Sunday, June 1, 2008

A ética protestante e o espírito do capitalismo

Blog 2008 125

É o título dun libro de lectura obrigada para comprender a psicoloxía detrás do mundo anglosaxón escrito por ese xenial fóbico social que era Max Weber.

A moi grandes sesgos explica a orixe do individualismo das sociedades protestantes no calvinismo e no luteranismo posterior que levaría ao que coñecemos como protestantismo. En xeral nese mundo pasouse de ver a relixión como algo ligado ao poder dos sarcerdotes a ser unha experiencia persoal de relación cun ser todopoderoso que, por defición, tiña tanto interese en falar por boca dun sacerdote como pola de calquera outro ser vivinte.

As consecuencias levaron, entre outros factores históricos, a sociedades onde o amor por deus se amosaba no día a día e no traballo diario (tamén no culto dos Domingos, claro), máis que no respecto aos sacramentos monopolizados polos ministros católicos.

Esta psicoloxía afincada no éxito individual e no traballo pode verse constantemente na sociedade americana, e ten as veces un aspecto un pouco perverso.

Pero como este é o meu primeiro post tras unha longa ausencia non vou profundizar nos exemplos máis dramáticos. No canto diso vou ficar nun documento gráfico de impresionante poder visual.

Blog 2008 058

Si, iso é un Honda Civic (carro civilizado onde os haxa), transformado nunha caricatura dos picapedra e cunha capacidade para romper as pernas dos peóns que non te nome. Pero hai que pensar como un protestante, no lugar de pagarlle unha pasta ao concesionario ou molestarse en ir a buscar un usado, moito mellor amosar canto quere un a deus facéndose un na casa. Ademais a madeira sempre queda ben nos carros que os caros levan unha porrada... de deformación programada non debe saber moito, pero elegante é un rato

1 comment:

a.ma said...

digno de bricomanía, isto si que é ser apañado, outra cousa é que o tuneamento quede bastante choqueiro...
hoxe tocou cambiarlle o look ao recuncho, necesidade
compartida propia do comezo de mes...
en canto á premisa do "culto individual" os meus respetos e loubanzas en canto ao lema "mellor facelo un"( e non gastar un peso), neste caso...delega, neno, delega, que tes o carro feito un cristo

good sunday