no fondo.

Tamén estou perto de ter casa, menos dunha semana, e con iso comezar a ver realmente que fago aquí, comezar a estudar, a ler e a sentirme como un habitante máis desta cidade.

Unha das cousas que distinguen a Chicago das outras mega-urbes (non mega-ubres) americanas é que os diferentes grupos culturais están bastante mezclados e só os negros de clase máis baixa están segregados da sociedade. Iso fai que nunha mesma festa se escoiten moitos idiomas e podas falar cunha persoa nativa de verdade, nativa colonial, hispana ou latina, europea dos lugares máis insospeitados e nin tan sequera terte movido dun grupo de persoas a outro.

Pero non está todo feito, aínda non teño número da seguridade social e iso significa que tampouco estou a cobrar o meu soldo, con todo o que iso significa. A ver se non tardo moito en ter unha conta bancaria con algún dólar dentro.

Apertas!

PS Non ven a conto pero aí vai unha de flores para os cochos de parte do cabalo de Troia que teñen en EL (in)MUNDO http://www.elmundo.es/elmundo/2007/05/15/descodificador/1179200715.html

5 comments:

Marta said...

Boas meu,

Me alegra ver que ya estás casi adaptado, que en breve con casa propia, y ya como un niño güeno, mayor y responsable....
por cierto, ya hace calor horrible por ahí?
Bicos

diego said...

Un tema apaionante el de los toros;
pero realmente hay alguien que lo discute?
En serio uno se acostumbra a ver esas moles?
Me alegro un huevo de que vaya bien y ya te sientas uno más.
Apertas

Antía said...

Alédome de que vaia todo moi ben. E disfruta dese momento de ter xa un cuarto con vistas.Eu polo de pronto poderei practicar o alemán sen saír da casa...
Bico!

turonio said...

Ei, eu xa acabei os meus problemas en Cankas. O alcalde marcha co rabo entre as pernas e asinou o que debía. Cuitado, pasou polo rego.
Esta semana tomalle 5 que che mando un xiro!

Vicisitud y Sordidez said...

¡Jei, Ijnasio!

Sólo estuve un mes en la ciudad de los vientos, visitando a Beatriz, pero la verdad es que me quedó un gran recuerdo. Sobre todo aquello que dijo un señor "Nuestro skyline no tiene nada que envidiarle al de Nueva York". En efecto, dos años después de aquella frase, el skyline de Chicago fue mucho mejor.

Gloria bendita da verte en esas fotos con ratones - he estado durante meses montando una peli en la que Adrià Collado hace trastadas científicas similares a las tuyas -. Sólo espero que arrastres a tu hermano a ver mundo, que si no puede ser muy parao.

PD: Si te moló "The IT Crowd", ataca a cualquier serie creada por Graham Linehan, como "Black Books" o, por encima de todas, la legendaria "Father Ted". Dirás "Feck!" hasta el resto de tus días.