Sunday, April 29, 2007

Cousas de mudarse

Tras o da faba continuei facendo o turista un intre máis con Roberto e Luz. Chicago resulta ser unha cidade fotoxénica, pero ao mesmo tempo demasiado recargada. É dicir, non é complicado sacar unha boa foto pero hai tantas cousas fermosas que todas xuntas en tan pouco espazo no lugar de levar a unha beleza superior conducen a un resultado bastante peor có dos seus compoñentes.

Deixo algunhas fotos que demostran a miña primeira proposición, pero para confirmar a miña teoría por completo teredes que vir vós mesmos a comprobalo.



Ao final do día estiven unhas cantas horas en Borders buscando un libro de Weber e tomando algo con Bashkim (un médico de Kosovo que traballa no instituto e vive con Roberto). Cando iamos para casa preguntoume se tiña comida. Evidentemente non teño, así que o arranxei con isto:

E si, fun incapaz de comer todo o bocata.

3 comments:

Anonymous said...

¡HOYGAN VUSCO SELEVRO FUGAO QUE HANDE A ESTUDIAR PARASICOLOJIA EN CHICAGO, HIYINOIS. ENDESAPARECIO DE SU DOMICILIO CONLLUGAL ARÁ TRES DIAS. PELUDITO Y VONACHON. OFRESCO RECOMPÈNSA CONTANTE Y SONANTE. HA QUIEN LO ENCUENTRE DECIR DE QUE NO DARLE DE BEVER VIÑO DO PAIS MAS HAYA DE LAS DOCE SO PENA Y RIHESGO DE DESTROZOLARLO TODO. GRACIAS DE ANTEPIE. FDO: GRABIÉL

Ignacio said...

O meu primeiro hoygan, que ilusión!

Anonymous said...

Rápido que mudan os costumes e o bocata de pulpo e a bota de vinho con jaseosa descansan esquecidas nun armario sen fondo. welcome al meeting point dos perdidos, dos que ocultan o seu pasado de abortistas kosovares en clínicas ilegais que chegan as américas pra comesar de novo e a base de bocata calórico e leite enconservada poder comezar un novo rumbo sen esa molestia incómoda e innecesaria dos antecedentes penais patrios.

duas recomendancións:

- Nunca quedes soio en compaña de carniceiros, ou médicos estranxeiros.

- pra ser forte e poder medrar hai que comer ben.