Monday, December 3, 2007

A buscar diferenzas

Resulta que se me deu por ir ao cinema a ver unha peli dos irmáns Coen (No country for old men) e a min persoalmente deixoume impresionado un anuncio da National Guard que puxeron antes.

Sóese dicir que as comparacións son odiosas, moi certo se un compara persoas como amigos por exemplo, pero non tanto se un compara institucións.

Vaiamos por partes, a Guardia Nacional USamericana é máis antiga co país en si mesmo porque a actual 101st Engineer Battalion e 182nd Infantry Regiment of the Massachusetts Army National Guard descenden directamente da Massachusetts Bay Colony regiments formadas hai xa 370 anos. Ademais, moitos dos seus presidentes serviron nesta forza como: George Washington, Thomas Jefferson, James Madison, Andrew Jackson, William Harrison, John Tyler, James Polk, Franklin Pierce, James Buchanan, Abraham Lincoln, Ulysses Grant, Rutherford B. Hayes, James Garfield, Chester Arthur, Benjamin Harrison, William McKinley, Theodore Roosevelt, Harry Truman, e George W. Bush.

Por outra banda os seus servizos na Revolución Americana e sucesos posteriores é inmensa, levando ao imaxinario nacional a imaxinar esta forza como a responsábel da súa independencia do Imperio Británico... Si, os franaceses afundindo barcos da súa maxestade no Atlántico e deixando sen suministros ao mellor exército do mundo non tiveron ningunha incidencia na guerra, foron un grupo de granxeiros sen moito entrenamento os que deron conta dos home de Sir William Howe...

Estoume a liar un pouco, o tema ao que ía, no cinema tiráronse tres minutos e pico cun anuncio convidando aos espectadores a alistarse na Guarda Nacional. Youtube mediante, paso a compartilo.



O exército currouse buscar un grupo decente e pagarlles os dereitos desta inflama patria que vista un pouco despistado e de bo humor pode levar aos febles de espíritu a alistarse e ver as súas pelotas voando no Iraque... Ou algunha outra cousa. Vaia, que aquí saben tocar a fibra sensíbel e falan do exército, ou dunha parte del neste caso, como o que é: un grupo de persoas armadas e entrenadas para matar e para actuar en caso de guerra. Teñen tamén o punto de actuación en caso de catástrofe pero desde unha visión apocalíptica que casa bastante ben co ánimo bélico de todo o asunto.

Para comparar temos un anuncio dos amigos-dos-nenos/osos-amorosos/son-un-incompetente-retardado-pero-teño-que-comer ou o artista antes coñecido como Forzas Armadas Españolas (aka Ejército Aspañol).



"Quiero tené tu prensensiaaaaaahaaaha", "uno de los profesionales más útiles del mundo"... este, non, que non é nada serio e efectivamente vai ser que moi preparados non andan. Claro, os nenos métense no exército pensando que van comer hamburguesas e xogar ao fútbol con negros, logo van a Afganistán e...

Tamén é certo que de onde non hai non se pode quitar, porque se nos poñemos a citar os grandes momentos das FFAA a un lle entra entre noxo e vergoña porque desde a Batalla de Annual onde os rifeños tiveron a ben merendarse 13000 soldados de 18000 que formaban as forzas até o 23F(onde non só había guardas civís) a cousa pinta bastante chunga. De feito os maiores logros deste corpo no sXX poden atoparse nas súas "victorias" durante a Guerra Civil.

E sempre poderían facer historia porque algunha batalla si que gañou o Imperio Pequeno pero a historia e o exército nunca se levaron moi ben, en xeral.

En definitiva, que o exército yanki será todo o fascista que un quera e a política exterior dos EUA fede pero creándose unha imaxe quedan soiños.

Ao fin, gañaron no Vietname... ou non?

Ah, a peli moi boa :)

2 comments:

Anonymous said...

http://www.youtube.com/watch?v=bCeZaRFdfQw&feature=related

Este viña mais a conto para a comparativa. Estes son uns reformistas pois levan por nome un rei que marchou chorando de españa pero creo que son os herdeiros duns camponeses que pasearon polo mundo todo matando a quen lles dicían e máis. E levan así desde a doma e castrazón de Galiza...

Anonymous said...

joder...que o retrouso é pegadizo..sigo a flipar co mundo ese no que vives, sigo a flipar co espírito patrio dos soldados do mundo.
Tou cun refredat inmenso!cagho na tramontana :(