Thursday, May 3, 2007

Por contextualizar

Sonche cousas que pasan, certamente aquí algúns aspectos do traballo son distintos. Lembro especialmente de Santiago que as luvas azuis só se podían empregar para manipular certos materias tóxicos, porque son caras. Para o resto eran as luvas normais de exploración as usadas. Nin que dicir ten que as luvas azuis de nitrilo molan moito máis e dan a sensación de estar facendo algo importante, dá igual que esteas a limpar algo.

Resulta que aquí non é igual, estiven traballando coas luvas azuis un ratiño porque eran as que tiña máis perto. Nalgún intre cambiei da laboratorio, quiteinas. cando voltei traballar xa non as tiña (soprendente, pasa cando deixas obxectos en sitios distintos). Cando fixen ademán de ir ao outro laboratorio a buscalas Ekrem díxome que sinxelamente collese outras (azuis tamén). Ao explicarlle que en Santiago facíamos por evitar ese desperdicio amosouse algo sorprendido. Depois xa me indicou que non me preocupase e collese as que quixese tam pronto as precisase.

Ao final, entre despistes e outras tonterías gastei tres pares de luvas de nitrilo... Queda claro que por segundo que aspectos da vida non hai moitas preocupeacións aquí.

Noutra orde de cousas, non son moi dado a facelo, pero mentres sacaba fotos tontas de chismes raros no labo acabei por facerlle unhas fotos aos meus compañeiros (Bashkim e Ekrem), máis que nada porque a xente soe ver raro que tires fotos de obxectos e non de persoas... e porque son bos tipos, coño!

Así que vos deixo algunhas para que vexades que sigo vivo (e máis gordo?) e por onde me movo.


8 comments:

Anonymous said...

jo, q agusto debes estar non? e un gran anavace o das luvas!!jajaja, a verdade e q os teus compñeiros teñen pinta de ser majos asi q alegrome de q tiveses esa sorte, coidamos ratiños..q nunca vira un tan mono ata onte!!

Anonymous said...

Deducimos que Baskhim é o da dereita e Ekrim o da esquerda. Non parecen científicos, porque sempre me pasa isto cando penso nos científicos... Son persoas, ó fin e o cabo.

O das luvas supoño que nun país que gasta milleiros e milleiros de fondos en distintas investigacións, será unha cuestión menor... Pero non perdas as formas, que logo chegarás a un labo onde conten ata o último par de luvas, e xa verás.

Por certo, tendes un caos ordenado de fracos, aparatos tecnolóxicos e papeis pegados pola estructura adiante moi curioso. Tende coidado cos aparellos que entre que poñen Caution e Flammable, non sei eu que pode pasar...

Un saudo

Anonymous said...

Vexo que lle colliches o gusto a iso das luvas azuis e non as quitaches nin para a foto hahahaha!!
Por certo, o post anterior deixoume algo traumatizada...Aínda por riba pos na foto un rato con cara simpática e claro, xurde a compaixón para co animaliño en cuestión hehehehe

AnnaRaven said...

un fume cupboard!
Eso lembrame que tenho que ir sacar os meus samples do forno... bicos

Anonymous said...

Moi elegantes todos!Vamos que se vos ve moi profesional no laboratorio e ata semella que traballades, aparte de gastar luvas.
Xa tes alcume, luva azul.
Alégrome de que esteas rodeado de xente xeitosa!Bo xeito de presentalos =)

Anonymous said...

Uy, uyuyui......D momento de línea vas bien pero vigila los donuts y demás guarradas, ya sabes nada de a caja por día.
Estoy deseando verte cd vuelvas alguna vez por el laboratorio de Stgo
y en un día acabes con los tubitos azules q tnían para todo el mes... besos!

David Vállez said...

Si ves que les sobran, traete para acá de contrabando y se los revendes en la universidad de santiago, así te sacas un extra de $

Anonymous said...

un ten a impresión de que te atopas nun laboratorio compostelano, se non fora polo comentario das lubas. o final espero que o reciclado do nitrilo ese non sexa complicado porque coñecéndote ó final do ano vas a poder escalar unha montaña de blue glove o mais estilo yellow submarine.

and remember my friend.

all you need is glove.

lalalalalalá