
Ok, cheguei.
Onte ceei polbo á feira, polbo á brasa, mexilóns, peixe guisado e outros platos típicos de Chicago regados con Estrella Galicia... Debe ser esa clase de cousas que un pode facer nesta cidade, por certo, salvo o polbo a feira, o resto estaba espectacular.
Roberto resultou ser un gran tipo con unhas preferencias bastante nobles: divertirse e vivir ben. Ademais tamén semella ser un científico competente e con posibilidades de chegar lonxe. Pero estou aquí para falar de min mesmo, suficiente sobre Roberto.
Polo dagora a miña vida consiste en non caer co sono, construír frases coherentes e resultar amábel. Os meus xefes son dous venerables señores italianos, foron bastante amábeis comigo e déixanme a próxima semana para situarme. Polo pronto a miña única obriga é un seminario o luns na mañá.
Xa está, primeiro post feito, xa podedes criticalo.
Have fun!
Comments
Polo de pronto recoméndoche que pases polo do Mei.
Saude!
Desexoche todo o mellor, que seguramente o teras,porque todos sabemos que vas loitar por iso. Coidate moito, bicos
Queda o recuncho inaugurado e ata haberá que ir lendo os posts para facernos á idea do que acontece aló alén do mar.
Desde a terra unha aperta desas grandes.
tio, que es eso de comer pulpo, no me jodas y no hagas el paleto, ha donde fueres haz lo uqe vieres...a comer bigmac ya!!! (no por dios, es coña)
Así que con Roberto bien, mola; ya tienes guía pa ir de fiesta seguro. Vete colgando fotos (que también puedes mandar por mail)
cuidate mucho, un monton de besos)
p.d. sabes ya las fechas del parque de atracciones :)?
Un saudo, e sorte no seminario de mañá.