Thursday, July 26, 2007

Art Institute

Pois si que fun e non esquecín a cámara, pero estiven máis interesado nas fotografías que en sacarlle fotos así que non teño documentos gráficos da visita.

Pola contra, mentres paseaba coa miña guía de turno atopei esta fermosa imaxe de Chicago que paso a compartir convosco.

Un, que é dado ás analoxías sinxelas, podería dicir que é unha alegoría da gran cidade destrutora de seres humanos, ou de como a modernidade acaba coas persoas. Pero sexamos serios, tirei a foto porque me chamou a atención e, de calquera xeito, non é para tirar foguetes.

Noutra orde de cousas, no laboratorio mercamos dúas caixas con roda para ratos, como esas que hai para hamsters, polo módico prezo de 1000$ cada unha. Un regalo, vaia. Iso si, veñen cun contador dixital e como resulten funcionar imos mercar máis e un computador para que conte as voltas. En resumo, que a este paso gastaremos 5000$ en xoguetes. Non ser se para nós, para os ratos ou para ambos.

No comments: