Thursday, June 28, 2007

Cando me disfrazo de pitufo

Para compensar a ausencia de medios visuais do post anterior, hoxe saín da casa coa cámara no peto.

Non hai moita xente na rúa cando me dirixo ao traballo, debe ser porque normalmente a xente emprega o carro para desprazarse e porque entro hora e media máis tarde có resto dos mortais.

Como se pode observar, o día estaba algo fresco. O edificio da foto é o Instituto de Psiquiatría... Ben, é a Escola de Saúde Pública e o Instituto de Psiquiatría, corrixo. Antes era un psiquiátrico, creo... Se cadra agora é un psiquiátrico, non sei.

Hai xeitos e xeitos de ir vestido ao traballo. Eu son un deses aos que se lles supón traballar co que ten dentro da cabeza e os meus xefes asumen que o meu aspecto persoal non garda relación co meu rendemento intelectual. Vaia, podo ir ao traballo vestido como se saia dos c****ns (que pasa? os meus pais tamén len o bló).

Con todo hai unha área do laboratorio á que cómpre ir ben presentábel porque alí viven os que fan que todo isto da investigación básica en psiquiatría funcione: os animais. Ben, no meu caso concreto: os ratos.

Dalgún xeito misterioso algunha cabeza pensante decidiu que aos ratos lles gusta a cor azul e para telos contentos, antes de presentarse diante dun rato hai que vestirse todo de azul. Todo o traxe supón tamén un gorro moi gracioso, pero eu por agora paso dese remate final.

Así, cando un rato me ve no traballo non ve ao tipo que estades acostumados, nooon. O coitado ve isto:

Pero pese ao susto seguen a ser bastante eles mesmos (o cal di moito destes seres). Aquí temos un exemplo de rato facendo algo moi habitual neles: explorar!

4 comments:

Anonymous said...

Hola pitufillo!

no te quejes, que podían hacerte ir de traje y corbata...
Tu piensa que el azul te resalta los ojos, y nunca se sabe cuando aparece la becaria de tu vida (guiño, guiño)
En fin, por aquí tiempo de caca, como siga así, vamos a ir a Ortigueira en canoa, (ya tengo el traje de aguas listo, por si acaso)
Bueno Nachete, procura ser bueno con los rantocillos, que al fin y al cabo, parecen buena gente.
Bicos y cuídate mucho!

Anonymous said...

Hoxe non nos vemos no msn, creo, igual conecto un momento sobre as 3 a.m. (spanische heure)... fixen a frikiada de seguir facendo urxencias/filtro o primeiro luns de cada mes (hoxe) coa boa puntería de ter exame do doutorado mañán pola tarde. Por certo entre cervicobraquialxialxiayayayay e lumbociatalxia ("quéimame por eiquí, cando vou marchare pra casa, stou maaal, etc..."), cefaleas dende fai dous anos e vértigos periféricos sen vómitos senón lle tocas a úvula co meñique andaba botándolle un ollo aos apuntes do exame de mañán, e lembreime de ti(cousas da asociación mental apareamento sí/non-prolactina-luteolisis nos ratos-Nacho... seica DA do arcuato anda por ahi compricando a historia tamén). Bueno, xa falamos, dalle caña aos bichos.



(I) (I)
o V o
--O--


(parece un deles? hai que milhora-lo)

Ignacio said...

Por favor Joey? A que agardas para montar un bló? hahahaha

Anonymous said...

Hola Nacho,

Esa foto de pitufo tuvo mucho éxito por casa. Antes de que la pudiese ver, ya me habían hablado de ella.

Beso