Saturday, May 5, 2007

Semana e dous días


Ese é o tempo que levo nesta cidade. A experiencia está en xeral a ser bastante positiva, grazas ás persoas coas que me topei e a estar nunha cidade grande onde é complicado non atopar algo que facer.

Cada un ten o seu xeito de asumir que vive nun sitio, para min hai dous fitos importantes.

O primeiro é ter que lavar a roupa, cousa que fixen o venres pasado. Para os non lectores de Spiderman aclaro que é certo, a lavadora e a secadora son públicas, no meu caso, compartida co resto do edificio. E ademais por secar págase, un dólar en catro moedas de 1/4.

E o outro fito é recortar a barba, iso fíxeno hoxe. Así que xa podo asumir que vivo aquí, con todo sigo a espera de atopar casa.

O tempo pasou rápido, case sen enterarme... coa gran maioría das persoas queridas manteño relación e non quedades tan lonxe. Sei que pouco a pouco iranse espallando as comunicacións, o cal é normal, pero lembrade que algunha visita teredes que me facer.

Nada máis, verei que me depara a noite.

5 comments:

Anonymous said...

INteresante blogue...Neno, non bebas de contentores radiactivos! Saudos de Paula e Rafa

Anonymous said...

Curiosa cousa...hoxe pola tarde vendo unha peli vin a típica escena de na lavandería. O home que saca a colada toda rosa por meter un xersei vermello, a nai de familia afeita a esas rutinas sempre disposta a compartir algo de suavizante, a rapaza que escoita música ou le mentres o tambor da voltas...
Íache preguntar isto...xa tiven resposta. Lavar a roupa alá, barbearse...citizen yankie 100%,hehe.
Bo comezo de semana, meu. Eu sigo coidando das miñas novas compañeiras de piso =)

Anonymous said...

eu estou noutro extremo. despois dunha semana de silencio administrativo, enfrenteime ó teu blog e a realidade dunha existencia separada, pero que a pesar da distancia parece que segue inamovible coma unha pedra esculpida na ialma. os anos de coñecemento e descubrimento mutuo non poden romperse por un charco plagado dalgún que outro tiburón famélico de curta vista e cachalote obeso, tampouco por manchas de petróleo ou silencios asmáticos.

a pranta que ten boas raíces crece con luz e auga, no monte asilvestrada.

e un dase de conta que a distancia non é o importante e as veces o que temos preto está a anos luz de nós e o que temos lonxe nunca se marchou do noso lado

Anonymous said...

Me enteré de esto por tu padre, que nos tiene al tanto de todas tus novedades.
Me encanta.. te debe llevar una cantidad de tiempo hacer esto... uf
No estás más gordo (aunque acabarás estándolo, no hay como la comida de la abuela), se te ve estupendo.
Yo no noto mucho tu ausencia excepto en el mal humor que tiene tu madre desde que te fuiste. El día que tu sobrina Eva se vaya de casa me acordaré de esto... ya se le pasará (espero). Te mando muchos besos. Te seguiré leyendo. Emma

Anonymous said...

Ves, nunca tiven a sorte de pilhar un pedal como dios manda nese pais. Pouco a pouco, xa veras como vas integrandote na vida dos yankees, non pode ser tan malo. Por aqui unha cea acetablemente boa o venres. O sabado cumprin un obxectivo fundamental como MIR-1, sain de guardia as 7h da mañan do domingo, no primeiro turno nas noites tranquilas, e coincidiu que habia outros dous companheiros dispostos a participar dos residuos do crapuleo compostelano. A primeira vista o pronostico era pobre, deixaronnos entrar no Liberty e tomamos duas Estrellas en bolo rapido e "xaxun", que deron lugar a outros 3 DYC na Nao, despois de escapar do Anubis e xa ter esquecido a existencia do Clínico, acudimos a un caixeiro pra disfrutar das meles do triunfo atufadas de seroloxias positivas e cristal-meta na barra da Tita. Total, perdimos a un (nos banhos parece ser, inda que o rapaz afirma que estaba na barra todo o tempo falando) e saimos de ali as 15h cun numero indeterminado de consumicions paseando pola circulacion porto-cava, lamentable, ata por medio segundo cuestionei a moralidade do asunto. Nun momento deliroide collin o paraugas dun tipo co deixa no portal de Garcia Prieto sempre (cousa que nese momento me molestou) e coloqueino na moto que habia ali aparcada pra protexela da luz solar. O sorprendente e que o lembro con moita claridade. Polo non espertei nunha casa extranha. (todo o que contei ata agora era mentira, excepto o da cea, soamente queria darlle cor a unha vida gris. Sain de guardia, pillei "La Voz" e unhas gominolas, marchei pra casa en taxi, a lo señorito). Tes que ponher mais fotos cos personaxes que vaias topando polos laboratorios e os bares. Vexo que o da barba da lugar a polemica. Ti afeitate pa´rriba. Pensa que inda estas aterrizando. E non te fies dos productos norteamericanos "low in fat" ou "diet", e mentira. Parece que o Abuelo-TuMadre deu algunha sinal de vida no blogh.