Wednesday, May 2, 2007

A todo isto!

Un pode chegar a preguntarse, eu tendo a facelo bastante: que demonios estou facendo aqui? Ademais das implicacións pseudometafísicas da cuestión, en resposta a isto, unha das miñas actividades aquí é investigar.

Polo pronto, o meu traballo consiste en probas condutuais en ratos mutantes e non muntantes (wild type). E iso foi o que fixen hoxe.

Os ratos foron expostos a un son agudo previo a unha descarga eléctrica os ensaios suficientes como para amosar respostas de medo ante a presentación do son. Cando cheguei esta parte xa estaba feita, na seguinte fase os ratos son expostos ao son sen descarga durante cinco minutos. Ao sacar un rato para meter o seguinte sempre hai que limpar as cagadas que deixou como consecuencia do medo.

De feito, aínda que medimos o tempo que pasan paralizados para avaliar o medo, penso que poderíamos facelo contando cagadas. Por outra banda non sei se os meus xefes estarán polo labor de presentar un artigo titulado "Shitting a lot: a new approach in behavioral fear studies".

Nesas estaba cando tiven diante de min un deses ratos mutantes na caixa, antes de comezar a sesión experimental. Mentres o meu compañeiro lidiaba co programa de rexistro, que faia unha vez cada cinco, estiven a xogar co rato.

Descoñezo a razón, en verdade son todos bastante iguais e dubido moito que este tivese algo especial, pero algo fixo que lle prestase esta atención metodolóxicamente anómala.

É dicir, aclaro que emprego luvas para manipulalos, paseille o dedo por enriba do lombo e movino diante do seu nariz, iso debeu ser por 90 segundos.

Cando, despois dos cinco minutos de son agudo, voltamos entrar o meu compañeiro sinalou que curiosamente este rato non deixara ningún agasallo para nós "It's a brave mouse". Vaia, na caixa non había ningunha mini bosta que eliminar.

Deste accidente pódense sacar moitas conclusións, cédovolas.

12 comments:

Marta said...

Ay Nachete,
que vas a acabar adoptando al ratoncillo, que cuando se crea un vínculo con una animalillo... por cierto, si es el de la foto, decir que es mu mono, y que también mira que andarle churruscando!!! Alcaraz estaría orgulloso de ti!
cuídate y portate bien en el laboratorio,
besitos

Erika said...

jooooooooo, q mono e o ratiño!! non lle fagas dano eh!!coidaos ben q son o futuro!!jajaja

Martiño said...

É que o roce fai o cariño. Supoño que acostumados a aguantar ruidos ensordecedores e descargas eléctricas, que lles acariñen o lombo, debe ser a gloria para eles.

Non esquezan supermineralizarse e supervitaminarse...

turonio said...

Home, xa que ninguén o di e o papel de ciber-rabudo encántame, direi que bueno que foches esa influencia exterior que fode o experimento e que algún acabará explicando ao abrir o rato en cal con que resulta que tiña un xen diferente que lle facía ser valeroso e dentro de 50 anos todos os nenos naceran modificados para que teñan tamén ese xen... E sabe dios que provoca realmente. Vés de foderlle a vida a toda unha xeración

AnnaRaven said...

brutal!
podes contestar que a tua investigacion e a whole lot of shit!

O rato xa esta preparado para a escola Xavier

Antía said...

Eu estou co Turonio...que foi cheghar o de Chapela e foder o invento,haha.Aos ratos nen auga!que é iso de andar a acariñalos...en fin...que lle vaias buscando nome e mantennos informados das súas bravas condutas!

carolina said...

e non sería xordo o probe do rato¿?

joey said...

Nacho, inda vin hoxe o correo e o blogh por primeira vez. Xa teño unha nova paxina a que visitar de forma automata cando pille intenne pol banda... non sei porque dis que a faba non mola, da unhas fotos estupendas. Por aqui sen cambios, imaxinate, non se volveu sair dende a tua noite 25-A; Javi tentou orghanisar unha macro-cea o venres passado, acudimos el e mais eu, tamen ceamos polbo, foi unha borracheira-molhadura en ton de luto, comentabase. A ver se manhan vai milhor a coussa, tenho guardia o fin de, asi que pola minha parte non espero ter disminucions de nivel de conciencia, xa lhe tocara a outr@. Conste que quedei traumado/preocupado durante unhas horas, valorando a necessidade dun TC-craneal en diferido. Vexo que xa andas disfrutando da variedade de comidas do pais, atoparas porcions de pizza mais grandes ca tua cabeza, bocatas maas longos que unha tabla de pranchar, restaurantes especialistas na nova cocinha bangladeshi ou "cottages" clasicos tradicionais pra almorzar estilo breton, e non olvidemos os miticos "diner". E xente de todos lados, procura non ir con pintas de taliban fora do campus, sobre todo nos meios de transporte publico. Marcho que vai fecha-lo ghadis. Xa falamos. joey.

Antía said...

Tralo pouco éxito de convocatoria do venres pasado mañá vereivos cunha estrela na man. Vai pensando o que queres , Nachiño que no Tarasca pedimos unha por ti,sen fallo, xa a compartiremos...como esas latas que xorden do cerne do Verdugo mesmo,hehe.

Anonymous said...

Xa postos quero duas, por iso de que non falte. Alegrome de ver que pasaches por aqui Joey. Deberas facer un blog coa vida dun MIR. Algun hai, pero o teu seria mais cachondo e con mellores fotos. Por se non quedou claro, a faba en cuestion esta moi ben, sinxelamente a idea inicial na minha cabeza resultabame estupida.
Regreso ao traballo, a ver que outro experimento podo escarallar hoxe XD

David said...

Me uno a los comentarios...
me parece que viendo al los ratones y los experimentos que haces con ellos,te tenía que haber dado para que te llevaras mi cobaya, que me está tocando la moral estos días, jeje

Miau said...

é o precio da confianza e da compañía, a transmisión da empatía entre mamíferos. ten coidado de non encariñarte co experimento e protexe a túa integridade corporal. qué sucedería se entre tortura e tortura o probe becho hincase un dos seus dentes nun dedo rollizo nachil?? acabarías como spiderman mais na sua forma ratil?? no mestre das tartarugas con poderes sobrenaturais pero obrigado a residir no alcantarillado sub urbano? poder ser que o rato estivera estreñido?

confírmase a hipótese de que hai ratos moi humanos e humanos moi ratos.