Thursday, August 2, 2007

Traballando

Hoxe levei o celular español ao traballo, e como ten cámara (unha merdiña pero xa é máis do que ten o meu celular yanki) aproveitei para tirar unha foto cando por fin rematei de traballar. Ou mellor dito, xusto antes:

A iso é ao que me adico aproximadamente unha vez cada tres semanas: a xenotipar aos novos ratos para saber que clase de mutante temos entre mans. O que podedes ver é o primeiro paso co tecido submerxido en lise para células e enzima destrutora de poteínas. O obxectivo final é deixar só o ADN (haberá que destruir tamén o ARN, pero non adiantemos acontecementos) para despois poder multiplicar os xens que nos interesan o suficiente como para poder "velos" nunha fotografía. É como cociñar seguindo unha receita pero máis laborioso. Ah, e ao final non podes comer o que tanto traballo levou porque resulta ser como tóxico...

A onde quería chegar, ademais de a amosarvos a fermosa fotografía que ilustra este post, é a que vivo nun mundo de eufemismos. Este é un de moitos, porque claro, de que estamos a falar cando me refiro a "tecido"?

Unha foto máis perto:

Xa se ve o que é?

5 comments:

Anonymous said...

...es una pregunta con fines psicoanláiticos?...

Ignacio said...

a pregunta non, a resposta pode ser. A túa é interesante...

Antia sen til said...

Que sera? e falando de receitas...quero un pedazo de empanada!comprendo xa como se bota de menos os xantares propios.
Saudos desde preto do Trinity College!
bicos!
Sen tiles e vendo o blog cun alfabeto chines...cousas da distancia

Miky e mause said...

oes nacho, como regalo para cando veñas de volta, molaba ter un deses cachos de cerebro de rato mutante pra colocar no "salpicadero" o lado do fary e da aniña kiro, de toda a vida. e así cada vez que miremos esas vetas neuronais pensaremos na efimeridade da ciencia e do corpo e votarémoste de menos.

descansen en paz.

Ignacio said...

Coidado co que desexas que logo pasa o que pasa e rematas cun cerebro de rato na man e tendo que sorrir e dar as grazas.

Pensareino, pero para o salpicadeiro do carro vai ser fodido porque co sol vai cheirar (ao mellor en parafina, pero eu traballo con eles conxelados que mola máis).

Se cadra nun tarriño para por enriba da TV...