Wednesday, May 23, 2007

Bloody hell!

Hai unha magnífica serie británica dando voltas por internet chamada The IT Crow (grazas Fran por descubrirma). Recoméndovos a todos que perdades un tempo en localizala e vela porque realmente é divertida.

Conta a vida dos tres membros do departamento de soporte informático dunha gran empresa. Os tipos están nun soto que parecen os baños dunha cárcere, son tremendamente antisociais, carecen de capacidades relacionais e, obviamente, son moi frikis. Un dos tópicos é que de cando en cando alguén da empresa baixa ao soto e lles parte a cara. Hoxe comprendín o motivo.

Como empregado do Instituto de Psiquiatría teño que ter unha conta de correo asociada ao mesmo, serve para comunicarse en calidade de parte do equipo con calquera instancia e faime falla para conquistar o mundo. A cousa é sinxela, un contrátanno e ábrenlle unha conta cunha dirección composta pola inicial do nome e o derradeiro apelido. Até aí ben, pero non foi así.

O meu IT dept está no quinto piso, xunto coa administración, pero mentres os de administración teñen paredes bicolor nos corredores e sofás onde esperar tranquilamente ser atendido, os de IT teñen unha morea de computadores escarallados acumulados no seu hall e uns feos azulexos verdes nos corredores.

Como o meu correo non funciona, cando fago log in dá un erro, fun alí para que o solucionaran. Atendeume unha inútil total que me dixo que ao día seguinte estaría arranxado, folga dicir que mentres falaba comigo non despegou os ollos do computador nin quitou os auriculares que levaba postos.

Ao día seguinte seguía co mesmo erro así que cando tiven tempo, no canto de usalo para algo interesante, voltei ao dungeon do IT dept a falar coa boa señora borde. Fíxenlle saber que a miña conta seguía igual ao cal puxo cara de contrariedade... Nese intre pensei que tería tratado de solucionalo e lle soprendía saber que non funcionara (craso erro).

Levoume a unha sala inzada de computadores con varios ruidosos servidores DELL Power Station (PowerEdge) e unha morea de máis borralla informática. Alí fixen login nun dos computadores e saiu o mesmo erro. Fedellou nalgunhas cousas, descubriu que non estaba no listado de correos do departamento (o cal demostra que non fixera nada o día anterior, porque se non estou no listado difícilmente ía funcionar nada) e prometeu arranxalo para o día seguinte.

Sorpresa! Ao día seguinte segue a dar o mesmo puto erro, decido deixar de loitar contra as circunstancias e pasar. Por sorte Saleem (o alemán que estaba antes no meu posto) deume a solución. Ir falar con Roberta.

Roberta é a secretaria de toda a vida do Director do Instituto, é tamén a administradora e ademais é xudea, grande e bastante maior. Conteille o sucedido é fíxome notar que me tomaran o pelo, pero que mandaría un encargo oficial ao de IT para que o arranxasen e que agardase até mañá.

Pero ao dái seguinte non funcionaba aínda! Fíxenllo notar a Roberta que directamente subiu comigo. Falou coa incompetente de sempre, deixounos no cuarto dos servidores ruidosos con dous hindues que deben estar esclavizados alí e marchou. Díxenlle a Roberta que se quería marchase que xa agardaba eu pero respostou que prefería comprobar que a tipa regresaba (WTF?). Cando regresou fíxome facer log in nun dos computadores do dungeon e Roberta marchou.

O mesmo puto erro (que coño estivo facendo mentres nós esperabamos???). Resposta da individua: estamos traballando niso. Pergunto, ok, cando vai estar arranxado?. Reposta: non sei. Apago o computador mentres a tipa dime que non o apague. Demasiado tarde, mentres me di que prefiren non apagar os computadores eu vou marchando e só digo "sorry" (e penso "fuck you bitch!").

Nese intre empaticei tanto cos que machacaban a cara Roy na serie The IT Crow... marchei para evitar empregar a violencia. Estaba realmente cabreado. Conteille a historia a Roberta e marchei porque estaba farto de perder o meu tempo con algo tan absurdo.

Estaba a facer parellas de ratos mutantes cando me dixeron que Roberta andaba a buscarme. De novo subiu comigo á mazmorra dos do IT dept. Díxome que íamos falar directamente co xefe de todos aqueles incompetentes. Resultou ser un tipo bastante amábel cun gran despacho e varios portátiles sobre a mesa.

Despois de me preguntar se os meus apelidos eran "Roudrigues Días" (what!)e escribirlle o meu nome e apelidos cambiu a miña clave de acceso e díxome que mañá estará amañado. Ben, esa semella unha boa solución, porque soa a que resetearán a miña conta e pasarán de lidar co motivo do erro.

Pero veremos...

Por certo, a serie vai ser traída aos EUA, e van conservar ao actor que fai de Moss.

P.S. Xa teño conta de correo do instituto!

6 comments:

Anonymous said...

Pensaba que che comentara a serie. Esta de putamadre. Hoxe non vou poder conectar o messenger; botacheslle un ollo ao Correo Gallego de hoxe 23-4-07?

Ignacio said...

Vou ver O Correo. Si me comentaras da serie, pero Fran fíxoo antes :)

a.ma said...

Estes días andamos no traballo co tema de "la paraula del dia"...método moi curioso para compaxinar choio e aprendizaxe e ir aprendendo vocabulario básico en lingua catalá. Pois seguindo na mesma liña..."a frase do día":o mesmo puto erro!...gran día e eu coma sempre...na póla durmindo,hehe.

Anonymous said...

Si te sirve de consuelo, yo no me acabo de entender con mi correo del trabajo, sobre todo desde que nos obligan a usar el Notes. Y los de sistemas también pasan de nosotros sin compasión alguna.

Meripousita said...

Jajaja. Mariano José de Larra debera ter extendido o seu "Vuelva usted mañana" ó nivel internacional. Non só pasa en Espein, logo

Anonymous said...

Olaaaaaa, IT

¿Probou a apagar e volver a acender o equipo?

X^D