Saturday, July 14, 2007

Con calma


Case unha semana dun post ao seguinte, non está mal, será consecuencia indirecta do regreso dos meus xefes este luns. Teño algúns posts en mente pero polo dagora fáltanme as fotos. Por iso o de hoxe vaise quedar nunha anécdota con reflexión final.

Tras comer o mellor peixe desde que cheguei a Chicago en casa de Fabio (dono do barco, compañeiro de traballo e afortunado posuidor da casa máis fermosa que vin na cidade), saimos a dar unha volta o mesmo Fabio, Roberto e mais eu. Rematamos nun local interesante onde todo era pretendidamente "orgánico", desde as cervexas até a decoración. Ao pouco de chegar e diante do pouco animado que estaba o sitio Roberto decidiu que había que mudarse a outro local onde estaban uns amigos, eran as 11:55pm e se chegabamos antes das 12 o entrada serían 10$ despois 20$. Así que houbo que correr.

Cando chegamos había unha cola de xente pija (non ten outro nome, ok si: posh) vestidos de pijos, esperando a que unha tipa da mesma especie vexetal lles dese entrada previa revisión por dous humanoides gorila-wannabe con pinganillo como elemento distintivo da pertenencia e esa dexenerada especie pseudohomínida. Xa por principio non me gusta pagar para entrar en ningures, e menos nun sitio así. De favor cobrábannos os 10$ porque case eran as 12 pero claro, seica non lles gustaron os meus pantalóns.

Creo que o tipo se quedou un pouco volado cando en vez de discutir, arrastrarme, suplicar ou pagarlle 100$ por deixarme entrar cos meus pantalóns verdes con petos por todos lados de 9$ (oferta en GAP e os únicos decentes nesa tenda e no resto que visitei), puxen un sorriso de orella a orella porque me acaba de facer un favor. De calquera xeito Fabio tampouco quería entrar porque non era o seu estilo, ademais levaba uns pantalóns semellantes aos meus, e o único realmente danificado co meu estilo foi o bo de Roberto que realmente quería entrar.

Como compensación suxerín ir ao Ñ, un local arxentino con porteiros simpáticos (non se preocupan de como vistes, só de que teñas máis de 21 e o ID enriba). Durante o camiño e vendo a lixeira frustración de Roberto deume tempo a pensar. Ao principio estaba convencido de que a miña postura era a correcta, eu vístome como me dá a gana e mentres vaia limpo e se alguén non lle gusta que se foda.

Pero ao fin un non sae só, e realmente todo o que se me require é levar uns pantalóns normais, camisa e zapatos. É dicir, os principios son algo moito máis complexo que como se viste un. E por outra banda, se saes con máis xente e queren ir a un local con dress code, estás a obrigarlles a cambiar de opinión só porque decidiches vestir contra as normas.

Reflexionarei ao respecto, por sorte esta fin de semana toca ir a festivais e ao aniversario de Fabio en Humbolt Park, co cal non me preocuparei pola roupa.

Pásade boa fin de semana!

PS É que para min acaba de comezar :)

6 comments:

Marta said...

Nachete!!
ya era hora de que actualizases!
Que quieres que te cuente, sino queda más remedio, te pones pijo para no fastidiar a todo el grupo,pero tampoco vas a salir como de boda sistemáticamente. Lo de la ropa yo creo que es más una excusa, cuando simplemente se ponen a tocar las pelotas porque parece que así el local es más molón. Aparece Bratt Pitt (supongamos) vestido de winnie the pooh y te aseguro que le dejan pasar...
Bicos!!!

Antía said...

Onte non tiven problema para entrar nun local da Coruña que nin coñecía e ademais de estar decorado con neóns que arengan ao persoal a facer cousas...en fin, cousas e todo tipo de mobiliario(non vou especificar máis xa darei detalles que isto é un recuncho público e decente).
As miñas pintas...non moi acordes ao sitio?Iso é o normal en min en determinadas zonas da cidade na que un non é forasteiro (mais eu creo que non entendo de moda...a liña entre ir elegante e glamouroso e hortera e ghañán perdido,onde estará?)
Realmente ir de peto non é que pegara moito para unha noite salvaxe e máis nese lugar pero é sinxelo convertilo en pantalón e xa se sabe que as camisetas de raias son elegantes á par que discretas. E explico todo isto porque aquí o de seguridade o único que fixo foi facernos entrar nunha mini cámara a catro xuntos,cando pechou a porta de fóra abriu a seguinte, visto bo...momento de entrada ao inferno?raro,raro e despois...a tentar sobrevivir dentro donde non existía o xénero masculino.Todos eramos todas.
Boa música, calor abafante e dor de cabeza. Saín polas catro portas e aparecín na rúa,visto bo. Dame ganas de devolver o xesto de repaso de look.
Aire benvido, coloco a chaqueta que tampouco é apropiada para a noite e penso que hai moita xente vestida de choqueira por aí adiante.Quizais eu tamén pero á miña maneira.Isto en Ortigueira non pasaba.
:)

Antía said...

Desculpas pola extensión. Noite e día inspirado e o tema xa ves que o tema da moda está sempre de actualidade.
Pd.
Victoria,metes medo e non volvas cantar.

Anonymous said...

...la posh-wannabe detras de Victoria parece que se está rascando los güevines, o que le pesan, no?...

nachoestoudeguardia said...

"chufate al messengher, anda"

¡¡El Lobo!! que buen turrón. said...

Después de un tiempo largo, refugiado en el silencio de pensar que si no soy consciente de que el mundo está en movimiento, el mundo no se moverá. abro tu blog, y pimba, dos melones siliconados y doraditos contra mis ojos. esas perversiones de quirófano me descubren la fuerza del movimiento terráqueo, y si nos ponemos a pensar en las fuerzas combinadas de los planetas junto a gravedades varias, uno no sabe a qué atenerse.

sobre lo de la ropa, yo comparto tu idea original. cada uno sale como quiera, que mientras no se esté sucio deberían dejar entrar en todas partes y un pijo puede entrar en un bar punkarra (entrar sí, lo que no se es si lo dejarían salir) y debería ser viceversa.

También hay veces que cuando voy de cena por vigo, utilizo los vaqueros y los tenis como excusa; así no es que no quiera entrar, es que no me deja.


Cuídate nacho, que hoy en día ni la salud ni los buenos deseos están en alza.

je je.