Wednesday, May 2, 2007

En cinco minutos...

que é o tempo restante antes de saír da casa para traballar no instituto pola tarde, escribirei esta entrada.

Só pretendo ilustrarvos sobre o outro tipo de pasos de peóns presentes na cidade para dar por rematado ese complexo asunto. Son estes:

Este tipo de pasos obrigarían ao teórico obsesivo a ter que escoller entre unha das dúas liñas para evitar pisar o asfalto. E o obrigarían a camiñar ao xeito dun funambulista.

De paso podedes ver a Bashkim, o médico kosovar, facéndome de modelo e a porta de entrada ao intituto de psiquiatría ao fondo.

Espero ter algo máis tempo á noite para vós.

Apertas e bicos para todos, repartídeos como vexades.

4 comments:

Anonymous said...

Moi bonito o paso de peóns, eu xa dicía que tiñan que ser diferentes.
Saúdos de dúas das compañeiras exploradoras da Verdugo´s land.
Hola Nachete como va? Antes t mandé tu propio blog, pero Antía ya me ha explicado como va esto, y nada hoy nos tomamos una caña a tu salud,con olivas e manises...xa se sabe que en Compos o das tapiñas é un ritual.
Agradecemos as fotos pero en canto arranxe a miña estupenda cámara agardo sacar algunha por min mesma.
Cuando descubras más cosas curiosas se las cuentas a los paletillos de Compos, besos y bicos.

Anonymous said...

Pois esos pasos de cebra parecen un pouco perigosos. Se xa é bastante difícil ver algúns pasos de peóns cos habituais rectángulos brancos, non quero nin imaxinar a de problemas que habera con esas dúas raias... Aínda que a todo se acostuma un.

Pero non penses que se nos escapa que empregas ó teu compañeiro kosovar para tirala foto. Esa investigación participante...

Un saudo.

Anonymous said...

Gosto máis deste que do outro...perigosidade si pero a fin de contas marca o camiño e deixa liberdade de actuación para ir dosificando pasos, choutos ou reviravoltas.Isto combinado co ghichiño dos semáforos da Compostela e o temporizador eterno...en fin... ter moito tempo para cruzar tampouco é bo e nunca tanto se falou deste mobiliario urbano =) Saúde,meu!

Anonymous said...

Se se pode elixir, o de repartir cinco minutos entre apertas e bicos, frotamentos varios e aliñamentos estelares, crocamentos de tentáculos e compartimentos estancos, cadeas metalizadas e pensamentos atolados en eslabóns protésicos, elixo o reparto sen parto, o eslabón sen cadea e a conciencia de botar de menos a esa parte dun mesmo que marchou emigrado, que está esperto cando a conciencia dun dorme e que está durmindo cando a conciencia dun activa o seu campo de ilusións.