Thursday, December 13, 2007

É que ninguén vai pensar nos nenos!?

 

Sorte que a sempre civilizada cidade de Chicago decidiu adicar pequenos anacos do terreo á protección deses, tamén pequenos, cachorros.

Así, con intención de salvalos das malas influencias presentes nesta metrópole por todas partes, existen áreas marcadas por sinais coma esta (foto de teléfono cutre) onde o paraíso terreal volta e os porcos comen cos lobos e os ornitorrincos xogan a pintarlle os testículos aos elefantes... Ou algo así.

Ao que ía, paseando atopeime isto:

Img012

Eu, facendo mal uso da lóxica formal, cheguei a pensar que se facía falla poñer un cartaz para iso, se cadra é que no resto da cidade ese tipo de actividades están permitidas. Será en homenaxe a eses homes con traxe de raias que fixeron famosa esta cidade hai uns cantos anos...

3 comments:

elunicopiny said...

SPQAmericannes

Anonymous said...

Non creo que os viruses da influenZa saiban ler eses cartaces e se son capases que fagan o que queiran que para iso saben ler :P

Anonymous said...

...nenos coidado coas armas biolóxicas!