Onte foi o picnic do departamento de Psiquiatría. Déronme de comer e regaláronme un reloxo, así que a UIC gáñalle á USC por un reloxo. Recoñezo, iso si, que a universidade compostelá deume bastante millor de comer cós yankis.
O ambiente era interesante: uns hispanos cociñando salchichas, polo e hamburguesas vexetais, algún dos peixes gordos do departamento preparando bebidas (sen alcol) e xelados, música ruidosa, mesas, xente e un buick do 67 vermello descapotábel que non pintaba nada máis que facer bonito no medio do céspede.
Cando xa estaba todo bastante en marcha Fernando, un profesor de castelán que convidamos a vir ao picnic, destacou algo. Nas mesas había orientais sentados con orientais, negros sentados con negros e europeo-USamericanos sentados con europeo-USamericanos. E así foi durante toda a xornada.
Vou aforrar a reflexión sobre o motivo de como a segregación chega a todos os lugares e clases neste país. Porque os problemas deixan de selo cando teñen solución.
A miña proposta é: a próxima vez poñer alcol nas bebidas.
Tuesday, July 3, 2007
Peras e mazás
Posted by
Ignacio
at
9:12 AM
Labels: EUA, segregación
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
5 comments:
mmm.... Déixame adiviñar... A que non levaches a cámara e non temos fotos de ese coche tan chulo..
¡A solución borrachuza sempre é a mellor para que a xente se deixe de tontadas!
;) Saudos
Nachete!!
y a que ver parejas de diferentes razas es rarísismo? a mi eso me chocó muchísimo...
ya sabes, lucha contra la segregación, búscate una diosa de ébano como novia!!!
Bicos
El post anterior es mio, no vaya a ser...
Boa opción non sacar moito a cámara nestes eventos..tela levado ao concerto de Carlinhos Brown podería ter sido moi moi moi perigoso...e no picnic este pois non sei...cando menos non había alcol nin fontes, nin un géiser...:)
(con agarimo,sen rencor,hehe)
pois é ben certo, a segregación remata coa alcolización, mais en qué papel, destino ou nivel quedarán os que non son nin de un nin de outro?. os mestizos, os asiático-americanos, os hispanos adoptados e os hermafroditas??
haberá unha mesa para todos eles? terán unha sección independente dentro do ceo??.
o que uniu deus, que non o separe o home porque a través do viño santo, comulgarán espíritus indifinidos compartindo baño e arcadas.
outra posibilidade é faser unha festa a escuras, como o xogo das tembras, e a ver quen se senta con quen ou sobre quen.
conclusión: vas de festa en festa, carallo.
Post a Comment