Monday, November 3, 2008

Cupcakes (fairy cakes in briton)

A min parecíanme magdalenas das de toda a vida, con asunto por enriba para darlles chiste, pero pouco máis. Non tardei en descubrir a miña equivocación. Os cupcakes non son muffins, son mini tortas para consumo individual. Polo tanto, como podedes deducir a masa é completamente distinta, pero tamén é o que se pode facer con eles.

Así, por exemplo, esta foi a miña torta de cumpreanos:




E esta a que recibín ao pasar o GRE, unha especie de selctividade para (putear) estudantes graduados que fan por estes lares... nótense os detalles sobre o peculiar sistema métrico do imperio, parte do exame, por certo:



Conste que foron preparados con semanas de diferenza, así que non pillei unha enchenta de morrer.

E todo grazas a Deanna, que os preparou, e é que teño unha moza que non a merezo :)



3 comments:

Anonymous said...

A mosa xenial, pero os pasteis... alén que non adoito gostar deles en xeral, estes parecen radiactivos e se ainda por riba disque non son magdalenas...
Mimé só lles resta o cartaz de danger á beira.
Unha pergunta: Brillan na escuridão?

Anonymous said...

supoño que estarás crecendo en tódolos aspectos, mais alá do intelectual, gracias a tanta celebración. comparto as dúbidas sobre a salubridade psíquica e proteínica da pasta verde con patas e a pasta azul con números que degustaches en dúas celebracións.

pero tamén alédame, que a pesar do tempo transcurrido dende o último contacto, a primeira visión que teño do teu blog sexan duas fotos doces que me fan ver que a túa vida transcurre por carreiros sosegados.

moitos vicos e saudos pra Deanne.

Anonymous said...

Que guay tio que haya ganao el negro. Si hubiera sido aqui, igual teniamos a la Palin negociando portada con Interviu a estas alturas.