Aclaro xa que Aragon, ademais de ser unha C.A. autónoma cando leva til (ola Pili) e o rei de Góndor cando engades unha letra, é un dos máis clásicos teatros de Chicago. Aconséllovos que fagades clic na imaxe da Ballroom para que comprendades o interesante de ir a un concerto nun lugar con tan... orixinal decoración.
(Foto cortesía de zedwards)
Youtube mediante, déixovos algúns vídeos de case o final do concerto de Manu Chao.
Houbo lembranzas, por cancións escoitadas noutros lugares e con outra xente, e moito movemento. Así é a música.
E cando volvín a casa semellaba que me duchara coa roupa posta, tres veces seguidas, pero, e o ben que o pasei?
Saudiñas
PS: Como dato curioso cando pedín unha cervexa puxéronme unha pulseira amarela, eu pensei que significaba: "este tipo é un alcólico" e quixen tirala por sentirme marcado. Ao final resultou significar: "este tipo ten 21 ou máis, deixen de foder pedindo o ID"
Monday, June 18, 2007
Aragon, Manu Chao e as autoduchas
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
Saudos de irmandade e grazas por manternos informados, Rafa
O ghicho do meu carón mírame raro,
estes vídeos aledáronme aínda máis o día.
Post a Comment