Monday, January 14, 2008

Sicko in Chicago

Pois si nenos e nenas, o que conta o señor Michael Moore é certo ou queda curto. Aquí iso da sanidade universal soa a comunismo e sodomía (cousas que como todos sabemos van sempre xuntas) e se queres estar san mellor non probes o sistema de saúde yanki.

Pero se a alguén lle gustan as aventuras e ten ganas de vivir experiencias ao límite, especialmente para a conta bancaria, déixovos unha imaxe do prezo do menú no hospital do lado. Por certo, téñanse en conta que a listaxe non é exhaustiva e o hospital é público (pagado con diñeiro do estado coma min, que non gratis) e os prezos poden ser peores.

Iso si, para que ninguén se leve a engano o cartel están ben á vista nada máis entrar pola porta. Cousa que eu fago moi de cando en cando se sufro craving de comida hospitalaria.

Foto0032

Por certo que como di Adrian, un dos meus compañeiros, tendo en conta o prezo dunha habitación sae máis a conta ir durmir ao Hilton e voltar pola mañá a recibir o tratamento.

Pódese deducir do menú que ter un neno aquí sae por 1319$ (886.897€), médicos e enfermeiras aparte.

3 comments:

Amarantear said...

Unha de anesthesia, unha private room,intensive cares...ui non que non me sae a conta...curiosa listaxe da compra...
Bicos e sorriso para o de fóra da UE tamén!

Marta said...

bueno Nachete, ya sabes. Cuando vayas a parir, vente pa casa, que te sale más económico y no te perdonaríamos no poder ser los testigos del primer parto masculino....

Fran said...

Carallo! Cando falábamos do cara que era a sanidade ahí non pensaba que tivesen esos prezos. Menos mal que ti estás de bo ano, que se non...... jejejeje. Xa sabes meu, a base de grelos e chourizo todo o ano para ter moitas vitaminas.

Por certo,¿cándo mercas o macbook air?
;^)