Showing posts with label tonterías. Show all posts
Showing posts with label tonterías. Show all posts

Wednesday, June 20, 2007

Algunha vez te preguntaches...


en que lugar do inferno rematarías?

Non? Vale, es bastante normal.

Pero se agora que o menciono queres sabelo dou un sinxelo test que, tras un ghuevo de preguntas en inglés, pasa a informar sobre onde vas pasar a eternidade.

Dou por suposto, como o autor do test, que todos ides rematar no inferno, pero ben, xa me contaredes.

Este foi o meu resultado no "inferno de Dante".

The Dante's Inferno Test has banished you to the Sixth Level of Hell - The City of Dis!
Here is how you matched up against all the levels:

LevelScore
Purgatory (Repenting Believers)Very Low
Level 1 - Limbo (Virtuous Non-Believers)Low
Level 2 (Lustful)Very High
Level 3 (Gluttonous)High
Level 4 (Prodigal and Avaricious)Moderate
Level 5 (Wrathful and Gloomy)Moderate
Level 6 - The City of Dis (Heretics)Very High
Level 7 (Violent)High
Level 8- the Malebolge (Fraudulent, Malicious, Panderers)Moderate
Level 9 - Cocytus (Treacherous)Low

Take the Dante's Inferno Hell Test

Monday, May 21, 2007

Isto é demasiado divertido

Normalmente os luns non pasa nada, iso tamén é certo neste país, como non me queda máis porno para poñervos vou compartir algunha neura.

Hoxe EL PAIS ten a ben ofrecernos un pouco de humor político da man das dirixentes das franquicias para a mocidade dos principais partidos galegos. As preguntas manteñen o nível das respostas e o formato é claramente unha estupidez. Evidentemente nin ao xornal español lle importa a opinión dos galegos nin os grandes partidos pretenden facer nada por nós.

Para quen teña gañas, aí tedes o link http://www.elpais.com/articulo/Galicia/votan/jovenes/elpepuespgal/20070522elpgal_7/Tes
(podedes perder algunha neurona durante a lectura!).

Por se alguén tiña dúbida non, non vou votar nesta eleccións. Ah, se non o fixestes xa, podedes revisar ente post do bo de Andrés http://www.blogoteca.com/turonio/index.php?cod=15715
aquí non hai risco de dano neuronal e é un bo xeito de tomarlle a medida á mocidade, polo menos á que usa a cabeza.

E nada máis, se non hai comentarios xa non me traumatizo, seguirei buscando algo de carnaza para vós... Hoxe confórmome con ver un programa da NBC onde "cazan" pederastas... Chámase Dateline é resulta dobremente repugnante.

Ah, como gadget tonto pero útil, quédome con este http://usb.brando.com.hk/prod_detail.php?prod_id=00286

Saturday, May 5, 2007

Semana e dous días


Ese é o tempo que levo nesta cidade. A experiencia está en xeral a ser bastante positiva, grazas ás persoas coas que me topei e a estar nunha cidade grande onde é complicado non atopar algo que facer.

Cada un ten o seu xeito de asumir que vive nun sitio, para min hai dous fitos importantes.

O primeiro é ter que lavar a roupa, cousa que fixen o venres pasado. Para os non lectores de Spiderman aclaro que é certo, a lavadora e a secadora son públicas, no meu caso, compartida co resto do edificio. E ademais por secar págase, un dólar en catro moedas de 1/4.

E o outro fito é recortar a barba, iso fíxeno hoxe. Así que xa podo asumir que vivo aquí, con todo sigo a espera de atopar casa.

O tempo pasou rápido, case sen enterarme... coa gran maioría das persoas queridas manteño relación e non quedades tan lonxe. Sei que pouco a pouco iranse espallando as comunicacións, o cal é normal, pero lembrade que algunha visita teredes que me facer.

Nada máis, verei que me depara a noite.

Tuesday, May 1, 2007

Chiscadeiras

Aínda que hoxe tiven a miña primeira confusión co meu xefe (produto da miña iniciativa persoal, non do idioma). A entrada de hoxe vouna adicar a encher algún oco.

Levo uns días nesta cidade e polo dagora o clima está a ser bastante benévolo, co cal a xente comeza a ir cómoda e a empregar sandalias e todo ese tipo de calzado característico desta época. Déixovos unha fotiño ao respecto.

Como sei dalguén cunha dúbida sobre o aspecto dos pasos de peóns na cidade (curiosa dúbida pensaredes os non implicados), aclaro que hainos de varios tipos. Por sorte, ademais dos que non permiten certas artes obsesivo-danzantes, están estes:


Como creo que cada vez os meus posts son máis raros vou ir cortando un pouco.

Téñovos a algúns un pouco perdidos, pero asumo que a vida segue e se cadra aínda non tivéchedes tempo de mandar un correo-e. Emprazados quedades cando os fados vos deixen.

Sorte con todo por aí.

Bicos, nenos e nenas

(E non, a mancha vermella no paso non é sangue!)

Monday, April 30, 2007

Tempo


A hora do reloxo do meu computador segue fixada na hora española. Son as 5:10 am alí. O tempo resulta un xeito raro de medir a distancia. Para nós esa dimensión camiña sempre no mesmo sentido, acelerada ou ralentizada, mais sempre cara diante.

Pero, de claquera xeito, iso significa que mentres eu escribo vós durmides. Aínda que quixera, non podería comunicarme convosco. Por iso me limito a lanzar posts.

Como podedes imaxinar o luns poucos eventos interesantes trouxo, e non me vou parar a enumerar a multitude de detalles típicamente americanos cos que me crucei.

Polo pronto teño uns cantos papers para ler, un lugar onde deixar as miñas cousas e unha morea de papeis burocráticos destinados a darme existencia neste país mediante a consecución do meu número da seguridade social (SSN).

Doces soños.

(foto de Gui, o gato)