Sunday, April 29, 2007

Chicago e a gran faba cromada


Na viaxe en avión fun lendo un libro de máis de mil páxinas e volume acorde a tal cantidade de papel. Por se non o imaxinades fun un espectáculo porque na clase turista non hai precisamente moito espazo dispoñíbel...

O libro en cuestión é a biblia dos neurocientíficos así que ten gráficos con neuronas, cerebros e todas esas tolemias das que gustamos os do gremio. Así que, cando estaba decidindo como ía facer para compaxinar a bandeixa de comida feita por e para cidadáns liliputienses co meu obeso compañeiro celulósico, a miña compañeira de asento decidiu falar comigo.

Resultou ser unha rapaza USamericana de Chicago, de nai colombiana e pai mexicano, estudante de psicoloxía na Loyola University (si, nin en Chicago se pode librar un dos xesuitas). Este feito debeu ser o que fixo que falase comigo no canto de pedir cambio de asento por compartir viaxe cun friki perigoso.

Descoñezo se Stephanie, nome de xoven, sacou algo en limpo da conversa mantida. Eu saquei en limpo un conto sobre a existencia dunha enorme faba nun parque de Chicago:

Total, hoxe fixen o turista un rato con Roberto e Luz (unha amiga de Roberto de Honduras) e atopei a famosa faba. Cando mo contaba Stephanie pareceume a cousa máis parva do mundo. De feito, con esa mentalidade colonial propia dos europeos, pensei: "estes yankis son un horteras sen criterio".

A cousa é que mentres lle sacaba fotos á faba escoite unha voz perto de min chámando polo meu nome. Como non coñezo a ninguén en Chicago ignoreina un rato mentres me concentraba no traballo de presionar o botón. Cando rematei e me volvín, resultou ser Stephanie.

Semella que Chicago non é tan grande despois de todo.

8 comments:

Anonymous said...

Anda con ollo non vaia ser unha cidade asturiana camuflada. Tennos informados das averiguacións que vaias facendo no tema.
E manda tamén información dos kosovares cos seus métodos para conseguir a independencia facéndolle a pelota aos yankis pq igual nos compensa.
Unha faba... que sospeitoso ;)

Anonymous said...

Curiosa e máis curiosa, a faba especular. Aínda que eses estadounidenses son un pouco atrevidos para estar debaixo dela. Eu non me fiaría moito da súa estabilidade.

En canto ó conto de Sthepanie, de atopala no avión e logo no parque, só podo dicir unha cousa: o mundo é moi pequeno ou se saes á rúa atoparás a alguén coñecido...

Como se chama o libro de mil páxinas das neuronas? Seguro que leva o nome dos científicos que o "fixeron".

Ignacio said...

O de que para conseguir a independencia había que facerse amigo dos USA ou de Israel (ou ambos) xa o dixen hai moito tempo. Pero a ver como convences aos esquerdentos pseudoprogres do BNG para facelo.

O libro chámase "Principios de Neurociencia" pero é coñecido polo apelido do seu autor, como indicas: "o Kandel". Por certo, premio nobel hai uns anos polos seus traballos na fisioloxía da memoria. Mándame un correo-e cando podas para ter a túa dirección. A información do outro emigrante chegou por sms sen problema.

Anonymous said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Anonymous said...

Si, si, muy bonita la ciudad pero a lo importante... está buena la Sthepanie o no??! Porque si nada mas llegar ya vas a mojar el churro es una triunfada de la hostia, no?

Además he oido por ahí que las chicago-chicanas estudiantes de psicología te ch**** la p**** hasta dejarte seco, así que ándate con ojo.

Ala, a cuidarse. (Fdo: Gaby)

Ignacio said...

Se Stephanie volve aparecer na miña vida descoida, xa farei por tirarlle unha foto para que podas formarte a túa propia opinión. Por certo, agradécese a autocensura.

Godi said...

Olà, meu!
Veño de decidir que vou deixar de ver o Lonely Plannet: moito mellores as túas reportaxes!
O da faba tenme desconcertada: co indixestas que son (e, aínda por riba, eu sonche alérxica ó aceiro).
Cóidate, e manda máis fotiños túas, corasón;)

Anonymous said...

xa se sabe que hai que ter muito cuidado coas fabes. muita xente riuse e tomounas a lixeira para logo ser castigados pola sua ignorancia. as fabes distorsionan a realidade do estómago e influin no tránsito dos intestinos que é onde, o fin e o cabo, reside a alma según a maior parte dos teólogos da rama padovista. as fabes tamén poden facernos subir ate os ceos na procura de riquezas nebulosas, xigantes colesteroidos e sonos esquecidos. temede as fabes, rapaces, e respetádeas.