Non hai moito (onte), contáballe a alguén sobre a incongruencia de falar dun "museu" de arte contemporánea. Eu gosto especialmente dos grandes e famosos (quen non), porque son un cruce entre exposición para os sentidos e parque de atraccións. Se ben tamén recoñezo que non poucas veces me vexo superado por algunha das obras expostas.
Este semana estou planexando visitar o Art Institute da cidade, espero mudar o meu costume e lembrar a cámara.
A todo isto, a intención deste post era amosar cunha fotografía que non son o único en pasalo ben coa arte contemporánea.
Véndoos tan atentos até semellan xente seria ;)
Aprezo novas incorporacións e tamén que os bos e as boas seguen coma sempre. Bo sabelo.
Disculpade a licenza de colgar unha foto allea, é o risco de compartila comigo.
PS Algo rin, pero estaba no traballo e tiven que disimular.
Monday, July 23, 2007
Arte contemporánea
Posted by
Ignacio
at
8:43 PM
Labels: Arte Contemporánea, CGAC, Compostela
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
3 comments:
Non se lle daba mirado a cara...
No museu da arte contemporanea de Edimburgo tenhen tres traves gordas con tres campas e unhas cordas. Nunha habitacion baleira e pintada de branco, claro.
Marti e mais eu ficamos fascinados.
ui ui, difusión libre do material gráfico persoal!hehe.
A verdade é que estaba ben curiosa a peli esa con montañas de papel albal voando...ups!así contado parece moito menos artístico e serio...porque ten que selo,non?
Acabo de rematar o curso de profes!e lisco que creo que hoxe comezamos a celebrar unha "festividá"...algo da Galiza ou algo así...
Bicos ;)
Post a Comment