Monday, August 6, 2007

Contextualizando

Os xerundios son moi descritivos de cando en cando e creo que abuso deles moito.

Ben, resulta que remexendo na miña cámara atopei unha interesante colección de fotos da miña vida.

Por exemplo, de cando en cando toca levar traballo para a fin de semana, como nestas fotos. Teño tido até tres computadores funcionando na mesa (un para tratar os vídeos dos ratos, outro para as análises estatísticas e o meu para fedellar). Pero nesta vese o fermoso MacBook que as veces vénse comigo a casa. Ao fin tamén son o único que o usa.


Sei que en realidade podería facer todo iso nun computador pero tampouco é tan sinxelo dado que non temos o SPSS para Mac, o SPSS que temos só pode ser instalado nos computadores do instituto, os portos Firewire dos PC's son temperamentales (eufemismo de unha merda) e mola fardar de cantidade de cacharros.

Deixo as tonterías para centrarme no programa más repetido do mundo mundial: os amenceres. Vale, o solpor repítese o mesmo.

Total, o de Chicago é como tantos outros e a súa beleza depende de onde se atope un.

































Sempre entraña unha pequena satisfacción cruel desvelarlle a xente o final dun programa ou película, e este préstase igual cós outros.

Por se alguén non o sabía a estas alturas, o emocionante final dos amenceres é este:

3 comments:

Anonymous said...

joer, no lo pasas mal

Ignacio said...

haha, estou en Chicago, non en Baghdad!

Antia said...

O meu último mencer...onte no aeroporto de Dublin. Decidín saír a velo porque non había que desprazarse moito, era gratis e xa estaba vestida (tres cousas de agradecer no último día de viaxe no que prima a lei do mínimo esforzo).
Saír a ver ao sol prestou por dúas cousas, tomar o aire e pillar nun renuncio ao meu veciño de incómodo sofá(máis ou menos):un señor inglés que non parou de ler nin un só bocado en toda a noite...toda?
non!
cando volvin estaba dándolle unha tregua as letras e durmindo coma unha marmota. Sentei púxenme a ler un chisco e o tipo volveu a espabilar!Cousas que pasan cando unha saca o libro a horas intempesivas.
Saúdos desde Australia,hehe.