Tuesday, June 5, 2007

IKEA

A ver, os noruegos teñen petróleo, os finlandeses Nokia e os suecos unha tenda de mobles. Vaia, sobre quenes son os listos da Península Escandinava non me pronuncio, pero sobre os máis parvos pouco hai que dicir.



Está claro que o demo nestes tempos fíxose deseñador de manuais de instrucións de Ikea e ademais ten un senso do humor peculiar, pero sempre podemos vencelo cun pouco de ollo e algúns consellos:

-Nunca, e digo nunca vaias con moita presa a Ikea, rematarás por mercar cousas incompatíbeis, como por exemplo un colchón queen size para unha cama double.

-Non sexas pijo e merca mobles normais, e se es coma min e non me fas caso sengue a ler.

-Por moi bonitos que semellen ser os mobles en IKEA ten en conta que logo hai que montalos, eu pensei que mercaba un cuarto e cando cheguei a casa tiña só un montón de caixas de cartón.

-Se un moble indica que debe ser montado por dúas persoas significa que non vas deixar durmir a túa compañeira de piso porque vas pasar a noite golpeando estruturas metálicas por tentar facelo ti soíño.

-Cantas menos pezas e máis sinxelo semelle o moble máis tempo vai requerir en proporción, a única excepción a esta regra son os mobles de unha peza (espero).

-Cando descubras que levas 15 minutos loitando cun parafuse pensa se realmente é necesario para a solidez do moble. Como regra xeral, que sobre 1/3 das pezas non é malo... de todo.

-Antes de rendirte diante da posibilidade de introducir algunha peza lembra que a saliva é un gran lubricante natural e sempre está moi a man.

-Diante de estruturas complicadas, camas loft por exemplo, o manual minte sobre a fase axeitada para afirmar os parafusos. Espera a ter colocado o somier, aprétao e logo axusta o resto.

-Cando te desfagas do monte de cartón co que vas rematar ao final ten conta de non tirar os manuais!

-Procura non mancarte e...

-Disfruta!

:)

7 comments:

fixo puf. said...

Eh tio, os suecos teñen Lego, que tamen ten a sua ciencia. E hainos pra maiores de 14 anos.

Emma said...

Toda la razón: siempre sobran piezas. Al final de todo te das cuenta de que esos tornillos tan grandes si que encajaban en algún sitio que ahora mismo está demasiado escondido como para desmontarlo todo y colocarlos. Así que se comprueba la solidez y se guardan esos tornillos grandes por si algún día se te rompe todo que entonces si que puedes acceder al hueco de los tornillos grandes. Guárdalos por si acaso.
Muchos besos, te mandaremos fotos de la fauna del verdugo

Antía said...

Teño no cuarto un mini roupeiro que dei montado grazas ao desaparafusador que me prestastes e a que tiña unha longa e calma tarde por diante.Iso si ...as instruccións en arameo e non tiña o dicionário a man
Bueno...roupeiro...a torre de Pisa en Compostela.
Rutinas diarias:acordar, abrir a xanela e axudarlle a recuperar a verticalidade.
Consello:que non sobre nada. "O que non se encaixa hoxe fai do noso moble un ser imperfeito o día de mañá"

Asdo. Confucio...ou o de Bricomanía.

as nemonitas (gran comunidade non conservadora) said...

buah, estou vendo o blog en alemaän e tenho dificultades para escribir cun teclado german cen por cen...

versteh ich nich...is doch ganz einfach: öüäß
Tschüß! Küßchen!

P.D.
Traballo sobre os menonitas,amish pero de Bolivia e Alemanha...non topaba o nh...que sensaciÄon...nin o til...xubilome non e o meu:)

Fixo pufff!!! said...

¿tes pra ver DVDs? Botalle un ollo a peli "American Dreamz". Igual o teu futuro esta ali. Fixemos doblete o fin de semana, un venres-sabado extenuante. Queremos fotos da barbacoa. ¿salchichas e hamburguesas ou polo con salsa BBQ?

Ignacio said...

Desgraciadamente esquecín tomar fotos, pero algunhas hai feitas por outros. Foron salchichas italianas (criollos de toda a vida) e chuletas de porco, xa que se pregunta.

Anonymous said...

Oes, hoxe botan na tele a peli "McQ", cun John Wayne xa vellinho imitando a Harry el Sucio.