Thursday, January 17, 2008

En Virxinia queren perseguir aos que penduran os seus collóns!!! (Salvemos América!)

Unha fermosa e inocente tradición vai ser perseguida por esa especie tan abundante e perigosa que son os ben-pensantes e os salvapatrias.

Pero mellor comezo polo principio...

Resulta que en Virxinia, o estado capital dos Confederados, seica está de moda colgar uns collóns (de mentira) no gancho do remolque, especialmente nas pick-up tan habituais neste país. Realmente poñerlle uns testículos a un carro é unha solemne estupidez e unha mostra dunh incomparábel pero, oes! eu son libre de ter mal gusto se quero e ninguén debera impedilo. Ademais eu creo que as pick-ups e a maior parte dos carros ianquis son de mal gusto e non por iso os ilegalizan.

Agora ben, o Virginia State Delegate Lionel Spruill decidiu que eran tasteless, distraen aos condutores e seica tamén son perigosos (só lle faltou citar a Ben Laden que vale para todo). Ademais, poñen aos pais en situacións comprometidas coas súas fillas cando estas deciden preguntar que é iso que leva o carro de diante pendurado. E seica iso foi o que se pasou ao Sr. Spruill coa súa filla.

Se a cousa quedase aquí pois sería unha asneirada máis e tampouco sería tan grave, mais pensémolo con calma: como raios se pode facer unha lei para prohibirlle á xente poñerlle xenitais ao carro? Porque claro, se eu penduro dúas  bolas de golf atadas por unha corda, sería iso ilegal? E se en lugar diso poño un consolador (que por certo dálle máis xeito ao gancho)?

E por outra banda, postos a protexer aos nenos, van poñerlle roupa interior aos animais no Zoo para evitar que fagan cochinadas diante dos nenos?

Non sei como vos deixa todo isto, pero a min moi  mal.

Por se acaso alguén se anima déixovos unha foto do "conceto" e de paso podedes ir á paxina e testiculizar o voso carro.

truck nuts

Tede en conta, iso si, que a multa é de 250$, todo para que un fulano aforre ter que educar a súa filla.

Ah, tomado de Jalopnik

2 comments:

elunicopiny said...

eu creo q o que lles doe é q non haxa igualdade.
Para cando ovarios ou vaxinas para tunear o carro

Anonymous said...

Aquí a xente éche ben máis verde e ponlle a cutrérrima bóla de tenis. Abollar abolla igual a defensa dianteira cando pegas de máis o paquete pero non acoghona tanto.
Por certo, que a multa está máis barato que poñerlle o distintivo nacional por riba do do estado que tivo himno con letra 4 días. Creo que se cotiza encol dos 300 ouros. Menos mal que paga ERC :)